Malos ventos para a Ribeira Sacra

A instalación de dous parques eólicos en Paradela ameaza a Ribeira Sacra, candidata a convertirse en Patrimonio da Humanidade.

Riberia Sacra eolico
Instalación dunha das 27 torres eólicas que Endesa vai colocar en Paradela.
11 jul 2019 07:00

Unha filial da enerxética Endesa traballa a marchas forzadas na instalación de dous parques eólicos que cambiarán para sempre a singular paisaxe do Concello de Paradela. Veciños, políticos e expertos ofrecen unha visión que dista moito da idílica realidade presentada na campaña mediática da empresa e tamén pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta, impulsora da invasión eólica que está a sufrir Galiza nos últimos anos logo da imposición parlamentaria do PP da Lei 5/2017, xa coñecida como "Lei de Depredación".

Determiñado e sen complexos ante o que está por vir, Xan Valcárcel,  empresario de turismo rural no corazón da Ribeira Sacra,ve como os 27 aeroxeradores que suman os dous parques en instalación de Enel Green Power España —Serra das Penas e Paradela— modificarán para sempre a súa contorna e constitúen unha seria ameaza tanto para a candidatura a Patrimonio da Humanidade da zona como para o Camiño de Santiago e o pulo de atracción turística dunha das mellores paisaxes do rural galego.

Valcárcel: “A Xunta iniciou o procedemento de declaración como BIC da Ribeira sacra e tres meses despois, axilizou as autorizacións dos parques eólicos acelerando ao máximo a súa tramitación.”

“O Concello de Paradela ten un gran potencial turístico pero o ten tamén nas explotacións gandeiras, e todo isto vaise ver prexudicado coa implantación dos parques eólicos, que ademáis están ocupando terreos de moi boa calidade para a produción de forraxe. Non estou en contra da enerxía eólica, pero é fundamental que as distintas administracións deixen de facer estes atropelos e só contemplen a instalación de parques eólicos como se fai noutros lugares, dun xeito máis racional, porque este tipo de proxectos non supoñen ningunha renovación para os pobos do rural en crise demográfica, senón directamente o seu final”.

Valcárcel manifesta publicamente o seu profundo rexeitamento “á política de abuso” que está a exercer o Goberno Feijóo amparándose en leis aprobadas a medida para favorecer os grandes intereses empresariais: “A Xunta iniciou o procedemento de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da Ribeira sacra e apenas tres meses despois, axilizou as autorizacións dos parques eólicos acelerando ao máximo a súa tramitación. En qué cabeza cabe?”, manifesta visiblemente indignado.

eolicos paradela
Molino eólico en Paradela (Lugo)

Pola súa parte, Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea e portavoz nacional de Anova, considera que a indignación deste veciño de Paradela está máis que xustificada dende a aprobación sen consenso da Lei 5/2017, de fomento de implantación de iniciativas empresariais, “unha norma que acelera trámites e retira de xeito premeditado calquera tipo de obstáculo que poida afectar aos intereses das grandes corporacións dos sectores eólico, mineiro e forestal, o que ao final vai en contra da riqueza natural de Galiza a costa "dun enorme impacto paisaxístico e ambiental”.

Para o deputado “o modelo de sector eólico promovido polo Partido Popular é o modelo do espolio”, un modelo imposto contra o interese xeral “que agasalla aos grandes investidores o territorio, o vento e os beneficios producidos”, xa que “nun sector que supera anualmente unha facturación de 600 millóns de euros, máis do 85% do capital investido ven de grandes eléctricas, bancos e fondos voitre”.

Maximizar beneficios

Sánchez, que ven de visitar persoalmente as obras de instalación dos eólicos en Paradela e mantén un firme compromiso coa defensa da terra, considera que aínda que no seu momento Alberto Núñez Feijóo tivo a posibilidade de virar cara un modelo máis social e ambientalmente sostible, optou por non utilizar o vento para crear riqueza no país ou complementar as rendas da xente do rural, senón para maximizar as contas de resultados das cotizadas, “pasando por riba do interés xeral e dos dereitos de moitas das persoas afectadas por este tipo de proxectos, que sí deixan impactos pero que en pouco benefician ás economías rurais”.

Antón Sánchez: “O modelo de sector eólico promovido polo PP é o modelo do espolio (...) que agasalla aos grandes investidores o territorio, o vento e os beneficios producidos.”
Os especialistas tamén son críticos co marco regulador do sector eólico en Galiza. Investigadores como Damián Copena, da UVigo, levan anos alertando que as políticas levadas a cabo neste eido por parte da Xunta concederon ás empresas promotoras importantes vantaxes entre as que figura a declaración de utilidade pública e o dereito de expropiación, imposibilitando ao mesmo tempo o desenvolvemento dos parques eólicos comunitarios e a participación efectiva dos axentes locais nos procedementos de planificación e decisión, o que rematou por limitar de maneira definitiva as posibilidades dinamizadoras da enerxía eólica eólica e os seus posibles efectos positivos para favorecer o crecimento a nivel rural.

OPORTUNIDADE PERDIDA PARA AS COMUNIDADES

A realidade actual está a demostrar que o desenvolvemento da enerxía eólica a nivel galego é unha oportunidade perdida para o fortalecimento do medio rural e as súas xentes, unha actividade que pode interferir e interfire noutros sectores productivos e resulta ambientalmente insostible en moitos casos.

Mentres tanto, as grandes eléctricas xeran beneficios e repiten o mantra dos milleiros de familias aos que darán subministro eléctrico de enerxía renovable en aras da loita contra o cambio climático. No caso de Endesa, cunha central térmica a pleno rendemento en As Pontes que neste momento é o maior emisor de CO2 a nivel do Estado.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...