Política
Así evita os concursos da Xunta a empresa da irmá de Feijóo: cinco millóns en 1.311 facturas

O Goberno galego encarga a Eulen, a empresa que Micaela Núñez dirixe no norte do Estado, centos de servizos fraccionados, sorteando a competencia do sector e deixando nunha decisión política a contratación pública.
Micaela Nuñez Feijoo
Micaela Núñez Feijóo (irmá) e Eva Cárdenas (parella) xunto a Feijóo e a súa nai. Foto: Xunta

Son 1.311 as facturas que a empresa da irmá de Alberto Núñez Feijóo pasou a organismos dependentes da Xunta de Galiza entre 2018 e 2023. Suman un total de 4.832.029,85 euros e ningunha delas tivo que ser sometida a concurso público. Trátase de preto de cinco millóns de euros directos ás contas de Eulen, dirixida por Micaela Núñez Feijóo no norte do Estado español, sen ter que ser sometidos á competencia do sector e moito menos fiscalizados que as grandes licitacións de servizos contratados pola Administración galega.

Investigación
Investigación O Goberno galego repartiu 4.000 millóns de euros en contratos a dedo en só seis anos
Desde 2018, a Xunta asinou 1.034.964 contratos sen sacalos a concurso: algo máis do 30% do diñeiro do que dispón para o exercicio de 2024. Ademais, 35.362 deses contratos teñen un importe entre 14.000 e 14.999 euros, o límite legal.

Estes máis de mil cobros son parte da investigación de datos públicos que O Salto está a realizar sobre os últimos cinco anos de contratacións menores na Xunta de Galiza, aquelas que, por ser inferiores a 15.000 euros, a Lei de Contratos do Sector Público permite licitar nominalmente sen necesidade de pasar os filtros dunha mesa de contratación nin tampouco un contrapeso con outras ofertas que busquen a maior eficiencia na utilización de recursos públicos. De feito, moitos destes contratos contan co mesmo concepto, o mesmo importe e son facturados á mesma consellería.

O modus operandi, a nivel estrutural, é o seguinte. O Goberno galego, a través de todos os organismos que dependen das súas decisións políticas, como consellerías, axencias públicas, consorcios, organismos autónomos, fundacións do sector público, sociedades mercantís públicas e outros entes como institutos sectoriais ou centros de innovación, elixe contratar de maneira unilateral co grupo empresarial de Eulen (Eulen Centro Especial de Emprego, Eulen Seguridade e Eulen Servizos Sociosanitarios). Grazas á súa diversificación, esta empresa conta con servizos de todo tipo que pode vender a toda a infraestrutura da Xunta, aínda que o máis coñecido popularmente é o seu servizo de seguridade.

Precisamente nesa rama de negocio é onde máis previsible parecen os tipos de servizos contratados e, polo tanto, onde as consellerías poderían xuntar as súas licitacións, pero non o fan. De feito, nos datos públicos da Consellería de Sanidade, até 14 contratos levan por concepto o mesmo nome, “seguridade”; o mesmo importe, 10.834,55 euros; e son, ademais, facturados mes a mes ao mesmo organismo. Con ese mesmo concepto conciso aparecen 128 facturas máis. Desta maneira, a empresa dirixida por Micaela Núñez evita proporcionar un único paquete de servizos que debería ser sacado a concurso público pola Xunta, xa que, parece bastante previsible, un mesmo centro debería necesitar os mesmos servizos de seguridade ao longo do tempo ou, polo menos, non unha actualización mensual das súas condicións.

A lista de contratos da Xunta coa empresa da irmá de Feijóo

Licitaciones menores entre ... by El Salto periódico

A pesar de que a Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno obriga a todas as administracións do Estado español a publicar todos e cada un dos contratos que subscriben, con indicación do obxecto, duración, o importe da licitación e de adxudicación, o Portal de Transparencia da Xunta de Galiza é ambiguo en case tódolos contratos que non superan os 15.000 euros. Desde logo, non porque sexan poucos. No últimos cinco anos, o Goberno de Feijóo e despois o de Alfonso Rueda asinaron por esta vía nada menos que 1.034.964 pequenos contratos por valor de 4.000 millóns de euros.

Ademais de dificultar o acceso aos contratos públicos e facer que os procesos de procura sexan extremadamente complicados, os contratos que a Xunta fai públicos decote resultan incomprensibles. A infraestrutura do Portal de Transparencia apenas permite investigacións avanzadas e nin sequera facer buscas polos nomes das empresas adxudicatarias. En moitas ocasións, os contratos preséntanse con títulos tan vagos como “Edificios e outras construcións”, o cal ocorre en 85 casos. Ademais, en 170 ocasións, a administración simplemente menciona o nome da escola onde Eulen presta algún servizo sen especificar en que consiste. A situación non termina aí. Eulen facturou á Consellería de Sanidade e ao Sergas en 39 ocasións por “material non sanitario” sen proporcionar máis detalles.

Eloína Núñez, outro vector de ingresos públicos para a familia de Feijóo

Ademais do relatado, nas pasadas semanas, o diario Público foi debullando a influencia doutra das familiares do presidente do Partido Popular na contratación pública en Galiza. O seu nome é Eloína Núñez Masid, curmá de Alberto Núñez Feijóo e antiga xerente dos hospitais públicos de Santiago de Compostela e a comarca coruñesa do Barbanza. Desde a súa posición, xestionou dous contratos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que asignaron un total de 3.931.924,43 euros a Eulen.

O primeiro destes contratos, valorado en 3.899.058,43 euros, adxudicou a Eulen os servizos de seguridade en hospitais e centros de atención primaria da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, no sur da Coruña. O segundo, por un monto de 32.866 euros, encargou a instalación dun sistema de videovixilancia nas unidades de hospitalización do servizo de psiquiatría deses mesmos centros. Eloína Núñez, exconcelleira do PP en Ourense e médica de profesión con praza de técnica superior de saúde no Servizo Galego de Saúde (Sergas), ascendeu á xerencia dos hospitais de Ourense poucas semanas despois de que o seu primo asumise a presidencia da Xunta en maio de 2009.

Nunha segunda parte da investigación de Público, tamén se afonda nos ingresos totais a base de grandes licitacións que conseguira Eulen, pero esta vez durante o goberno de Alfonso Rueda. Segundo a mesma información, en apenas dous anos, a Administración galega adxudicou máis de 17,3 millóns de euros á empresa de Micaela Núñez Feijóo. Esa cantidade, canalizada a través de 175 contratos subscritos entre maio de 2022 e xuño de 2024, súmase aos máis de 37 millóns que a compañía recibiu durante os mandatos do agora líder do Partido Popular.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.