Personas refugiadas
“Se non matabamos nós, matábannos a nós. A única solución era fuxir”

Tras fuxir da guerra en Siria, pasar polo cárcere e polos campos gregos, Khaled rematou o programa de acollida na Coruña e agarda a concesión da Risga para poder continuar a súa nova vida.

Moria, Lesbos
Khaled pasou por Moria (Lesbos), un dos campos en peores condicións. Julia Rodríguez

Khaled é o nome ficticio que agocha a identidade dun rapaz sirio que chegou a Galiza a finais do 2016. Despois de pasar polas tres fases do programa de acollida, comezou o mes pasado a tramitar axudas de emerxencia co concello da Coruña para poder seguir vivindo na cidade. O de Khaled é un caso similar ao de moitas outras familias e persoas que pasaron polo programa, cun futuro incerto como consecuencia dun sistema de acollida con moitos erros no seu plantexamento e execución.

O CÁRCERE EN SIRIA

En Siria, Khaled estudaba informática, pero non lle dou tempo a rematar a carreira porque tivo que escapar da guerra. “Alí obrigábannos a ir ao exército. Se non matabamos nós, matábannos a nós. A única solución era fuxir”. O seu plan era viaxar en bote dende o Líbano ata Turquía pero antes de chegar ao seu primeiro destino, aínda en Siria, detivérono e pasou tres meses en prisión. “Teño o mesmo nome e apelidos ca outro home ao que buscaba a policía e encarceráronme. Isto pasa frecuentemente. Foi horrible. Cando se deron conta de que non era eu a quen buscaban, deixáronme libre”.

Teño o mesmo nome e apelidos ca outro home ao que buscaba a policía e encarceráronme. Isto pasa frecuentemente. Foi horrible. 

 DE SIRIA A CORUÑA PASANDO POR TURQUÍA E LESBOS

Khaled chegou a Turquía despois de conseguir un pasaporte en Siria. Tras nove meses no país, viaxou a Grecia. Unha cara máis da xa típica ruta migratoria. Pisou Lesbos por vez primeira o 29 de marzo de 2016, xusto nove días despois de que a Unión Europea e Turquía firmasen o coñecido como Pacto da vergoña. “Tiven moita sorte porque conseguín un pasaporte falso e non tiven que quedar alí demasiado tempo. As condicións do campo no que estaba son moi malas. Hai capacidade para 500 persoas e eramos 2000. Un amigo meu segue alí despois dun ano e dime que o está pasando fatal, que pensa que vai morrer”. Despois de moitos nervios por se o recoñecían no aeroporto, puido montar nun avión destino Madrid, onde pasou dous meses. Alí dixéronlle que non había máis prazas nesa cidade e que tería que mudarse para A Coruña. Así foi como entrou no programa de acollida executado por Accem.

A EXPERIENCIA NO PROGRAMA DE ACOLLIDA

Khaled quere continuar os seus estudos na Coruña e está agardando a que a Xunta valide os documentos necesarios. Mentres tanto, interesouse por realizar outros cursos formativos para facilitar a procura de emprego. “Cada vez que lle preguntaba a Accem para facer un curso a resposta sempre era a mesma: que non había cartos, que dende Accem Madrid non lle mandaban diñeiro suficiente... Moitos deles busqueinos pola miña conta”, afirma. Daniel Bóveda, técnico de Accem Coruña, asegura: “O traballo non depende só de nós. Tamén dos servizos en xeral e das dificultades administrativas”. Coa axuda do seu traballador social, Khaled conseguiu un emprego nun hostal da cidade. “Na Seguridade Social apuntáronme durante nove días pero realmente pasei alí un mes e ao final só me pagaron a metade do salario acordado. Insistinlle ao traballador social e dicía que ía facer algo para que me desen o diñeiro que faltaba, pero iso nunca pasou”.

Todas as noites espertaba con pesadelos. Sentía que ía morrer. Comenteillo ao meu profesor de español de Accem e díxome que iamos falar coa psicóloga pero ela nunca me atendeu

Outro dos problemas que tivo que enfrontar unha vez instalado na Coruña foron as secuelas psicolóxicas da viaxe: “Todas as noites espertaba con pesadelos. Sentía que ía morrer. Comenteillo ao meu profesor de español de Accem e díxome que iamos falar coa psicóloga pero ela nunca me atendeu”. Bóveda asegura que todas as persoas que forman parte do programa pasan polo servizo de atención psicolóxica aínda que Khaled recalca que el nunca tivo acceso directo a este servizo.

FIN DO PROGRAMA. E AGORA QUE?

Un ano e medio despois de chegar, o programa de acollida remata e para Khaled aínda non foi posible atopar un traballo que lle permita gozar dunha vida independente. Espera agora que lle concedan a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) para poder seguir pagando o alugueiro e algún día agarda poder rematar os seus estudos universitarios na Coruña. “Agora gústame moito máis que ao principio e xa teño moitos amigos”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Personas refugiadas
Asilo y refugio El asilo crece en España hasta el 18,5% pero se queda muy lejos del 46,5% de la media europea
A pesar de que aún no se conoce ningún borrador por parte del gobierno español, CEAR considera que una nueva Ley de Asilo apegada a los derechos de la movilidad podría posicionar a España al frente de la Europa de los valores y derechos.
El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal II: Comunidad de acogida
Volvemos a la Convivencia Rural de Berrocal y, esta semana nos detenemos en la historia de dos familias, una palestina y otra israelí, que nos muestran que la convivencia es posible. Además, tecnosuelos y música. Creemos que merece la pena escuchar.
Ley de Extranjería
Ley de Extranjería Regularización Ya señala que ya advirtió de todos los errores del nuevo Reglamento de extranjería
Con fallos como el silencio administrativo negativo o la irregularidad sobrevenida y que no cuente el tiempo de espera como arraigo si deniegan una solicitud de asilo, entra en vigor el nuevo Reglamento de la ley de extranjería.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.