Residencias de mayores
O entramado das residencias de maiores DomusVi, intereses moi persoais

Dúas residencias de DomusVi intervidas pola Xunta con recursos públicos durante a pandemia do coronavirus. Descoñecemento do número de falecementos. Familias indignadas que acabarán levando aos tribunais á empresa. Conexións persoais e políticas detrás dun negocio millonario a base de recortes, contratos que absorben pensións e recursos familiares, salarios moi baixos e unha defensa pechada desde as autoridades.

Militares residencias de maiores
Militares entrando na residencia DomusVi de Barreiro (Vigo). Miguel Núñez
10 jun 2020 12:44

O Estado do benestar español “esqueceu” os coidados á xente maior. Os motivos? Hai quen apunta unha esperanza de vida máis longa, por tanto máis coidados, por tanto máis investimento estatal. Aí entraron as residencias privadas que aliviaron os orzamentos en dependencia durante anos. Así naceron as fundacións sen ánimo de lucro e as que si tiñan ánimo de lucro. Estas últimas funcionan como as empresas que son, mirando o máximo rendemento co menor custo posible. Isto foi, para moitos familiares de usuarios e usuarias, a chave que abriu a porta ao coronavirus para entrar nas residencias de maiores, sobre todo privadas.

Coronavirus
Residencias de maiores, negocio ou mala praxe?
A Xunta toma o control de dúas residencias de maiores onde o número de contaxios de SARS-CoV-2 desbordou as posibilidades materiais e humanas do persoal.

INTERVENCIÓN

A actual CEO de DomusVi en España é Josefina Fernández Miguélez e moitas son as voces que apuntan ás súas relacións coa política, o que lle permite dirixir este holding desde Vigo para todo o Estado. En Galiza un grande número das residencias privadas están baixo a súa dirección, mais tamén residencias de titularidade pública están agora mesmo a ser xestionadas pola empresa dirixida por Fernández Miguélez.

As residencias DomusVi sempre foron moi cuestionadas por familiares e por empregadas. Os primeiros porque consideraban que o trato recibido polos seus parentes usuarios non era o axeitado, e as segundas –tratase dun sector moi feminizado– apuntaban aos baixos salarios, á falta de persoal necesario para atender as persoas usuarias (rateo, unha xerocultora por un número determinado de usuarios) e ás condicións “lamentables” apuntadas tanto no servizo de comida como cos coidados que precisaban as persoas usuarias.

O 30 de marzo de 2020, en vista da cantidade de persoas maiores falecidas pola COVID-19, a Xunta de Galicia decide a intervención das residencias de Aldán en Cangas do Morrazo e de Barreiro en Vigo, as dúas do grupo DomusVi. Persoal do SERGAS, do Consorcio Galego de Benestar e doutros departamentos, descubriron “un desastre” segundo algúns deles, “con roupa mesturada que non sabías cal estaba infectada ou non” e deficiencias en atención ante a falta de persoal.

As residencias DomusVi sempre foron moi cuestionadas por familiares e por empregadas.

A Xunta decide poñer xerentes públicos nas residencias que intervén. Segundo apuntaron empregadas da residencia de Aldán, o responsable de DomusVi para o Noroeste de España, Pedro Fernández Miguélez, irmán da xestora de DomusVi España, Josefina Fernández Miguélez, tivera un duro enfrontamento co responsable que puxera o executivo galego á fronte tanto de Barreiro como de Aldán, Constantino Piñeiro. A posible orixe da rifa serían os desentendementos sobre como levar os centros durante a intervención.

O goberno galego “escudou a súa intervención en garantir a saúde e vida dos residentes, se non houbese intervención habería unha masacre” apunta Paulino Campos, da Federación REDE que aglutina asociacións de familiares de usuarios. As cifras que ofrece o SERGAS (Servizo Galego de Saúde) de falecementos en residencias a día 7 de xuño de 2020 son 132 en total. “Na residencia de DomusVi San Lázaro en Santiago, houbo 50 mortes, en Aldán 37 e en Barreiro 47” sinala Campos de REDE.

Non obstante, os recontos de vítimas non son moi fiables para moitos parentes de falecidos: “Dentro dalgúns recontos faltan falecidos, cando se coñeza o número real de mortes haberá moitas reclamacións xudiciais”. Ditas reclamacións xudiciais, se se abrisen agora mesmo, en plena precampaña electoral para as autonómicas do 12 de xullo, poderían ser un elemento contraproducente para Feijóo e o PP, segundo voces ligadas ás familias que non quixeron identificarse.

AMIZADES E VÍNCULOS PERIGOSOS

Josefina Fernández Miguélez, é hoxe por hoxe a cabeza visible deste holding de empresas participadas por investidores franceses e ingleses. “Digamos que Josefina Fernández ten unha maneira moi ‘española’ de facer as cousas, usa o ‘amiguismo’, as súas conexións políticas e as súas amizades para conseguir obxectivos” describen desde REDE. Esta maneira de traballar fixo que sobre todo os investidores franceses SRS, tivesen o camiño listo para entraren nas residencias de maiores tanto en Galiza como no resto do Estado, senón posiblemente tardarían moito en entrar ou non entrarían. O mesmo se pode dicir dos investidores británicos ICG.

