Pobreza
Máis de ano e medio de acampada en busca dun teito

Representantes de diversos colectivos continúan esixindo ao Concello melloras na administración dos albergues. A cidade de Vigo está por debaixo da media estatal respecto ao investimento social.

Acampada Concello de Vigo
Acampada diante do Concello de Vigo O Salto Galiza

Diversos colectivos sociais xunto a moitas das persoas sen teito da cidade de Vigo acampan na Praza do Rei, diante do Concello, desde o 17 de febreiro de 2017. Fano en sinal de protesta pola administración dos albergues da cidade. No pasado mes de agosto cumpriuse ano e medio de acampada desde que empezou a protesta.

“Quen dorme na rúa é porque non quere durmir no albergue” afirmou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, en 2015 en resposta a Serafín Otero do BNG. O nacionalista acusara ao alcalde de “falta de sensibilidade” ante a situación dos sen teito na cidade olívica. Juan Miguel Carollo, un dos principais organizadores e membro da acampada asegura que un dos obxectivos é “desmentir as declaracións do alcalde: a xente non dorme na rúa porque queira”. Buscan tamén “mellorar os servizos sociais da cidade”.

O Concello de Vigo só gasta 42,43 euros por persoa ao ano en investimento social, por debaixo dos 60 euros da media estatal

O certo é que segundo a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, o Concello de Vigo só gasta 42,43 euros por persoa ao ano en investimento social. Está por debaixo dos 60 euros da media estatal e dos máis de 100 euros anuais que gastan concellos punteiros en prestacións sociais dentro do Estado español, como os de Zaragoza ou As Palmas.

O propio Abel Caballero chegou a afirmar nunha entrevista para un xornal que “a oficina antidesafiuzamentos é a miña mesa. Chamo eu ao banco e pároos”. Mais, segundo os datos da Oficina de Notificacións e Embargos, Vigo soporta máis dun desafiuzamento ao día desde o ano 2010. No ano pasado, rexistráronse un total de 528 desaloxos na cidade.

A REALIDADE DOS SEN TEITO NA CIDADE

En Vigo funcionan dous albergues para darlles refuxio ás máis de 200 persoas na rúa. Un é o dos Hermanos Misioneros Pobres de Teis, cunha concesión de 114.000 euros por parte do propio Concello, e o outro é o Albergue Municipal da cidade, xestionado pola Cruz Vermella e cunha subvención de 830.000 euros. 

En ambos os casos, a estadía é limitada. No de Teis, un pode ficar un máximo de 10 días, mais debe pasar un mes para poder volver. No Municipal –na rúa Marqués de Valterra– un pode estar tamén ata 10 días, pero tras ese período de tempo, debe abandonalo ata que pasen outros 10 días. Polo tanto, o que sexa capaz de combinar as estadías de ambos albergues, durmirá na rúa coma mínimo durante 10 días.

O que fan desde a acampada do Concello é ir ás portas dos albergues á última hora –entre as 21.30 e as 22.00 horas– e recoller a quen queda fóra. Os organizadores tamén proporcionan comida de forma solidaria a quen vaia.
Dentro das “irregularidades” da administración dos albergues critican a función “equipo de rúa”, encargado de mediar entre os sen teito e o resto de cidadáns. Aseguran os compoñentes da acampada que “apenas actúan: se o fixesen ben non habería os problemas que hai na rúa Torrecedeira”.

Estímase que –coma pouco– hai entre 200 e 300 persoas na rúa en Vigo a día de hoxe

No caso dos sen teito, e por mor das diversas causas polas que un queda na rúa, a integración social considérase algo primordial. Ningún dos albergues ten equipos de psicólogos ou orientadores sociais. Asegura Juan Carollo que “a xente quere reintegrarse na sociedade, mais tampouco se lles facilita facelo. A axuda psicolóxica é importantísima”. Aínda que non conseguiron os seus obxectivos, os compoñentes da acampada continúan a súa loita. Juan confesa que buscan tamén falar co propio Abel Caballero para “describirlle a realidade do que están pasando moitos dos seus cidadáns e que isto cambie”.

Estímase que –coma pouco– hai entre 200 e 300 persoas na rúa en Vigo a día de hoxe. Pese a que haxa xente de todas as idades sen teito, o Concello parece seguir a preocuparse máis da estética da cidade que da xente que a habita. Así, se no ano 2017 investiu 636.000 euros en iluminación de Nadal, este 2018 supérase contando cun orzamento de máis de 2,3 millóns de euros para os próximos 3 anos. Isto supón un mínimo dun aumento de 130.000 euros ao ano na decoración de Nadal. O orzamento da iluminación case acada o orzamento anual do albergue da Cruz Vermella, mais segundo o alcalde “Vigo terá as mellores luces de Nadal do mundo”, como afirmou nunha pasada rolda de prensa.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Emergencia habitacional El servicio de urgencias sociales de Bilbao SMUS no responde
VV.AA.
El Ayuntamiento de Bilbao no atiende a una población migrante condenada a vivir en la calle al negársele el derecho al trabajo legal y la vivienda digna.
Derecho a la ciudad
Opinión Celebrando (que nos perdonen) la vida
Las “Tres Mil Viviendas”, ese wild west patrio, son otra vez protagonistas. Tras un tiroteo entre malhechores el sheriff quiere demoler sus guaridas.
Iritzia
Migranteak Pobreek molestatu egiten digute
Zer egin orain kalean lotan daudenekin? Nola aurre egin klase begirada politiko eraldatzaile batetik?
#22908
13/9/2018 13:43

a oficina antiDesafiuzamentos son os MMS e a PAHVigoTui_Bm que tanto interese desperta na vosa publicación a pesares da labor senparagon de esta organización Grazas

1
2
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.