Política
O PSOE tomba a ordenanza de Santiago de Compostela para ilegalizar 600 pisos turísticos

A agrupación municipal do PSdeG decidiu absterse e polo tanto botar abaixo a normativa que pretendía acabar coas VUT que non teñen habilitación municipal e que se vota o vindeiro luns.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela decidiu absterse na votación sobre a normativa que pretendía ilegalizar as arredor de 600 vivendas de uso turístico (VUT) que non contan con habilitación municipal do Goberno local, unha coalición entre o Bloque Nacionalista Galego e Compostela Aberta. Isto é, os votos do seis concelleiros e concelleiras do PSOE o vindeiro luns 24 botarán abaixo unha medida que dende o seu propio partido, din, estaba inspirada noutras propostas polos socialistas. De feito, o propio grupo xa anunciara o seu apoio á ordenanza municipal aínda que agora botouse atrás por unha cuestión “de forma”.

Conscientes do terremoto político que se vén nas súas bases, a secretaria de organización do PSOE de Santiago de Compostela enviou unha carta á súa militancia na que, a pesar de non argumentar a decisión, alerta da abstención do partido e convídaos a ter “reunións (..) para poder debater a cuestión”. Foi o secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, o que adiantou que a dirección local do partido inclínase pola abstención na votación da ordenanza sobre VUT ao considerar que esta normativa “non regula” os usos xa existentes.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres na Casa do Pobo, Bouza explicou que a decisión de absterse foi unanimemente tomada o xoves na Comisión Executiva Municipal, que non inclúe a concelleiras como a edil de Urbanismo, Mercedes Rosón. Respecto da abstención, Aitor Bouza expresou que a normativa aborda algo “que xa se sabe que non é posible”, xa que o decreto vixente da Xunta prohibe a cesión de vivendas para uso turístico por cuartos ou estancias. Polo tanto e a xuízo do PSOE, esta modalidade de aloxamento só será viable se a normativa especial de Turismo de Galiza permíteo.

Pola súa banda, desde o Goberno de BNG e Compostela Aberta recoñecen certa incredulidade co volantazo do PSOE: “Lamentamos profundamente a posición da executiva local do PSOE porque hai un gran consenso na cidade na necesidade de regular as vivendas de uso turístico”, recoñece a tenente alcalde de CA, María Rozas. “Non entendo o posicionamento nin que digan que non hai información cando xa pasou pola comisión e teñen toda a información para o pleno”, engadiu Rozas nunha rolda de prensa este mesmo venres na capital de Galiza. Rozas tamén reivindicou o labor do seu partido durante o mandato de Martiño Noriega (2015-2019) cando arrincou o primeiro intento de regulación das VUTs suspendendo a emisión de licenzas no centro histórico.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #4: de techo, huelgas de alquileres, vivienda cooperativa y todo lo que no sea especular
Cuarto episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre alquileres por las nubes, lo difícil que tenemos para tener un techo donde vivir, ya sea comprando o alquilando.
Comunidad de Madrid
Bloques en lucha Una familia de rentistas amenaza con vaciar 24 casas del bloque Mesón de Paredes 88 en Lavapiés
Benjamín lleva 12 años en su casa, Lorena comparte piso con su hija y dos nietos de cinco y once años. Jesús lleva 50 años en un piso que ha adaptado para su discapacidad. Todo el vecindario está siendo presionado para que abandonen sus casas.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.