“Digamos que Josefina Fernández ten unha maneira moi ‘española’ de facer as cousas, usa o ‘amiguismo’, as súas conexións políticas e as súas amizades para conseguir obxectivos” describen desde REDE

Josefina Fernández recoñeceu que ela está neste negocio “gracias a Corina Porro” cando lle foi entregada, de mans do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia. Fernández, moi habilidosa entre os círculos políticos, comezou da man de Corina Porro cando esta figuraba no organigrama da Consellería de Asuntos Sociais. Aí comezou todo, unha serie de relacións con persoas influentes dentro do PP galego.

A relación Fernández-Porro comezou o seu percorrido cando as caixas de aforros tiñas as súas fundacións e obras sociais. Co tempo Corina Porro entrou no “clan de Vigo” que axudou a Feijóo a chegar á presidencia do PP galego e logo da Xunta. “Houbera unha guerra sen cuartel entre Xosé Cuíña e Feijóo para quedar coa presidencia do PP en Galicia” din as fontes de REDE. Logo da caída de Cuíña, o camiño para Feijóo estaba aberto.

Núñez Feijóo tiña entón que “recompensar” a quen lle deu o seu apoio. Por unha banda, Corina Porro, candidata do PP para a alcaldía de Vigo en 2007 —que non acadou polo pacto PSOE-BNG—, acabou no Consello Consultivo de Galicia. Oito anos despois, Porro volve a Vigo para presidir a xestora do PP local, logo de sacar só 4 concelleiros durante as municipais de 2019 e tamén foi nomeada delegada da Xunta para Vigo. Cesada dese cargo en marzo de 2020, pasou a ser parte da equipa electoral de Núñez Feijóo para as autonómicas de 2020.

Centro de Patos acondicionado para persoas maiores
Corina Porro fotografada diante da residencia de Patos, un albergue xuvenil habilitado para acoller a desprazados de residencias de maiores. Miguel Núñez
Ademais do triángulo Feijóo-Porro-Fernández, existe outro triángulo con Núñez Feijóo na súa cabeza, segundo as diferentes fontes consultadas para esta reportaxe. Cando o actual titular da Xunta aterrou en San Caetano en 2009, fíxoo con persoas da súa absoluta confianza. Entre esas persoas estaba Lucas Martinón. Licenciado en Xornalismo, actualmente Director Xeral de Comunicación, dependente da Secretaría Xeral de Medios, dirixida por outra persoa de absoluta confianza de Feijóo, Mar Sánchez Sierra.

Lucas Martinón sería o segundo vértice do segundo triángulo relacionado coa atención a persoas maiores en Galiza. O terceiro pé ou vértice é Fabiola García Martínez, actual conselleira de Política Social e muller de Martinón. Do departamento dirixido por Fabiola García dependen as residencias públicas de maiores e o Consorcio Galego de Benestar e a Inspección das residencias. Dita inspección acabou cuestionada no informe do Consello de Contas de 2017, que apuntaba sobre este particular que “non se opera de maneira garantista”.

Outra persoa apuntada é a que leva directamente os asuntos relativos ás políticas de maiores: Ildefonso de la Campa, responsable da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. De la Campa, segundo familiares de usuarios en DomusVi, é unha persoa moi próxima tamén ao círculo de Feijóo, cun amplo currículo dentro da administración galega.

A análise que fan algunhas asociacións de familiares de usuarios é que o aparello humano de Política Social foi artellado por Lucas Martinón grazas á forte conexión con Feijóo e moi posiblemente con Sánchez Sierra.

A análise que fan algunhas asociacións de familiares de usuarios é que o aparello humano de Política Social foi artellado por Lucas Martinón grazas á forte conexión con Feijóo e moi posiblemente con Sánchez Sierra. Así, dunha parte a acción da Consellería de Política Social estaría moi ligada á Presidencia da Xunta, co peso mediático que iso supón. “Tememos que o gabinete de prensa da presidencia da Xunta de Galicia estea dando ordes concretas de como os medios deben tratar o tema” din desde REDE.

A GRANDE ILUSIÓN

Con anterioridade ás primeiras mortes pola COVID-19 en residencias de DomusVi, as traballadoras da empresa levaban tempo esixindo melloras dentro da empresa. Os salarios eran ínfimos, segundo a asociación de traballadoras TREGA, os rateos de persoal eran imposibles para atender unha media de 150 persoas en quenda de noite e a falta de persoal especializado, enfermaría, medicina e psicoloxía, convertían as residencias DomusVi nunha fonte de conflitividade laboral.

Coa irrupción do coronavirus dentro das residencias que controla Josefina Fernández, a cousa foi empeorando. As carencias de persoal pasaron factura en canto mortes de persoas infectadas polo virus. “En DomusVi San Lázaro en Santiago temos 50 moretes, en Aldán, Cangas, 37 e en Barreiro, Vigo, 47” di Paulino Campos de REDE. A pesar disto, os familiares temen que o reconto final de persoas mortas por coronavirus en residencias privadas sexa moito maior.

