Política
Crecemento do BNG en votos e concelleiras en detrimento das Mareas

O BNG é o partido que máis concelleiras suma nestas eleccións municipais, con avances nas grandes cidades; así e todo, recúa en destacados concellos onde acadou a alcaldía en 2019
Ponton mitin
Ana Pontón, líder do BNG, apoiando a candidatura de Cristina Fernández en Ponteareas (Pontevedra).
29 may 2023 06:00

As eleccións deste 28 de maio de 2023 serán recordadas en Galiza polo ascenso do PPdeG e do BNG en número de votos e concelleiras –133 e 135 máis, respectivamente–, e polo descenso do PSdeG-PSOE –171 menos– respecto dos resultados de 2019. As Mareas, que foran as protagonistas nas municipais de 2015 e resistiran en 2019, desaparecen das corporacións municipais da Coruña e Vigo e manteñen unha presenza testemuñal en Ferrol e Compostela. 

Entre as candidaturas independentes que se presentaron con relativo éxito a esta cita electoral destacan Alternativa dos Veciños, que pasou de 28 a 32 concelleiras tras expandir a marca política máis aló de Oleiros, e as coalicións Contamos e Concellos do Interior con Futuro, que acadaron 16 concelleiras cada unha en concellos de Lugo e Ourense e poden chegar a influír nas deputacións provinciais.

A cara B do avance nacionalista

Ana Pontón, desde o BNG, destacou na noite electoral que os resultados do 28M “confirman o cambio de ciclo político que se abriu coas pasadas eleccións galegas” de 2020. Con todo, para a formación nacionalista debeu ser unha xornada agridoce porque os resultados deste domingo revelan tímidos avances e significativos retrocesos en alcaldías de concellos baixo o limiar dos 40.000 habitantes.

O BNG consolida maiorías con máis concelleiras soamente en sete das súas 28 alcaldías: Carballo, Moaña, Fene, San Sadurniño, Santiso, Toques e Verea. Mantén resultados nalgunhas, pero retrocede significativamente en Rianxo (de 6 a 2), Tomiño (de 11 a 9) e Ponteareas (de 9 a 6), onde ao mesmo tempo recupera votos e suma concelleiras o PPdG. Esta tendencia repítese en concellos con alcaldías nacionalistas como Ribadeo, Poio e As Neves, onde os populares acadan a maioría absoluta contra todo pronóstico. O BNG tamén abandona a alcaldía en Mondariz, aínda que polo avance de partidos municipalistas saídos da escisión nacionalista de 2012; perde a histórica maioría absoluta de hai catro anos no Rosal e retrocede levemente en Allariz, sen risco en ambos casos pero con valor simbólico polo que representaban esas vitorias.

Para a formación nacionalista, a cidade de Pontevedra e a comarca lindeira do Morrazo continúan sendo centros de poder importantes. O BNG mantén as alcaldías da capital provincial, Moaña e Bueu; sube considerablemente en Cangas (de 3 a 6), onde a súa candidata está lexitimada para liderar unha coalición de goberno con ela como alcaldesa; e suma tres concelleiras en Marín (de 1 a 4) a pesar de que o PPdG conserva a maioría absoluta no concello.

As Mareas, un movemento político que se dilúe

As máis prexudicadas do avance do BNG nas grandes cidades de Galiza foron, sen dúbida, As Mareas. Marea Atlántica, que el 2015 gañou dez concelleiras e en 2019 baixou a seis na Coruña, quedou sen representación na corporación municipal, onde suman maioría PSdG-PSOE e BNG. Marea de Vigo, que se presentaba en coalición electoral con Podemos, tamén perdeu as dúas concelleiras que tivo durante o último mandato para beneficio do BNG, que pasou de unha a tres representantes. En Compostela e Ferrol mantívose esta tendencia: Compostela Aberta e Ferrol en Común, que ao igual que Marea Atlántica na Coruña chegaran á alcaldía hai oito anos, baixaron a dúas concelleiras, unha representación testemuñal que nin sequera influirá na formación de goberno de coalición na capital galega.

No marco deste movemento político que foron As Mareas tamén atopamos candidaturas municipalistas en concellos máis pequenos que entran en corporacións municipais ou se manteñen, amparadas noutras estruturas de liderado. É o caso de Vilalba Aberta, con tres novas concelleiras en Vilalba, o de Movemento Salceda, que conserva as súas catro representantes en Salceda de Caselas.

A dereita gaña apoio na Galiza rural de interior

O PPdG foi o partido máis votado en 200 dos 313 concellos galegos, revelando unha tendencia conservadora no voto alén das grandes cidades.

Na provincia de Pontevedra, os populares pasaron de 365 a 414 concelleiras, quitándolle a Deputación ao PSdG-PSOE e ao BNG, que suman 391. Tamén avanzaron considerablemente na provincia de Ourense, con 19 concelleiras máis que en 2019 que, con todo, non aseguran a maioría absoluta na Deputación. Foi precisamente nun concello desta provincia, o de Avión, onde Vox acadou a súa primeira representación nunha corporación municipal de Galiza, un territorio que se lle estaba resistindo a esta formación política de ultradereita.

Na provincia de Lugo observamos un mesmo padrón, co PPdeG gañando 21 concelleiras respecto de 2019. PSdG-PSOE e BNG suman neste territorio 315 concelleiros, polo que dependerán do apoio de pequenos partidos como Contamos, Concellos de Interior con Futuro e Vilalba Aberta para continuar nesta Deputación. O avance dos populares na provincia da Coruña non foi menor, pois pasaron de 475 a 519 concelleiras, mais a suma de PSdeG-PSOE e BNG permítenlles seguir controlando a Deputación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.