Personas refugiadas
Refuxiados, benvidos?

O ‘boom dos refuxiados’ encheu páxinas e mobilizou á cidadanía. Polo contrario, a acollida das persoas solicitantes de asilo e protección internacional case non trascende. Remata o programa para algunhas das persoas acollidas en Galiza e xorden críticas e dúbidas sobre a eficiencia do sistema. Galiza ía ser o refuxio destas persoas, non o comezo de máis incertezas.

Todas podemos ser refuxiadas
"Refuxiado": palabra do ano 2015, escollida pola Real Academia Galega. Imaxe: CIG.

Longas viaxes dende distintos puntos do globo que teñen como destino común Europa. Persoas refuxiadas aos ollos da prensa, aínda que no 2016 tan só o 3,5% obtivo o estatus de refuxiado. “Necesito tempo para aprender e atopar traballo. Quero apoio, non que me deixen só na metade do camiño como fixeron en Siria”, relata Ghassan, usuario do programa de acollida xestionado pola Cruz Vermella que, un ano e medio despois de chegar a Sarria e tras finalizar as axudas establecidas, teme que el e a súa familia queden na rúa.

A ACOLLIDA

O programa depende do Estado e é executado por ONGD. Ten tres fases de seis meses cada unha nas que as persoas van tendo máis autonomía. “Nun ano e medio deben acadar unha integración suficiente para valerse por si mesmos. Aínda que os fondos sempre son insuficientes, co que hai pódese cumprir o programa”, comenta Juan Redondo, coordinador autonómico da Cruz Vermella. Fadila Chami, da asociación SAWT a favor dos refuxiados sirios en Galiza, afirma: “O sistema non funciona. En ocasións tivemos que pedir cartos a xente e a asociacións para pagar o alugueiro”. 

O sistema non funciona. En ocasións tivemos que pedir cartos a xente e a asociacións para pagar o alugueiro.

Cristina Darriba, técnica da Cruz Vermella Valdeorras, comenta que un dos problemas do programa é a falta de información: “Dinlles o sitio para o que van ir e as normas xerais. Ao chegar ao lugar descobren se é un sitio pequeno ou grande ou se teñen que compartir casa.” Fadila Chami concorda no referente á desinformación. “Sabemos o que inclúe o programa polos casos que imos vendo. Non dan información”. Ghassan é xastre pero non dá atopado traballo. Un dos problemas é o idioma: “un ano e medio non é suficiente”, di Ghassan. Aínda que o programa de acollida inclúe clases de español, segundo Chami, en Sarria “non era xente capacitada a que impartía as clases. Ás veces son voluntarios que non teñen coñecementos suficientes de docencia”. Cruz Vermella confirma que nalgúns casos as persoas formadoras son voluntarias pero reciben algún tipo de formación.

Na primeira fase as organizacións proporcionan a vivenda. Na segunda son as propias persoas as que teñen que buscar casa. “Hai problemas para conseguir vivenda a algunhas nacionalidades”, conta Redondo. Non obstante, tanto as propias solicitantes de asilo como membros de ONGD aseguran que á marxe do caso dos alugueiros, a cidadanía galega recibiu moi ben aos seus novos veciños e veciñas. “Temos moi bos amigos que nos axudan”, narra Marwa, muller de Ghassan.

queixas pola falta de autonomía dentro do programa

Durante o programa de acollida, Cruz Vermella e Accem —entidades que xestionan o programa en Galiza—dotan aos usuarios dunha certa cantidade económica para facer a compra. Redondo afirma que a única limitación é o consumo de alcohol mentres que Fadila Chami asegura coñecer casos nos que se prohibiu mercar produtos como chocolate ou Coca-Cola. Ante isto, o coordinador da Cruz Vermella argumenta que “ás veces recoméndanse certos alimentos para promover unha vida saudable pero non é unha prohibición”. O mesmo dilema teñen na Coruña, onde fontes que prefiren manter o anonimato falan destas restricións, ao que Daniel Bóveda, técnico de Accem responde: “É unha cuestión que me doe. Non hai prohibicións. Pode haber certa moderación, pero mércase chocolate”.

Coa finalización do programa á familia de Sarria non só se lle remata a axuda do alugueiro, senón tamén a da alimentación. “Falamos co concelleiro de Servizos Sociais e dixo que este mes podían acudir a Cáritas ou ao comedor económico”. A familia agarda que algún concello lle conceda unha axuda de emerxencia para poder ter unha vida digna.

Segundo Juan Redondo, as organizacións e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social están constantemente en contacto para mellorar o programa, ao igual que entre asociacións e solicitantes. Aínda así, na Cruz Vermella non hai ningún cuestionario de avaliación. Polo contrario, dende Accem afirman que contan cunha folla de valoración, aínda que fontes anónimas dentro do programa din non ter coñecemento da súa existencia.

moitas deficiencias do procedemento de asilo

“Moitos dos problemas son estruturais. Non ocorren só coas persoas refuxiadas”, afirma Bóveda poñendo como exemplos os problemas para acceder á Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), o colapso nos servizos de saúde ou o acceso ao mercado laboral. Bóveda comenta tamén que “o procedemento de asilo está saturado”. Confírmano os datos de Eurostat: 20.000 solicitudes pendentes nos caixóns no Estado. Este feito xa foi denunciado en 2016 no estudo “El Asilo en España” do Defensor del Pueblo: “o funcionamento da Oficina de Asilo e Refuxio (OAR) presenta carencias que afectan á tramitación dos expedientes e inciden na calidade do procedemento”.

