O berro contra o masacre israelí en Gaza florece na primeira acampada das universidades galegas

Estudantes do campus de Elviña da Universidade da Coruña fixeron de avanzada do movemento estudantil que ultima os detalles para as asembleas que se sucederán nas tres universidades galegas a comezos da semana que vén.
Acampadas everywhere - 15
Un grupo de estudantes amenceu este venres no campus de Elviña, na Coruña, para mostrar a súa oposición ao xenocidio palestino.
10 may 2024 13:30

Un grupo de estudantes da Universidade da Coruña (UDC) fixo este venres a súa primeira noite como avanzada do que, moi probablemente, será unha longa lista de acampadas en todos os campus das tres universidades galegas en solidariedade co pobo palestino que, con máis intensidade desde o pasado sete de outubro, sofre unha limpeza étnica sen precedentes na Franxa de Gaza. Este primeiro grupo, aínda humilde, asentouse fronte á fachada da facultade de Ciencias da Educación tras as primeiras asembleas que tiveron lugar a comezos de semana. Desde os seus perfís sociais oficiais, foi o propio reitorado da UDC quen fixo público o comezo da acampada.

Estes e estas mozas foron as primeiras en tomar a decisión de facer súas as estratexias de presión ás universidades e aos propios poderes das administracións galega e española que outros estudantados arrincaron en Estados Unidos e nun bo número de países de Europa e o resto do mundo. Foron as primeiras, pero non as últimas.

Aínda que aínda se están ultimando todos os detalles, a comezos da próxima semana sucederanse asembleas de organización para arrincar as acampadas nas tres universidades galegas, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, ademais de tentar chegar a todos os campus, como os de Ourense, Lugo e Ferrol.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...