Patrimonio
Galiza entre as ruínas

Lugares para o relato e a memoria do espazo galego.

Ruína 1
Casa en ruínas na parroquia de Sabaxáns, Mondariz (Pontevedra). Rodrigo Herrera Alfaia
17 sep 2019 12:00

Podería existir entre as verbas “ruína” e “presenza”, unha ligazón vital. A ruína non pode existir sen unha presenza previa que a posibilite. Tamén é claro que a “presenza” non é mais que unha manifestación concreta do presente. E non só iso: a presenza dinamiza o presente porque lle outorga mobilidade, corpo e vontade. O presente sen presenza é só tempo que se contempla. Polo tanto, a ruína é aquilo que quedou dun presente habitado por algo o por alguén. É moito do que queda na nosa Galiza.

Gerard Wajcman, destacado psicoanalista, dedicou un espazo no seu libro “O obxecto do século” para discutir o potencial da ruína como o obxecto máis representativo do século XX: “A ruína non existe sen presenza. No seu sentido máis amplo, un presente que conten o obxecto e a existencia de algo que se conserva no tempo”.

Así, Wajcman xa expuña os fundamentos propios da ruína como obxecto da memoria: “[a ruína] é o obxecto consumido pola súa memoria”. Neste caso, a consumación do obxecto é simbólica e material. É dicir, a ruína é un obxecto cuxa existencia depende moito máis da súa historia que do seu valor material. Sobre a ruína pousa un halo que resgarda as voces, as experiencias e o tempo do seu paso polo mundo. Desprazando así a súa existencia física. Con todo, o halo está contido sobre a greta ou o desgaste propio da ruína: é aí onde se fai manifesto.

“A ruína é un obxecto cuxa existencia depende moito máis da súa historia que do seu valor material

A ruína é obxecto que case deixa de selo para converterse en “historia común”. Todos temos vivido a experiencia de estar fronte a unha ruína. E non precisa ser un mausoleo ou un monumento (espazos deseñados para o desgaste da memoria) senón que só require que nos achemos ante un artefacto que comeza a abandonar a súa forza polo peso da historia. Tal é o caso dos nosos espazos cotiás nas vilas e aldeas galegas onde os lugares comezan a devir en ruínas.

Aínda nos centros urbanos mais poboados da Galiza encóntranse espazos abandonados, carentes de vida. Na súa maioría, son o resultado do éxodo galego: edificacións que nunca foron reclamadas polos seus herdeiros e quedaron baleiras. Para os ollos novos que visitan o noso territorio son unha novidade: no centro das vilas eríxense casas sen tellados, sen xanelas, que amosan o interior xa desgastado, pero que aínda conservan a súa orde orixinal, coma se fora un retrato vello. Aínda que non parece así, estes edificios non só se localizan na periferia das cidades, moitos deles asaltan na paisaxe habitual. Encóntranse entre edificacións modernas con gran circulación de persoas. Estes espazos pasan a ser unha sombra queda que parece non ser vista por ninguén. Xa forman parte da urbe galega: entullo, pedras, malas herbas. E o mesmo sucede nas parroquias da Galiza rural. En poucos espazos coñecidos tense asimilado e normalizado con tanta forza a aparición dos espazos abandonados. Dalgún xeito, son as ruínas do baleirado galego.

“En poucos espazos coñecidos tense asimilado e normalizado con tanta forza a aparición dos espazos abandonados

A diferenza dos monumentos ou dos edificios recuperados para fins de exhibición, estas aparecen sen previo aviso. Noutros contextos, son tomadas como artefactos da memoria oficial. Os monumentos de guerra son, sen dubida, radiografías dun pasado devastado. Nesa lóxica, procurase o seu estado “ruinoso”. Aí a ruína é case artificial: procurase a conservación da destrución e montase sobre ela un aparello de conservación e visibilización que describe o edificio e os aspectos históricos máis destacados. Case se extrae a memoria para o outro que se convirte nun vístante. Pero as nosas ruínas son outra cousa. Constrúen a súa memoria porque non existe outra posibilidade: é o seu estar no mundo. A carencia de protección devén no seu desgaste que ameaza coa súa progresiva desaparición.

Entón, se distinguimos as diferenzas que ten a ruína có monumento, queda preguntarse como se constrúe a memoria nas nosas ruínas. Noutras palabras: como opera a memoria neses espazos en estado de abandono que forman parte da vida cotiá da Galiza. Nun primeiro momento, parece que nos lembran o rexeitamento dun modo de vida ou o triunfo das grandes urbes sobre as pequenas vilas. Isto ten sentido se consideramos que estas ruínas foron espazos habitables e non só os restos dun artigo calquera. Con todo, esta particularidade ofrece outro punto de vista: estes espazos que foron habitados aínda gardan algo das presenzas que viviron aí. E esas presenzas toman forza a través da palabra.

A veciñanza galega, aínda que recoñece que o retorno da comunidade emigrada non é posible, constrúe a memoria da súas ruínas cunha antiga ferramenta de preservación e loita: o relato. Eses espazos colapsados son aínda habitados polas palabras que garda a comunidade e convértense en escenarios habitables. Non son relatos da épica histórica, tal é como se constrúen nos monumentos, senón as experiencias propias dun pequeno colectivo que axudaron a organizar a súa propia identidade.

“A veciñanza constrúe a memoria das súas ruínas cunha antiga ferramenta de preservación e loita: o relato

“Por esa leira baixaba Maruxa coa súa irmá pola mañás...” recorda un grupo de veciños mentres se reúne na rúa. Non existe neste acontecemento outra cousa que o encontro entre os restos materiais e as persoas. Tampouco hai unha regulamentación especifica das formas de operación da memoria, tal e como sucede nos museos o nos xacementos arqueolóxicos. Dun xeito tal que o relato actívase e muda un pouco de cada vez. Parece que cada encontro supón unha pequena variación do relato e invita á participación de diferentes persoas como un pequeno crebacabezas que se une pouco a pouco. Resulta duna pertinencia excepcional porque, mentres que a ruína perde a súa forma có paso do tempo, o relato tamén parece variar progresivamente.

Ruína 2
Cortello abandonado en Sabaxáns, Mondariz (Pontevedra). Rodrigo Herrera Alfaia

A ruína galega, marca do noso baleirado, parece cargarse de dinamismo cando a palabra se manifesta. Os pantasmas reactivan ese espazo aparentemente morto. Xa De Certeau recoñecía que o relato é fundamentalmente espazo e que os espazos poden rehabitarse coa palabra falada e escrita, como se a imaxinación puidese dotar de presenza o entullo. Cousa que non sucede coa memoria institucional que reafirma o anonimato dos involucrados e só exhibe a historia oficial e as personaxes merecedoras de personificación. Nestas ruínas, aínda que carentes de coidado e restauración, non existe unha historia, un gran proceso de abstracción que recubra o pasado.

Nestes relatos parece que a ruína é posuída aínda polo seu antigo dono. O abandono non forma parte do relato senón todo o contrario. Os personaxes aínda forman parte do pobo e as veces parece que as decisións colectivas tómanos en conta: cando se ten que decidir que facer con tal ou cal leira o coa herba que medra fora dunha casa baleirada, parece que se recorre ao relato para pensar con mais claridade.

No fondo, quédanos pensar que facer coas nosas ruínas, estes pequenos templos da memoria. Que imos facer cos espazos que quedaron baleirados e que ao mesmo tempo habitan a vida da Galiza como se formaran parte do seu estar no mundo. Isto pouco ten que ver coa lóxica administrativa do espazo, está relacionado con pensar como vamos a dar dignidade ao noso pasado.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.