Represión
Operación Jaro: de pertenza a banda armada a recibimento de presos. 102 anos por solidarizarse

A Audiencia Nacional solicita a ilegalización de Causa Galiza e Ceivar, por consideralas organizacións criminais para a comisión de delitos de enaltecemento, e 102 anos de cárcere para 12 dos seus membros.

Causa Galiza
Rolda de prensa de Causa Galiza. Foto: Causa Galiza
Entrevista en vídeo: Pablo Santiago e Roi Ribeira
14 nov 2019 11:07

“Vin entrando polo corredor a Garda Civil. Viñan axentes con metralletas e encapuchados”. Así se executou o 30 de outubro de 2015, segundo as declaracións de Salvador G., a operación Jaro na que foi tamén detido seu irmán entre un total de 9 persoas vinculadas a Causa Galiza. O Ministerio de Interior publicaba entón unha nota na que sinalaba que a formación política independentista tería “xurdido como sucesora” das organizacións de apoio a Resistência Galega, tras declararse este grupo como terrorista nunha sentencia de 2014 do Tribunal Supremo. Algo difícil de encaixar con que fose publicamente coñecido que Causa Galiza tiña actividade como plataforma desde 2007, e comece a constituírse como formación política en 2013. Os detidos foron levados a Madrid, onde o xuíz Eloy Velasco os deixou en liberdade tras retirarlles o pasaporte, imputarlles o delito de integración en banda terrorista e ordenar a suspensión de actividades de Causa Galiza, algo que mantén ata decembro de 2016.

Tras a operación, a voráxine dos medios seguiu o esquema habitual de procedemento nestes casos. El Ideal Gallego levábao a portada: “liberdade con cargos para os detidos de Resistência Galega”. As fontes consultadas por La Gaceta aseguraban a ese diario que “Resistência Galega buscaba atentar durante a campaña electoral” e que se interviñeran documentos cos que se podería “compoñer o organigrama das unidades terroristas”, e engadía que os arrestados constituían a “cúpula” de Causa Galiza, “cerebro de Resistência Galega”. Algunhas noticias sinalaban domicilios persoais dos investigados. Entre os detidos atopábase Antom Árias Curto, todo un caramelo para a estratexia de incriminación, un histórico do EGPGC que, con 71 anos, “prestaba o seu último servizo nas filas de Causa Galiza”, onde a maioría de arrestados eran “xoves e con escasa experiencia”, segundo El Faro de Vigo e El Correo Gallego. Pero o certo é que Antom foi detido sen formar parte sequera de Causa Galiza, e así o asume a Fiscalía.

En 2017 a Audiencia Nacional ordena a detención doutros 3 militantes de Ceivar no que se deu a coñecer como Operación Jaro II, para fusionar ambas causas un mes despois con acusacións que van desde integración en banda armada ata integración en organización para a comisión de enaltecemento do terrorismo.

Todas as informacións e conxecturas vertidas inicialmente, carentes da máis básica consistencia indiciaria, van caendo en saco roto ó longo da instrución: non se atopan evidencias de conexión entre estas organizacións e Resistência Galega, polo que, sen existir tampouco armas ou explosivos, a acusación de pertenza a banda armada non se sostén, e retírase en xullo deste ano.

Non se atopan evidencias de conexión entre estas organizacións e Resistência Galega.

En contraste co relato inicial, os feitos que se lles atribúen quedan reducidos a dar apoio a membros de Resistência Galega e “xustificar os delitos de terrorismo”, isto é, a acusación pasa de considerar a Causa Galiza como un brazo de Resistência Galega a atribuír ós membros de Causa Galiza e Ceivar exclusivamente a organización e asistencia a actos públicos consistentes en recibimentos a presos independentistas ou a celebración do Día da Galiza Combatente.

Nese punto o escenario era de “relativa tranquilidade”, di Joam Peres, un dos detidos contactado polo Salto. “Un delito único por cabeza de enaltecemento, que se pode sancionar de un a tres anos” e, “polo tanto, altas probabilidades de que non houbese ingresos en prisión”.

Porén, no auto da Fiscalía que se deu a coñecer esta semana solicítanse penas que van dos catro ós doce anos para os doce investigados, sumando un total de 102 anos. “Unha vez pechada a investigación”, continúa Joam, a Fiscalía da Audiencia Nacional “cárganos a mochila e inclúe un delito de integración en organización criminal” para a comisión de enaltecemento do terrorismo. Isto faino tanto para os integrantes de Causa Galiza como para os de Ceivar, solicitando catro anos tan só por este delito para cada un dos acusados, agás Antom Árias Curto, que recibe a petición máis baixa. Considerando a Causa Galiza e Ceivar como organizacións criminais, formula tamén unha petición de disolución de ambas organizacións. Ademais, a petición para cada acusado é de dous anos de prisión por cada unha das veces que a Fiscalía considera que puido incorrer en enaltecemento do terrorismo.

