Radios libres
Ondiñas veñen: dúas ducias de podcasts en galego que (se cadra) non coñecías

Lendas, videoxogos, política, 'fricadas' ou programas desde Londres ou Finlandia. Procuramos —e compartimos— algunhas das iniciativas alternativas radiofónicas en galego que xorden desde a sociedade civil, moitas delas desde o rural.

Na época dos podcasts e do rexurdir da radio —o medio con máis vidas que os gatos— acostumamos a escoitar programas como Carne Cruda ou La Vida Moderna entre a infinidade de contidos dispoñibles, que entreteñen, informan e aparecen na pantalla principal da nosa aplicación de podcasts. O que moitas non fixeramos aínda é procurar radios en galego, producidas de xeito comunitario e con contidos ben interesantes.

os medios ‘comunitarios’ no sxxi

Unha comunidade é un grupos de persoas con intereses comúns e ben diversos, que van desde a divulgación do patrimonio inmaterial ata rematar dunha vez co sistema capitalista. Cando expresan esas ideas a través da radio, falamos dunha radio comunitaria. Mallado. Para afondar nesta idea e saber que ten de diferente, Óscar Dacosta, da ONGD Agareso, realizou en 2017 esta reportaxe sobre a historia de Radio Izcanal de El Salvador:
En Galiza, coa democratización das novas tecnoloxías, xurdiron unhas cantas radios ou programas que ben poden entrar nesta descrición. Se cadra, a máis coñecida é Cuac FM, na Coruña; pero tamén outras como a Kalimera no CSA de Sar, a Clavi en Lugo, a Piratona en Vigo ou a Roncudo en Corme. Nos últimos tempos xurdiron outras novas como a Radio Liverdade, en Ourense, na que atopamos miradas diversas da historia de Latinoamérica no espazo Caleidoscopio —en capítulos como A loita Mapuche ou sobre Atahualpa Yutanqui— ou poesía radiada Na marxe incorrecta do río. Cóntannos que agora andan a facer unha historia en varios capítulos sobre Os Graxos da Burga, baseada no relato de Lamas Carvajal sobre o patrimonio inmaterial e esquecido de Auria. Moi completiño e moi ben feito.  Na outra esquina do país, en Ferrol, a asociación OPAII emite desde 2006 na Radio Filispim, onde fan unha chea de cousas moi diversas e con moita frecuencia. Chama moito a atención a súa diversidade de programas e temas: enfermería comunitaria, surf, Portugal, debates políticos... En 2015 fixeron este documental polo seu décimo aniversario. 

Especializados en case de todo 

Sen marchar de Ferrolterra, n'As Pontes, atopamos a Radio Eume e a súa Lareira das Mouras, un programa “sobre mitoloxía, folclore, misterio, tecnoloxía, arte e humanidades.” Neste espazo atoparedes lendas como a dun veciño de Somozas que atopou unha pedra con forma de Xabarín —recomendado— ou entrevistas a expertos de patrimonio, sempre centrado nas Terras do Eume. 

Desde a páxina de Facebook Hiphop em galego faise un programa semanal en Radio Allariz onde se fai un seguimento de máis de 100 artistas. Para os administradores da páxina, activa desde 2015, “ante a falta dun medio centrado e especializado no xénero e en galego, animámonos a sementar un proxecto comunitario de apoio e difusión para facer crecer a nosa cultura.” Coméntannos tamén que grazas a Mouro RG, tamén locutor, puideron coordinar o proxecto na radio, e agradecen á Filispim de Ferrol a reemisión dos seus programas. En Radio Allariz, malia non ser en si unha radio comunitaria, atopamos outros contidos moi traballados como os da Revista Orballo, onde collen desde o humor ata a análise política. 

Entre Vigo e Finlandia faise O Recanto do Corcovado, un “programa musical especializado en jazz, folk, músicas do mundo e sons contemporáneos” dirixido por Lois Atanes. Emiten desde Cuac FM, Radio Crónica Folk Musica e a Radio Municipal de Redondela. Tamén se emitía quincenalmente en Radio Moreeni, a emisora universitaria de Tampere (Finlandia) co obxectivo de “dar a coñecer a variedade lingüística das músicas” da Península Ibérica. A cooperación entre estes proxectos á hora de compartir contidos é unha das chaves da súa viabilidade e riqueza. 

Podcasts ‘friquis’

Nesta oferta tan ampla tamén temos a opción de escoitar en galego contidos que normalmente están en inglés ou castelán: A Gruta de Gizamaluke é un programa especializado en videoxogos que emite en Pontevedra Viva Radio, cunha programación moi diversa e interesante. Sobre videoxogos tamén falan no Antro do Píxel e en Revolution Podcast, onde nun dos últimos capítulos invitaron a unha recanteira do Luar e ao seu irmán. Cousas veredes.  Cómpre destacar tamén, como din os seus creadores, o “podcast friqui en galego”: Gurrucho de Vozcast. Na última entrega falaron de Xogo de Tronos -como non- e nos cinco ‘gurruchos’ que levan xa falaron de temas como comics, Hellblazer e de R.L. Stevenson, o de Dr Jekyll e Mr Hyde.

