Por Breixo Suárez Fariña
24 nov 2025 16:10

Quizais a época que estamos a vivir poida explicarse polo que se permite e, sobre todo, polo que se intenta agochar.

A cultura sempre inquedou os que precisan súbditos no canto de cidadáns. Non porque sexa perigosa en si, senón porque ilumina o que queren manter en penumbra: o pensamento crítico.

A ignorancia non é un accidente; é unha ferramenta política. A cultura, en cambio, é unha arma de lucidez. Non berra nin impón, pero esixe pensamento propio. Obriga a dubidar, a ler entre liñas, a ir máis alá do que presentan como incuestionábel.

A cultura libera.

 É unha chave que abre portas oxidadas. É un mapa que revela camiños que preferían ocultar. É, como sociedade, a arma máis letal contra aqueles interesados en que a ignorancia impere as nosas vidas.

Rexeitan festivais na nosa lingua, desbotan o teatro que nace do país, negan apoio aos medios que comunican en Galego... 

Ignoran a creación que nos define e, en troca, financian espectáculos en linguas alleas, fartos de letras baleiras, feitos únicamente para entreter e lonxe de ofrecer o máis mínimo valor cultural.

A lucidez é o seu peor pesadelo.

Por iso cultivan unha sociedade distraída, saturada de información, de ruído, incapaz de ver máis alá do telexornal -que eles mesmos guionizan-.

Procuran agochar a cultura detrás da distracción permanente: o balbordo que aturde, a novidade efémera e a opinión prefabricada que suplanta o criterio intelectual.

A estratexia é vella: se o coñecemento se presenta como unha excentricidade, entón quen pensa fóra do guión convértese en obxecto de ludibrio.

Por iso —para eles— a cultura é perigosa.

Pero para nós, tórnase imprescindíbel. É a nosa defensa, a nosa liberdade, a nosa luz.

Érguete. Cuestiona, dubida, pensa.

Porque sen cultura non hai futuro, pero con ela non hai quen nos pare.

Este es un espacio para la libre expresión de las personas socias de El Salto. El Salto no comparte necesariamente las opiniones vertidas en esta sección.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...