No auto faise constar a participación dos acusados na celebración do Día da Galiza Combatente de 2014 e de 2015, así como en sete actos de recibimento a presos independentistas.

DÍA DA GALIZA COMBATENTE

O Día da Galiza Combatente comeza a celebrarse en 2001 cada 11 de outubro, data que fai referencia á acción do EGPGC levada a cabo en 1990. O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive planificou para a madrugada daquel día unha ondada de ataques contra os establecementos dos detidos por narcotráfico na Operación Mago que instruía Garzón. Case simultaneamente explotaron artefactos en propiedades de Laureano Oubiña, Manuel Charlín, Narciso Fernández Hermida e Ramiro Sánchez Casas, así como a sucursal bancaria na que Oubiña realizou diversas operacións financeiras. Pero a bomba que colocaron Xosé Ignacio Villar e Lola Castro na discoteca Clangor (Santiago de Compostela), programada para cando o local estivese baleiro, activouse antes de tempo por mor da vibración dos altofalantes, provocando medio centenar de feridos e a morte de Xosé e Lola, e unha terceira persoa, que sería a segunda e última vítima mortal nun total de 90 accións do EGPGC que tiñan por pretensión causar danos materiais.

Causa Galiza organiza actos en memoria de Xosé e Lola en 2014 e 2015, a quen circunscriben na loita independentista. Segundo o criterio do Ministerio Fiscal, que a celebración reivindique a figura política destas persoas polo día da súa morte implica unha subscrición e defensa dos seus métodos de acción política, e en base a isto a formación política que o organiza pasa a considerarse criminal, e en consecuencia debe ser ilegalizada e os membros acusados incorren en delito de pertenza a organización criminal. Deste xeito, considera que a organización, a participación ou mesmo a mera asistencia incorren en delito de enaltecemento do terrorismo, que no caso de Antom, Borxa, Joam e Salvador ten en conta dobremente por participaren nas dúas ocasións. Por exemplo, a José Antom a Fiscalía exclusivamente lle atribúe a asistencia á celebración de 2015, e con tal motivo solicítalle un total de seis anos: dous anos por enaltecemento e catro por integración en organización criminal.

A organización, a participación ou mesmo a mera asistencia incorren en delito de enaltecemento do terrorismo.

O Ministerio Público mantén a tese de que Causa Galiza xustificaría a Resistência Galega, e para iso emprega a documentación incautada, nalgúns casos dun xeito un tanto difícil de comprender. Por exemplo, no caso de Antom considera que un documento sobre a loita independentista dos anos 80, un libro sobre infiltración policial no independentismo galego e a fotografía dunha pancarta con 13 fotogramas de independentistas galegos entre os que a Fiscalía cita exclusivamente a Lola e Xosé proban este “apoio e xustificación de Resistência Galega”, pero nin Resistência Galega existía nos anos 80, nin Lola e Xosé gardaban ningunha relación con tal grupo, nin se explica que o libro verse sequera sobre el. No caso de Joam, incáutase un cartel co lema “defender a terra nom é delito”. Esta frase, continúa o auto, “foi utilizada en ocasións pola contorna independentista radical galega e pola organización terrorista Resistência Galega”, un razoamento xurídico que obedece ó mesmo patrón que incrimina o uso de frases como “alde hemendik” —“que se vaian”— en Euskal Herria: un grupo declarado terrorista emprega un lema popular de uso estendido pola tendencia política á que se adscribe, e o uso deste lema por calquera pasa a ser delito vinculado ó terrorismo.

RECIBIMENTOS A PRESOS INDEPENDENTISTAS

Aplicando unha argumentación similar, a Fiscalía considera que sete recibimentos a presos independentistas entre os anos 2008 e 2017 nos que participan membros de Causa Galiza e Ceivar – OPAR (Organismo Popular Anti-Repressivo) constitúen “enaltecemento e xustificación dos terroristas galegos”, se ben seis deses sete recibimentos son previos a que a Audiencia Nacional declarase a existencia dun grupo terrorista denominado Resistência Galega, que tería iniciado a súa actividade en 2005. Este enaltecemento xustifícao en base á alegría manifestada nestes actos polo excarceramento dos presos e pola “volta a Galiza e á loita”, á marxe dos feitos concretos que se lles atribúan —que en ningún caso van máis alá de danos materiais—, dos que a Fiscalía non recolle que se faga ningunha valoración positiva.

