O PP ficha para as eleccións a unha empresaria que se adxudicou contratos da Xunta e outros gobernos afíns

O número dous de Alfonso Rueda na provincia de Pontevedra Patricia García amasa unha fortuna que debe parte á longa lista de licitacións públicas ás que accedeu o seu conglomerado empresarial.
Cabezas de lista del PP en Galicia
Cabezas de lista del PP en Galicia junto al presidente de la Xunta, Alfonso Rueda. Patricia García, a la derecha.
30 ene 2024 06:00

Foi a primeira muller da historia en presidir o Círculo de Empresarios de Galiza en 2018. Naquela presentación arroupárona Josefina Fernández, fundadora das residencias xeriátricas DomusVi, cuxo posto abandonou asfixiada polas críticas á súa xestión de usuarios, familiares e partido políticos na pandemia, tras a morte dunhas 2.000 persoas nos seus centros; e Manuel Rodríguez, creador do Grupo Rodman, o xigante dos estaleiros que deu un envorco ao seu negocio grazas a contratos millonarios para construír lanchas patrulleiras para a Garda Civil.

Uns e outros enriqueceron as súas contas grazas a decenas de licitacións públicas, do mesmo xeito que o fixo a agora número dous por Pontevedra do Partido Popular para as eleccións galegas, Patricia García. Non podería ser o número uno porque diante vai o candidato e actual presidente, Alfonso Rueda. Así, confirmarase o salto de presidenta da patronal galega (deixou o posto en 2021 para unirse ao PP) a deputada no Parlamento de Galiza.

A información é pública, pero non especialmente accesible. E aínda que a empresaria Patricia García é popularmente coñecida polo cargo que ocupou como como xefa da patronal galega e como a fundadora da empresa de formación Femxa, segundo o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, a día de hoxe ostentaría cargos directivos en máis dunha vintena de grandes empresas con obxectos sociais moi diversos. Desde xestións de patrimonios inmobiliarios e promotoras para a construción e compra-venda de bens inmobles, até antigos cargos nalgúns dos grandes bancos do Estado español. Sen contar os que estritamente pertencen ao holding empresarial que controla: Green Smart Ventures. Algunhas das empresas deste armazón societario son Learning and Support Services, Followup & Control, Ideas Propias, Nred, Activa Formación, adquiro Servizos ou o propio Grupo Femxa.

É precisamente con estas sociedades coas que García accedeu a decenas de licitacións públicas repartidas polo Goberno do que con toda seguridade formará parte. Só desde o ano 2020 fíxose con tres contratos por valor de 354.580 euros a través de Femxa; outro catro contratos por valor de 483.115,5 con outra sociedade denominada Nred; outro contrato máis por valor de 44.460 euros coa empresa Activa Formación; e outro máis cunha contía total de 188.316 euros. Iso sen contar as decenas de licitacións a cargo de administracións gobernadas polo Partido Popular do que forma parte tanto na Comunidade de Madrid, a Junta de Castela e León, a Región de Murcia ou a Junta de Estremadura, que suman cifras millonarias nos últimos anos. Sen ir máis lonxe, a sociedade máis coñecida, Femxa, levou só en 2020 6,2 millóns de euros de adxudicacións públicas. Algunhas delas, de administracións tamén gobernadas polo Partido Socialista.

Elecciones
O CIS constata a caída en picado do PP en Galiza e déixao a piques de perder a maioría absoluta
O BNG de Ana Pontón segue en ascenso e perfílase como a opción favorita na esquerda para un potencial cambio que, a priori, sería a través dun goberno levantado polo PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro e Sumar Galicia liderado por Marta Lois.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...