Tamén dereitos humanos e reivindicación

As opcións das radios e podcasts son tan grandes como ideas haxa. Desde o IES Breamo de Pontedeume, o equipo de normalización lingüística impulsou un programa de radio feito por estudantesemitido en vídeo multicámara en directo. Os alumnos entrevistan a persoas relacionadas coa cooperación, o activismo a prol dos dereitos humanos e personaxes da cultura galega. 

No ensino atopamos outras iniciativas como Falangulleiros Bandasequeiros, das alumnas do CEIP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal; Forza Oito no IES Cabo Ortegal de Cariño ou a Radio emBrión, onde hai programas e entrevistas a profes ou escritores. Tamén temos que destacar o Proxecto Neo de Burela, onde desde a radio traballan pola integración lingüística do alumnado estranxeiro e fan entrevistas a neofalantes, coma nos Sotaques d’O Salto, pero en radio e desde 2012. Dentro do ámbito universitario hai outras iniciativas: se estades en Compostela quizais coñezades Radio Campus Culturae, onde en 2015 un grupo de estudantes e ex estudantes se fixeron cargo da radio nacida dun proxecto da USC e foron quen de facer unha programación estable de 3-4 programas diarios culturais, deportivos, científicos... Un pouco de todo.

Desde organizacións como ADEGA ou Arquitectura Sen Fronteiras tamén fan os seus propios contidos para concienciar a sociedade. ADEGA fai un boletín ambiental cada quince días desde Radio Cerna. Desde ASF-Galicia, o programa Habitando busca “educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat” e en cada programa falan dun proxecto diferente da organización, de educación para o desenvolvemento, etc. 

Diáspora 

Alén da Estaca de Bares —mar polo medio— atopamos Té con Gotas(‘The Galician Podcast’, como din eles). Estes meses de eleccións, por exemplo, centráronse na relevancia do voto rogado e normalmente entrevistan a galegos e galegas anónimas que están traballando e facendo cousas ben xeitosas no Reino Unido. Na radio local de Sants, en Barcelona, podemos escoitar galego unha hora á semana no Galiza...Algo Máis(sábados ás 17h). Falan moito de política e son parte da Ergac (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), desde onde xa se fixeron máis de unha ducia programas en galego desde 1993.Hai outras moitas iniciativas que podedes atopar en podgalego3.0. Tamén as hai que levan un tempiño paradas, e quen sabe se seguirían emitindo se souperamos delas. Coñecelas é o primeiro paso; o segundo pode ser buscar a que nos interesan en Ivoox, gardalas e facer un acceso directo no móbil.

Con toda a oferta ‘friqui’, variada e ben elaborada que hai, non hai excusa. O atasco en Ordes e os 30 minutos de carreira polas Brañas faranse máis amenos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunicación
Fediverso Fediverso y redes sociales libres
¿Es posible encontrar un nuevo espacio digital donde “esté todo el mundo”, como ocurría con Twitter? O más bien, ¿esa sensación de comunidad global era una percepción creada por quienes participaban activamente en la plataforma?
Medios de comunicación
Extremadura María Guardiola inyecta más de 100.000 euros a medios ultraconservadores en Extremadura
La Junta de Extremadura ha comenzado este año a financiar a ‘OkDiario’, ‘Libertad Digital’ y ‘The Objective‘ a través de la publicidad institucional. Pagó más de 18.000 euros al medio de Jiménez Losantos por una entrevista de 20 minutos.
Comunicación
Marketing en la ESS La Semilla del Diablo y el marketing en la ESS
¿Es el marketing la ‘semilla del diablo’ ? Reflexionamos sobre ello al calor del próximo ComunESS
Medio ambiente
Crise climática Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante
Sarria convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Líbano
Líbano Cinco décadas sin paz ni justicia en Líbano
El país mediterráneo conmemora el 50 aniversario desde el inicio de la guerra civil, un conflicto cuyos crímenes no se han juzgado y cuyos desaparecidos no se han encontrado

Últimas

Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
La vida y ya
La vida y ya Días de vacaciones
No somos conscientes de que la lluvia depende, en un porcentaje altísimo, de ellas. Sin plantas hay menos lluvia. Sin lluvia las semillas no germinan. Así funciona.
València
València “‘El vol de Guillem’ ha supuesto la liberación de todos estos años de lucha”
Ricard Tàpera, autor del cuento, y Betlem Agulló, hermana de Guillem Agulló, que ha puesto voz a la historia, nos explican cómo ha sido el proceso de creación de esta obra coral, ilustrada por Helga Ambak.
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.

Recomendadas

Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.