A finais de marzo de 2020, a Xunta realiza a intervención de dúas residencias privadas propiedade de DomusVi. Desde o goberno galego “venderon a intervención para garantir a saúde e a vida dos residentes”. Parte da intervención foi o desprazamento de maiores que deran negativo nos test de coronavirus á residencia de Patos, un albergue xuvenil. Corina Porro estaba na entrada deste lugar, momento captado polos medios públicos galegos e tamén privados.

Con anterioridade ás primeiras mortes pola COVID-19 en residencias de DomusVi, as traballadoras da empresa levaban tempo esixindo melloras dentro da empresa.

Son numerosas as voces de familiares consultados para a reportaxe, que acusan á Xunta de ter feito unha manobra mediática de cara “protexer” a imaxe pública de Feijóo, da súa valía como xestor e, sobre todo, porque “ten unha obsesión por vender normalidade” din desde REDE. Estas mesmas voces ligan esa imaxe de “normalidade” á campaña electoral de cara as eleccións autonómicas para o 12 de xullo de 2020.

A tentativa de “vender a ilusión” de que se está volvendo á normalidade aínda ten que pasar por unha serie de arranxos, estiman as familias de usuarios e asociacións e sindicatos. A contratación de persoal suficiente, a contratación de especialistas, a inspección para ver de que se cumpren as normativas vixentes en todas as residencias privadas.

A día de hoxe as familias de persoas falecidas en residencias para maiores, están procurando crear unha unión de vítimas para empreder accións legais. Ditas accións recollerían desde o cobro fraudulento das mensualidades correspondentes aos meses de corentena e intervención, e tamén unha querela criminal, porque entenden que houbo unha organización xerarquizada que “ordenou ocultar material de seguridade e que non puxo o persoal suficiente para atender ás persoas usuarias”.

A ninguén se lle escapa que Josefina Fernández tería que deixar o seu cargo, que alguén debera facer presión para que deixase o seu posto en DomusVi. “Os investidores británicos están preocupados pola imaxe que se dea desta empresa” din desde REDE. A isto sumaríaselle que tiveron que ser os servizos públicos quen interviron para salvar un conglomerado privado incapaz de controlar “algo completamente inesperado”. Doutra banda, a presunta connivencia entre poderes políticos e intereses privados, empurrou, tamén presuntamente, a unha mobilización de recursos para que as consecuencias non foran máis debastadoras, din desde REDE.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Educación Pública Las interinas e interinos de Andalucía convocan una huelga por la falta de proceso de estabilización
Más de 28.000 docentes, que componen el 20% de las plantillas educativas en Andalucía, no han estabilizado su puesto a pesar de décadas de trabajar en las aulas, el 14 de mayo inician una huelga para denunciar su situación
Cádiz
Educación Pública La comunidad educativa de Jerez planta cara a los recortes de la Junta de Andalucía
Alrededor de 1.000 de personas, según la organización, salieron a las calles de Jerez de la Frontera para defenderse de las amenazas constantes del gobierno andaluz de cerrar líneas educativas y reclamar una bajada de las ratios
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.
Análisis
Análisis Después del apagón, la normalidad: crisis a la izquierda, Gobierno a la derecha
El Gobierno de coalición está cada vez más exhausto, el PP vence pero no convence, Vox permanece estático y en la izquierda ‘alternativa’ prevalece el estado de descomposición, según los datos del último CIS.
Irlanda
Lavanderías de la Magdalena Caelainn Hogan: “Las madres ‘descarriadas’ y sus criaturas eran un desafío a la autoridad de la Iglesia”
Caelainn Hogan, periodista irlandesa nacida en 1988, es autora de ‘La república de la vergüenza’, donde revela los abusos en las instituciones para mujeres que se desviaban de la norma en Irlanda.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Comunidad de Madrid
Bloques en lucha Una familia de rentistas amenaza con vaciar 24 casas del bloque Mesón de Paredes 88 en Lavapiés
Benjamín lleva 12 años en su casa, Lorena comparte piso con su hija y dos nietos de cinco y once años. Jesús lleva 50 años en un piso que ha adaptado para su discapacidad. Todo el vecindario está siendo presionado para que abandonen sus casas.
There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #4: de techo, huelgas de alquileres, vivienda cooperativa y todo lo que no sea especular
Cuarto episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre alquileres por las nubes, lo difícil que tenemos para tener un techo donde vivir, ya sea comprando o alquilando.
Kabilas de mesa camilla
Kábilas de mesa camilla Las flores no nos libran de la culpa de no ser vírgenes
Estamos maternando en una Andalucía cuajada de modelos religiosos cautivos en la lógica patriarcal, y está en nuestra mano ofrecer a la nueva generación de churumbeles una versión decente de las imágenes o una negación desfasada de lo que ven
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.
Opinión
Opinión Abolir la familia, la perspectiva de une superviviente
La familia se vende como un espacio seguro, un lugar de amor y de cuidados mutuos, algo que no corroboran los datos. ¿Hay alternativas? ¿Cómo llevamos nuestras experiencias de redes de apoyo mutuo al centro de la sociedad?

Recomendadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.