Moitas persoas desisten de facer a solicitude e prefiren ir pola vía do arraigo social. Son persoas que están fuxindo e poderían ter dereito a asilo.

Patxi Hurtado, da Coordinadora Galega de ONGD, vai máis alá: “Moitas persoas desisten de facer a solicitude e prefiren ir pola vía do arraigo social, que en España é regularizarse despois de tres anos no país. Son persoas que están fuxindo e poderían ter dereito a asilo”. No estudo do Defensor del Pueblo denunciábanse outros problemas do procedemento, como a “inexistencia dun enfoque de xénero”, a necesidade de mellorar a formación do persoal que traballa con menores ou a mala comunicación entre órganos administrativos do Estado. Neste sentido, a Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas esixe “ampliar e axilizar o sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e Galicia mediante o reforzo da OAR do Ministerio do Interior e de persoal debidamente formado nas oficinas de Estranxeiría”.

Hai persoas que poden ter unha mellor nunha aldea. Por que non? Falan de refuxiados pero non hai refuxiados opinando

Ante estes problemas, segundo a activista Leticia Santaballa, comezan a crearse iniciativas populares de axuda aos solicitantes de asilo. Algunhas propoñen solucións en áreas rurais. Darriba, técnica da Cruz Vermella, asegura que a inclusión neste contexto “ten beneficios importantes. Notamos que nas aldeas pequenas, como en Vilamartín, coñécese todo o mundo e hai apoio mutuo e solidariedade”. Ahmad Matar, sirio fóra do programa, cre que “hai persoas que poden ter unha vida mellor nunha aldea. Por que non? Falan de refuxiados pero non hai refuxiados opinando”.

MIGRACIÓNS FORZOSAS: UN PROBLEMA DO SUR CAUSADO POLO NORTE

Hai 70 millóns de desprazados forzosos por distintas causas, como persecución por motivos de xénero ou por cambio climático. Bóveda quere deixar claro que as persoas refuxiadas “non só son sirias e por motivos de guerra”. Patxi Hurtado reforza a responsabilidade dos países do norte e sinala outro tipo de migracións forzosas: “Hai persoas que foron pescadores sempre e agora non poden porque hai multinacionais que explotan caladoiros e son forzadas a deixar o seu medio de vida”.

Durante a crise, a inversión pública en materia de cooperación viuse reducida drasticamente.

Hurtado fai fincapé na necesidade de “traballar tamén nas causas orixinais”, en especial a pobreza. Malia non cumprir as demandas das ONGD, Alberto Núñez Feijóo fixo un chamamento ás persoas refuxiadas venezolanas dispoñéndose a darlles acollida en Galiza: “Intentamos axudar a todos os venezolanos que están perseguidos por razóns ideolóxicas que poidan vir a Galicia a vivir e instalarse”, dixo o Presidente da Xunta. Con todo, a maioría de solicitudes de asilo que proveñen deste país reciben unha resposta negativa. Ademais, durante unha visita a Israel o pasado xaneiro, os populares cualificárono como “o único país democrático da súa contorna”, aínda sendo máis de cinco millóns os palestinos expulsados das súas terras polo Estado de Israel.

Para a Coordinadora Galega un dos problemas principais son os baixos fondos destinados á cooperación: “Durante a crise, a inversión pública en materia de cooperación viuse reducida drasticamente. No orzamento da Xunta aínda estamos a niveis máis baixos que antes da crise”. Na súa opinión, a pesar de que as entidades públicas teñen que ter un papel importante, é tamén responsabilidade de toda a cidadanía “loitar por unha sociedade máis xusta”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Personas refugiadas
Asilo y refugio El asilo crece en España hasta el 18,5% pero se queda muy lejos del 46,5% de la media europea
A pesar de que aún no se conoce ningún borrador por parte del gobierno español, CEAR considera que una nueva Ley de Asilo apegada a los derechos de la movilidad podría posicionar a España al frente de la Europa de los valores y derechos.
El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal II: Comunidad de acogida
Volvemos a la Convivencia Rural de Berrocal y, esta semana nos detenemos en la historia de dos familias, una palestina y otra israelí, que nos muestran que la convivencia es posible. Además, tecnosuelos y música. Creemos que merece la pena escuchar.
Ley de Extranjería
Ley de Extranjería Regularización Ya señala que ya advirtió de todos los errores del nuevo Reglamento de extranjería
Con fallos como el silencio administrativo negativo o la irregularidad sobrevenida y que no cuente el tiempo de espera como arraigo si deniegan una solicitud de asilo, entra en vigor el nuevo Reglamento de la ley de extranjería.
#11719
23/3/2018 23:35

Imprescindible reportaxe!

7
3
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.