Decrecimiento
Adeus sustentabilidade, ola resiliencia

Hai quen apunta que o obxectivo da sustentabilidade xa non é posible e compre substituílo por un novo: a resiliencia.

Resiliencia_1

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 feb 2019 06:12

É ben coñecida a definición do concepto de sustentabilidade, a partir do Informe Brundtland de 1987: a capacidade (da sociedade) de satisfacer as necesidades das actuais xeracións sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfaceren as súas. Na realidade, do que falaba aquel informe preparado baixo a dirección da primeira ministra norueguesa para a ONU baixo o título de O noso futuro común, era concretamente do desenvolvemento sustentable, unha auténtica contraditio in terminis ou oxímoro, como se ten denunciado desde entón, principalmente desde o movemento a prol do Decrecemento e desde a Economía Ecolóxica. Porén, se deixamos de lado o aspecto de desenvolvemento/crecemento sobre o que xa falaramos anteriormente neste blog e nos centramos na visión das sociedades sustentables, veremos que desde aquel 1987 o concepto sufriu varios procesos de desvirtuación. Por unha banda, un partillamento inherentemente contraditorio en tres tipos de sustentabilidade: a económica, a social e a ecolóxica, o cal nega o carácter integral da sustentabilidade de calquera sistema, e favorece unha visión parcial e illada das tres esferas, na realidade insertas unhas dentro das outras e absolutamente retroalimentadas. E aínda por riba, o termo sufriu o clásico proceso de asimilación/deturpación polo propio sistema insustentable que apuntaba a mudar, e hoxe en día está tan baleiro de contido que tanto colocan o adxectivo sustentable unha empresa coma ENCE, como unha lei de economía convencional como foi a aprobada polo Goberno Zapatero en 2011, ou mesmo se chega a falar de conceptos que atentan contra o máis básico sentido común, como a ‘minaría sustentable’. De aí que os maiores defensores da idea inicial de sustentabilidade falen dunha interpretación débil dela.

O concepto de sustentabilidade foi partillado e desvirtuado. Con todo, o máis grave é que xa non resulta útil, por imposible.

Con todo, a cuestión máis grave vencellada con este concepto na actualidade, é que podería xa ser inútil, mesmo na súa concepción forte. Un dos pescudadores máis relevantes que cuestionou que a sustentabilidade siga a ser viable é precisamente un dos autores principais dun estudo pioneiro sobre a cuestión, o Limits to Growth, publicado en 1972 polo Club de Roma e realizado por un equipo do MIT e que fora dirixido por unha muller: Donella Meadows. Ben, pois precisamente o seu viúvo e co-autor daquel informe, Dennis Meadows, afirmou en 2012, nunha conferencia organizada polo propio Club de Roma para conmemorar as catro décadas daquela publicación seminal na advertencia sobre a insustentabilidade do modelo civilizatorio, que a sustentabilidade fora posible durante as primeiras décadas posteriores á publicación daquel libro, mais que a día de hoxe xa non o era. Noutras palabras: se a sustentabilidade pretendía evitar o choque da nosa civilización cos límites planetarios, agora xa é tarde para evitar o impacto por moito que pisemos o freo, e o que cómpre é preparármonos para que ese choque implique o menor sufrimento social e ecolóxico posible. Así logo, Meadows propón como obxectivo alternativo o da resiliencia. Este termo, que vén sendo usado desde ámbitos tan diversos como a enxeñaría, a ecoloxía ou a psicoloxía, mide a capacidade dun individuo, organización ou sistema para resistir un impacto ou trauma importante sen perder as súas funcións principais. A súa representación simbólica adoita ser a árbore flexible, coma a abeleira ou o salgueiro que se dobran ante o vendaval, para non romperen. Isto é: o científico de sistemas estadounidense proponnos fortalecer as nosas sociedades para que sobrevivan nas mellores condicións posibles a un colapso sistémico que xa non se pode evitar, é dicir, para que sobrevivan á súa propia e irreversible insustentabilidade.

Resiliencia_2

Lonxe deste diagnóstico, os gobernos máis progresistas aínda enchen hoxe o seu discurso coa palabra sustentabilidade e enmarcan pretendidamente as súas accións nun plan mundial co aval da ONU: a Axenda 2030 ou Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable. É dicir, se as advertencias de Meadows e outros están no certo, estarían apuntando as súas políticas cara a algo que, ademais de ser internamente incoherente, xa non sería factible, porque xa chegariamos tarde.

Os discursos e programas políticos seguen a abusar do termo sustentable, e apenas recoñecen o que foi proposto como substituto: a resiliencia.

Porén, paseniño, o concepto de resiliencia vaise abrindo paso, non só no mundo académico, senón tamén empresarial, urbanístico, das estratexias de seguridade nacional, etc. Así, en Estocolmo vén traballando nestas cuestións desde 2007 un importante centro de investigación. Un dos principais webs sobre o colapso ecosocial en lingua inglesa ten por nome Resilience.org. O movemento das Localidades en Transición fai da resiliencia un eixo central da súa transformación desde abaixo de vilas e cidades. En Andalucía púxose en marcha en 2017 unha campaña de sensibilización e debate social centrada na resiliencia con apoio do anterior goberno do PSOE, que xa se levaba preparando desde 2015. E tamén en Galiza tentamos ir sementando este novo concepto desde colectivos como o Instituto Resiliencia e mais o CSS. Por desgraza, aínda está ausente das propostas dos nosos gobernos locais, autonómicos ou centrais, maila ser un termo que inza algún documento presentado desde alianzas xurdidas do mundo da ciencia e do activismo e dirixidas ao Ministerio de Transición Ecolóxica español. Daranse de conta demasiado tarde os nosos gobernos de que xa chegamos demasiado tarde a aquel fermoso pero xa imposible obxectivo da sustentabilidade?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.