Opinión
Sobrevivir pagando no Álvaro Cunqueiro

Unha das vitorias ideolóxicas do PP de Feijóo en Galiza foi facernos crer que pagar por servizos esenciais nos hospitais durante o coidado dos nosos enfermos é o natural, que non hai outra maneira de abordalo, pero é mentira.
Nuñez Feijóo Hospital Álvaro Cunqueiro Vigo
Alberto Nuñez Feijóo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xunto ao exconselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Esta semana, meu pai recibiu o alta despois dun postoperatorio máis complexo do habitual tras unha operación por un tumor no intestino groso. Salvoulle a vida a sanidade pública galega. Non un ente abstracto dirixido en última instancia polos intereses ideolóxicos da axenda do Partido Popular. Non. Salvoulle a vida un persoal cualificado e sobrecargado a partes iguais. Máis concretamente, o do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Si, ese centro hospitalario que inaugurou Alberto Núñez Feijóo en 2015 fronte a unha histórica manifestación dunhas 200.000 persoas —en Vigo viven apenas 300.000—. Denunciabamos entón como aquela construción, que hoxe sabemos que tivo un sobrecusto de 470 millóns de euros, era o primeiro gran paso cara á privatización do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Pasei case dúas semanas neses asépticos corredores pensando e esperando, algo inevitable, pero tamén pagando. Explícome.

Unha das vitorias ideolóxicas do Partido Popular de Feijóo en Galiza foi facernos crer que pagar por servizos esenciais nos hospitais durante o coidado dos nosos enfermos é o natural, que non hai outra maneira de abordalo, que é o mercado, amigo, aínda que falemos de saúde. Esa premisa, imposta como un axioma co goteo do tempo e a falta de alternativa, é falsa. Pero non por falsa é menos efectiva.

A Xunta de Galiza e o Partido Popular, se é que son cousas diferentes, conseguiron que boa parte de nós asumamos como normal pagar 8 euros ao día polo “parking público” dun hospital, 5 euros ao día polo acceso á “televisión pública” ou 11 euros en cada comida niso que tamén chaman “cafetaría pública”. A premisa que, como cidadás, deberiamos asumir é radicalmente oposta. Hai algo transversal que nos ensinou o feminismo e é que os coidados, ademais de ser un traballo, son fundamentais para o sostemento da vida. E se non, quen carallo lle facía a cea a Adam Smith?

Sobrevivir a un cancro non é só que un espléndido cirurxián abra o teu corpo, faga unha innovadora operación para extirparche un tumor e volva a coser. Para sobrevivir precísase moito máis. É indispensable que as enfermeiras estean pendentes de ti e vaian dándoche fármacos cada poucas horas e que as auxiliares te duchen todos os días mentres ti non poidas facelo. Pero aí acábase a sanidade estritamente pública. Polo menos en Galiza. Todo o demais é, en maior ou menor medida, un negocio.

Neste punto ábrense dúas vías que se deben valorar por separado. Por unha banda, os servizos privatizados que son non clínicos. No caso do Álvaro Cunqueiro, son todos. A Xunta, como é natural, chámalles “externalizados” ou “subcontratados”. Son os seguintes: os servizos de restauración, os de lavandaría e lencería, os de limpeza, os de mantemento específico e xeral, os de desinfección, os de transporte ou os de seguridade, entre outros.

Por estes servizos pagamos, cos nosos impostos, a empresas que, a diferenza da Administración, teñen ánimo de lucro. Cos seus beneficios marxinais e coas súas condicións de traballo en moitos casos indignas. Un dato: a maior parte destes servizos eran públicos no Hospital Xeral, o predecesor do Álvaro Cunqueiro, pero privatizáronse co cambio. Ademais, a empresa concesionaria —dela falaremos outro día, pero está controlada polo fondo de investimento francés Meridian— lúcrase coa explotación dunha gardaría para o persoal, máquinas de vending, un quiosco e unha barbaría.

Calquera persoa cunha visión máis ou menos humanista creo que podería estar de acordo comigo en que facer negocio con estes servizos é, como mínimo, inmoral e que os seus custos se non son cero, deberían achegárselle. No que seguro que estariamos de acordo é en que ninguén debería beneficiarse deles. Menos aínda, cando non teñen competencia preto, xa que o hospital está localizado nunha zona semiindustrial e rural sen ningún negocio ao que se poida ir camiñando.

Con todo, como iso, ao meu xuízo, vólvese obvio só con mencionalo, paréceme máis interesante pór o foco na parte dos coidados da xente próxima aos enfermos e ás enfermas. Fágoche a pregunta que me facía eu durante estes doce días no cuarto do hospital: non é fundamental para recuperarse, da enfermidade que sexa, o apoio dos seres que máis queres? Non é a saúde mental e emocional indispensable para poñerse bo e sobrevivir? Iso se tes o privilexio de ter quen te acompañe e tamén de sobrevivir, aínda que nese caso, non deberían ter as persoas que están soas, maioritariamente maiores, outras persoas que as acompañen na soidade inmensa dunha habitación neutra, quen sabe se até o final da súa vida? Para min a resposta é obvia tamén.

Entón, por que a miña nai, a miña irmá e eu tivemos que pagar 192 euros en horas de parking durante o postoperatorio do meu pai a un fondo de investimento francés? Por que tivemos que pagar o almorzo, a comida e a cea ao prezo dunha cafetaría normal a unha empresa privada? Por que teñen os enfermos que pagarse a pasta de dentes ou o desodorizante e non o xampú? Por que os enfermos só poden acceder de maneira “gratuíta” a tres cabeceiras de prensa que son La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico e que ademais son afíns á Xunta? Por que?

Nun cálculo, grosso modo, e polo baixo —non farei aquí a desagregación, pero convídote a que o simules co teu hospital—, contando as outras nove visitas que recibiu meu pai nestes días e os gastos derivados de cada unha, a operación e o postoperatorio de meu pai xerou á miña familia e os seus círculos máis próximos un gasto directo de algo máis de 1.000 euros. Un diñeiro que foi parar, en última instancia, a unha multinacional.

Nós pasamos por alí algo menos de dúas semanas, pero hai quen leva meses en oncoloxía ou psiquiatría e quen probablemente non saia de alí nunca máis. A lóxica é perversa, claro, como o capitalismo e afoga a quen menos ten. Canto máis te quedes, por suposto, máis gasto xerarás.

Poderiamos coincidir entón en algo básico de novo: se ter apoio emocional é condición sine qua non para sobrevivir, non deberiamos permitir a mercantilización dos coidados básicos que sosteñen as nosas vidas. Canto antes admitamos que as dereitas política e mediática adiantáronos pola ultradereita e fixéronnos crer que é normal pagar por sobrevivir e axudar a sobrevivir, antes empezaremos a construír os nosos propios imaxinarios de esperanza para camiñar —polo menos camiñar— cara a unha sociedade radicalmente xusta. Ah, claro, e facerlles pagar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Dimite a directora de Patrimonio que asinou o informe onde se cualificaba de “icónica” a cheminea de Altri
Tras máis dunha década á fronte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua abandona o seu cargo, que asumira a comezos de febreiro de 2013.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.