Teto Fialhega sae de permiso tras 12 anos preso por pertenza a unha “banda terrorista” sen estrutura coñecida

Roberto Rodrigues Fialhega convértese no primeiro preso do Colectivo de Presas Independentistas Galegas en acceder a beneficios penitenciarios logo de mudar a estratexia colectiva das reclusas e tras varias solicitudes denegadas.
teto resistencia galega
Roberto 'Teto' Rodrigues Fialhega en 2018 durante un vis a vis familiar. | Cedida pola familia.
29 dic 2023 11:00

Logo de 12 anos na cadea polo que a Audiencia Nacional e máis o Tribunal Supremo decidiron chamar pertenza a unha “banda terrorista” á que xamais se lle imputaron nin mortos nin feridos nin estrutura coñecida, Roberto 'Teto' Rodrigues Fialhega convértese, este venres, no primeiro preso independentista galego en saír de permiso do cárcere de Teixeiro (A Coruña). Teto Rodrigues é o primeiro dos reclusos do Colectivo de Presas Independentistas Galegas (CPIG) que consegue acceder a beneficios penitenciarios logo de mudar a estratexia colectiva do CPIG e tras varias solicitudes denegadas. Dende hoxe, terá seis días, apenas unha semana, para poder desfrutar dalgún tempo en liberdade.

Fontes achegadas a Fialhega explican ao Salto os pormenores de como, malia o cambio de estratexia do colectivo de presas, o Ministerio de Interior, non facilitou as primeiras solicitudes de permiso. Logo dunha primeira denegación, Fialhega viuse na obriga de argumentar, nun escrito de queixa, como a suposta organización terrorista, Resistência Galega, por cuxa integración se lle condenou xa non existe desde hai anos, segundo o propio testemuño das forzas e corpos de seguridade do Estado, os sucesivos informes do Ministerio Fiscal e as propias sentenzas da Audiencia Nacional: “En Galiza non existe ningún fenómeno de violencia independentista. A última acción da resistencia galega remóntase ao ano 2014”.

De feito, foi en 2013 cando a Audiencia Nacional estableceu como probada a existencia de Resistência Galega como organización terrorista. Foi precisamente durante o xuízo ao propio Teto Rodrigues Fialhega, Maria Osório, Eduardo Vigo Domínguez e Antom Santos. Unha sentenza que volveu ratificar o Tribunal Supremo un ano despois, non sen grandes críticas dende boa parte dos movementos sociais galegos e máis os partidos políticos á esquerda do PSOE. Co paso dos anos, o fío da análise xudicial dos poucos feitos probados segue a verse coma un exercicio de elocuencia xudicial certamente dramática para as presas.

Segundo a sentenza da Audiencia Nacional, o grupo terrorista tería xurdido en xullo de 2005 coa publicación anónima do Manifesto pola Resistência Galega, no cal se avogaba polo uso da violencia contra bens materiais. Posteriormente, levaron a cabo acciones contra sucursais bancarias ou sedes de partidos políticos, segundo o testemuño dun Segundo manifesto pola Resistência Galega publicado en 2011. En ningún dos manifestos se reivindicou a existencia dun grupo armado con ese nome. Como demostrou na súa tese de doutoramentoA construción mediática do conflito político en Galicia: o tratamento de Resistencia Galega na prensa, a investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Helena Domínguez, a atribución deste nome a unha presunta estrutura terrorista considérase unha construción mediática e, dende logo, xudicial.

Teto Fialhega e máis Eduardo Vigo cumplen unha condena de trece anos e nove meses de cadea desde decembro de 2011, cando foron detidos nun control nunha estrada de Vigo (Pontevedra). A ningún dos dous se lles probou a comisión de ningún atentado nin ningún dano nin material nin persoal e, porén, como lembraba o xornal Galiza Livre estes días, “son os presos que mais estancia ininterrumpida teñen vivido en toda a historia do nacionalismo galego”. 

En ámbalas dúas sentenzas, acredítase a tenenza dalgún explosivo de fabricación caseira, mais sobre todo documentación de índole política e manuais de resistencia civil que lle serviron á xudicatura para fiar a construción conceptual dunha suposta organización terrorista, a única ademais de ETA, recoñecida como tal naquela altura polo Estado español. Pero en ningunha das dúas sentenzas se acreditou estrutura organizativa nin humana algunha, algo que tanto os colectivos de presas como os movementos antirrepresivos galegos e as propias condenadas, ata hoxe, sempre defenderon.

Como se explicaba na escasa prensa prensa crítica da época, o xuízo contra estes catro independentistas marcou un antes e un despois en Galiza, xa que, por primeira vez, considerouse probada a existencia dunha banda armada terrorista. Xunto a ese consenso, o segundo vector do discurso do Estado foi o da criminalización das prácticas cotiás. Os comportamentos que se consideraban anómalos ou socialmente atípicos convertéronse en probas do delito. A estratexia da fiscalía foi aplicar o que se chama “dereito penal do inimigo”, é dicir, castígase non polas accións cometidas, senón polas que se poden chegar a cometer.

Represión
Resistência Galega, un concepto
La operación contra Causa Galiza y Ceivar se articula en base a la vinculación de estas organizaciones con Resistência Galega. Pero incluso la existencia de este grupo resulta controvertida.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...