Sen indicios que apunten o contrario, o que se relata no auto parece encaixar máis ben na acollida destas persoas na militancia política desentendéndose, para ben ou para mal, dos feitos que se lles imputan, o cal debería estar amparado polo principio de reinserción. De feito, a AVT, o PPdeG e o entón alcalde de Santiago de Compostela levan á Audiencia Nacional unha convocatoria similar en 2008 da que farían parte Ugio Caamanho e Xiana tras seren condenados, na que se solicitaría a liberdade provisional para dous presos e o achegamento ás prisións galegas, sendo precisamente Eloy Velasco o xuíz que, de acordo co criterio do fiscal, resolvería que isto se enmarcaba dentro do dereito á liberdade de expresión.

Estes actos organízaos Ceivar, de xeito que, analogamente, o Ministerio Fiscal considera que é unha organización criminal para a comisión de enaltecemento de terrorismo, pedindo así a súa ilegalización e solicitando catro anos por pertenza a organización criminal ós membros investigados na causa, ademais de dous anos por enaltecemento do terrorismo por cada vez que organizaron, participaron ou asistiron a algún destes actos. Así, solicita para Íria dous anos por comunicar á Subdelegación do Goberno o acto de recibimento a Vigo Domínguez e Sánchez Gorgas ó que non hai constancia sequera de que acudise, que sumado á asunción de tarefas similares para realizar outros dous actos ós que si que asistiría e á integración en grupo criminal dá un total de 10 anos.

Segundo o seu criterio, Ugio Caamanho incorre tamén en enaltecemento por referirse “ós que non podían estar” no acto de acollida que el mesmo recibe ó saír de prisión provisional, e por agradecer o apoio e lembrar os “perseguidos” e os presos na acollida que recibe tres anos máis tarde tras cumprir condena. Solicítalle tamén outros dous anos por portar unha pancarta de Ceivar co texto “liberdade presos independentistas” no recibimento a Héctor José Naya Gil en 2012, que tres anos máis tarde sería absolto polo Tribunal Supremo por falta de probas tras ser condenado a once anos pola Audiencia Nacional. Porén, a Fiscalía segue sostendo que o acto de recibimento constitúe un delito de enaltecemento, tanto para Ugio como para Óscar Gomes, para quen as peticións de prisión ascenden nos dous casos a 12 anos en total.

"Dous anos por portar unha pancarta de Ceivar co texto “liberdade presos independentistas”

Seis días antes Afonso pronuncia un discurso no recibimento a Vigo Domínguez e Sánchez Gorgas no que se alegra pola saída de prisión de Héctor Naya e Júlio César Suárez Sayans, detención esta última coa que a Policía Nacional dicía ter rematado co aparello de financiación de Resistência Galega, pero o certo é que en 2014 a Audiencia Nacional tamén arquiva esta causa. Isto tamén é, a ollos da Fiscalía, motivo de dous anos de cárcere. A petición total tamén é de 12 anos.

Ademais, o delito de enaltecemento polo recibimento a presos aplícao tamén ós membros de Causa Galiza investigados na causa que asisten a estes actos organizados por Ceivar. É o caso de Joam Peres, para quen solicita dous anos por dar a benvida a Ugio Caamanho, e outros dous por portar unha fotografía de Roberto Rodrigues Fialhega e unha pancarta que rezaba “nem dispersom, nem incomunicaçom: liberdade presos independentistas” noutro destes recibimentos. Isto súmase á pertenza a Causa Galiza e participación nos seus actos, ata outro total de 12 anos.

RESISTÊNCIA GALEGA, UN CONCEPTO

A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase en base á vinculación destas organizacións con Resistência Galega, unha conexión nada clara desde o principio da instrución que remata por reducirse a un suposto apoio e xustificación das súas accións. Pero mesmo a existencia de tal organización terrorista, un recurso do que botar man para ilegalizar aquilo que se especule que podería conformar a súa contorna, resulta controvertida. Se queres ler máis sobre isto fai clic aquí:
Represión
Resistência Galega, un concepto
A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase na vinculación destas organizacións con Resistência Galega. Pero mesmo a existencia deste grupo é controvertida.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Nacionalismo galego
A pesar das opinións de ‘The Economist’, Galiza é un sitio distinto
Os autores contestan un recente artigo publicado en ‘The Economist’ no que, na súa opinión, se gababa a xestión de Alberto Núñez Feijoo e se negaban os graves problemas polos que atravesa a lingua galega.
Opinión
Saúde, abrazos e Marvin Gaye
Por enriba das nosas cabezas sobrevoa unha nube que está poñendo a proba difíciles equilibrios.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.