Política
Un espazo para pensar a Galiza que está a chegar

A II Xornada de Estudo Clara Corbelhe vaise celebrar o sábado 7 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
corbelhe 2
I Jornada de Estudo de Clara Corbelhe celebrada o 10 de setembro de 2022. | Andrés Currás
4 oct 2023 11:45

O espazo de produción crítica Clara Corbelhe organiza o vindeiro sábado 7 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra unha xornada de diálogo, reflexión e estudo baixo o título O político e os seus limites: olladas desde a Galiza contemporánea.

Dende a organización sinalan que no contexto de polarización política como o actual urxe pensar de xeito multidisciplinar o que é o político na Galiza de 2023. É por iso que organizaron estas xornadas para abordar diversas cuestións en diferentes mesas onde participarán, entre outras persoas Borxa Colmenero, Daniela Ferrández, Ana Durán Penabad, Brais Estévez Vilariño, Helena Martínez, Ana Cabana, Albert Botran e Antom Santos.

A xornada pretende reflectir e artellar respostas colectivas a varias preguntas. En que aspectos do político se tería que concentrar unha política soberanista galega chamada a confrontar de maneira efectiva ao capitalismo? Ou ben, cales son as cuestións políticas que artellan, si é que as hai, as diversas loitas galegas. Tanto polo territorio, coma pola seguridade laboral e contra a precariedade, ou pola supervivencia da lingua? Outra cuestión relacionada con isto é se podemos pensar nunha política antagonista para a defensa da nosa soberanía social, cultural e nacional fronte a un españolismo cada vez máis radicalizado? Con este obxectivo fan un chamamento para participar das xornadas a persoal investigador, activistas de movementos sociais e políticos de base, académicos e estudantes de todas as áreas do coñecemento para pensar a Galiza que está a chegar.

O espazo Clara Corbelhe

Definense coma una espazo para o pensamento crítico galego que naceu coma unha revista dixital orientada a publicar artigos de divulgación sobre diversas temáticas: socioloxía, historía, dereito, antropoloxía, etc. Organizánse en grupos de traballo e son unhas 20 persoas ás que están detrás da iniciativa, que naceu no 2021 e non para de medrar.

En palabras dun dos seus organizadores, o avogado e profesor Borxa Colmenero, o Espazo Clara Corbelhe naceu para reimaxinar a Galiza que está a chegar: “Na procura dun espazo disonante, heteroxéneo e irreconciliable. Unha axencia de reapropiación de saberes, prácticas e formas de relación e existencia popular, en busca dun instrumento de interpelación, escoita e aprendizaxe. Co obxectivo de ampliar o posible e pensable na crítica”. Na actualidade, logo de dous anos de traballo, continúan publicando a revista dixital, van publicar o terceiro monográfico en papel -onde abordan unha cuestión en profundidade e dende diversas disciplinas- e, no pasado día da patria, publicaron o segundo anuario onde recollen os artigos publicados na revista dixital ao longo do ano.  Agora, están rematando de argallar, xunto coa Editorial Laiovento, unha colección de pensamento crítico galego e xa todas as súas publicacións están dentro da ANECA.

Quen era Clara Corbelhe?

Nas súas investigacións sobre a sociedade labrega da Terra Chá entre os séculos XVIII e XX, o historiador José María Cardesín describiu reiteradamente un grupo social singular: as “caseteiras”. As caseteiras eran mulleres que, por ter fillos fóra do matrimonio, nunca lograron integrarse á institución da familia patriarcal, formando grupos residenciais e (re)produtivos independentes. Poboación flotante, pobre en solemnidade, as caseteiras souberon aproveitar a súa condición de nais solteiras para vivir de forma independente. Con todo, os seus corpos e o seu traballo eran parte do intercambio comunitario.

Clara Corbelhe tiña trinta e cinco anos cando se enfrontou ao home que a deixou embarazada, pedindo ao tribunal que recoñecera á nena que tivera con este. E así comezou a súa vida como caseteira. Sen terra propia, estas mulleres aproveitaban os montes comunais para o pastoreo, para colleitar a palla de trigo que quedaba detrás das casas familiares despois da colleita. Ao dar a luz a fillos non recoñecidos por ningún home, fundaron parellas bastardas, espazos de autonomía, pois había moito traballo para elas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Discriminación Dos años a la espera de reparación tras sufrir lesbofobia en un registro en Galicia
Un funcionario de un registro de Pontevedra se negó a inscribir al hijo de Antía y su pareja. Un error de redacción en la ley trans está detrás de los argumentos que el funcionario esgrime para defender su actuación.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Galicia
Laboral El Supremo confirma el fraude masivo de contratación en el sector cárnico gallego
La sentencia reafirma que Servicarne funcionaba como una falsa cooperativa y que sus socios tenían una relación laboral con Novafrigsa, del Grupo Coren
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.