Personas refugiadas
Contra o aprazamento da realidade

Vimos dun tempo de aprazamento da realidade. Hai quen quixo convertela naquilo que se narra en rolda de prensa. Sen preguntas, aos medios quedoulles a tarefa de desprazaren a mensaxe incólume até a audiencia, coma se fose un incunábel ou as reliquias dun santo ao que se procesiona por unha cuestión de fe.

La Marina italiana transfiere cientos de migrantes al Aquarius, el barco de salvamento de MSF
La Marina italiana transfiere cientos de migrantes al Aquarius, el barco de salvamento de MSF, la misma noche que rescató a varias pateras Kenny Karpov
30 jul 2018 10:31

Se coñecemos a deriva letal do Mediterráneo é en parte porque o activismo humanitario acendeu os focos sobre o silenciado, mentres aumentaba o interese por ocultar o que acontece na zona de rescate. O compostelán Óscar Corral, que vén de fotografar os rostros dos doce días de destino incerto en que máis de seiscentas cidadás e cidadáns migrantes navegaron á deriva das políticas europeas a bordo do Aquarius, considera que esa “constitúe unha das razóns de eliminar a presenza das ONG que con bo criterio levan a prensa consigo para dar testemuño”.

O Aquarius, o buque de rescate e atención humanitaria de Médicos Sen Fronteiras e SOS Mediterraneé, foi o primeiro en partir tras a formación do goberno italiano de Matteo Salvini, líder da xenófoba Liga. Parecían probábeis as tensións, pero o inesperado peche de portos converteu en breaking news o que ía ser unha reportaxe en profundidade para retratar o choque entre as ONG que rescatan fronte a Libia e as políticas migratorias da Unión Europea.

O dereito marítimo internacional obriga a socorrer calquera embarcación en apuros. Na práctica, xa son máis de cincocentos os afogados desde a decisión de Salvini e en relación directa coa aceleración da ofensiva da UE para neutralizar as ONG. Unha de cada sete persoas que tentou cruzar o Mediterráneo no mes de xuño morreu no intento. Na primeira metade do 2018 foron unha de cada dezanove. No mesmo período do 2017, unha de cada 38, segundo datos da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur).

Atopámonos no momento da historia con maior número de desprazamentos forzosos por guerras, violencia xeralizada ou violación sistemática de dereitos humanos. Determinados límites entre as consecuencias de ser migrante económico ou refuxiado mistúranse como consecuencia das políticas económicas globais. A globalización do neoliberalismo esixe uns niveis permanentes de desigualdade. O poder e o enriquecemento atinxidos polas grandes empresas da economía mundial de casino que operan en rede e modifican a realidade social e climática dos territorios do sur, teñen unha relación directa cos fluxos migratorios e a necesidade de fuxir da fame e da inhabitabilidade dun territorio desertizado. Con frecuencia óbviase esta cuestión.

Hai una década tiven a oportunidade de participar na elaboración do ‘Décalogo para o tratamento informativo non esteriotipado da migración’, unha iniciativa do Foro Galego de Inmigración. Despois da chamada crise dos caiucos de 2005, o enfoque mediático seguía a semellar unha advertencia á invasión con recurso a léxico próximo ao desastre natural, aludes, hecatombes, vagas. Non é que mellorase moito pero algo concienciouse. Polo medio, no 2014, o entón ministro de Interior, Jorge Fernández, sostivo que “entre a avalancha de inmigrantes de Ceuta e Melilla cóanse terroristas e xiadistas”. Pero no 2015 a visión do duro final do pequeno Aylan suavizou o discurso. De novo, o 17 de xuño deste ano ABC levaba a portada a foto dun home migrante cos puños pechados sobre o titular: “España afronta unha avalancha de inmigrantes polo efecto chamada”. Este efecto non é outro que o de xogar a vida no mar para salvar a doutros humanos.

A liña editorial representa unha parte lexítima da liberdade de prensa. Debe ser transparente e aberta. Non o é aquilo que en teoría da comunicación se denomina framing, un marco que alenta de modo vedado determinadas interpretacións da realidade e deixa intencionadamente fóra outras. Segundo a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) as noticias falsas e o papel das redes sociais na súa difusión son un caldo de cultivo idóneo para que se demanden medidas represivas contra migrantes e ONG. As informacións falsas máis compartidas en redes son aquelas que vencellan os migrantes con actos criminais, seguidas das que detallan beneficios sociais e das que acrecentan a sensación de invasión. “O efecto social das campañas xenófobas contra activistas aféctalle directamente aos cooperantes. Alén do plano legal, atopei ataques moi duros en redes sociais que me sorprenderon. É algo co que conviven a diario, a culpabilización e o acoso. Moitos vense na obriga de procurar o anonimato”, detalla Corral. “Por outra banda, como fotógrafo de prensa estou afeito a que algunha xente vire de costas cando hai cámaras. Chamoume a atención que no barco moitos me pedían que lles sacase fotos, persoas con secuelas psicolóxicas e físicas, xente que fora violada e torturada, porque para eles era a única proba para lle contar ao mundo, ás súas familias, que estaban alí e vivos”.

A tendencia é que Europa contrate terceiros países para o control das políticas migratorias, a externalización fronteiriza. Da política de salvamento pasouse á de control combinada coas accións militares contra as mafias. No cumio de Malta de 2017, a UE decidiu converter Libia no muro mariño antiinmigración, tras bloquear a ruta dos Balcáns e despois do opaco acordo con Turquía para reter e devolver refuxiados. O pacto turco de marzo de 2016 rachou co clima de opinión e coa retórica da solidariedade que encarnaba a fotografía de Aylan. Se as ONG son incómodas para as autoridades non é só polos rescates, senón precisamente por seren testemuñas das malas prácticas en augas europeas. Fan un labor de denuncia e favorecen o dereito á información, a contar a realidade do que acontece. No mediterráneo, que foi, dalgún xeito, a primeira autoestrada da información, coa civilización helenística a se espallar en barco, a consigna é hoxe escurecer os focos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Personas refugiadas
Asilo y refugio El asilo crece en España hasta el 18,5% pero se queda muy lejos del 46,5% de la media europea
A pesar de que aún no se conoce ningún borrador por parte del gobierno español, CEAR considera que una nueva Ley de Asilo apegada a los derechos de la movilidad podría posicionar a España al frente de la Europa de los valores y derechos.
El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal II: Comunidad de acogida
Volvemos a la Convivencia Rural de Berrocal y, esta semana nos detenemos en la historia de dos familias, una palestina y otra israelí, que nos muestran que la convivencia es posible. Además, tecnosuelos y música. Creemos que merece la pena escuchar.
Ley de Extranjería
Ley de Extranjería Regularización Ya señala que ya advirtió de todos los errores del nuevo Reglamento de extranjería
Con fallos como el silencio administrativo negativo o la irregularidad sobrevenida y que no cuente el tiempo de espera como arraigo si deniegan una solicitud de asilo, entra en vigor el nuevo Reglamento de la ley de extranjería.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.