Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Fábrica abandonada_2

Coordinador do Instituto Resiliencia

11 ene 2019 06:00

No mundo real, natural, o crecemento é un fenómeno sempre autocontido, limitado. A maioría dos seres vivos pasa por unha fase de crecemento máis ou menos rápida (a infancia e a adolescencia no caso dos seres humanos), que chegada ao punto determinado vai parando até se deter nun tamaño óptimo, final (a etapa adulta ou madura, no caso humano e doutros animais), no cal o metabolismo reorientase a manter, nas mellores condicións posibles, un estado estacionario. Isto aplícase tamén ás agrupacións de seres vivos e aos ecosistemas. As únicas excepcións a isto son o cancro e as pragas, fenómenos puntuais nos que un crecemento irrefreable e explosivo (das células dun organismo ou dunha poboación de insectos) acaba provocando, polo xeral, a morte do hóspede ou un colapso na poboación que virou praga, cando esgota o xute de enerxía que a fixo posible e perece en masa.

As únicas excepcións ao crecemento limitado no mundo natural son o cancro e as pragas.

Agora cómpre preguntármonos: cal destes é o modelo que segue a chamada civilización industrial ou capitalista, hoxe hexemónica no planeta? Á vista do consenso que guía as políticas económicas e do funcionamento autónomo do mercado capitalista —conducido pola perpetua procura de beneficios sempre maiores e pola reprodución do capital—, non cabe outra resposta: a nosa civilización segue o modelo do cancro e das pragas, isto é, medrar indefinidamente até destruírmos por completo aquilo que nos serve de sustento.

Quere isto dicir que ese crecemento continuo, obsesión das nosas clases políticas e económicas, tanto á esquerda como á dereita (con excepcións aínda minoritarias), obxectivo de todo tipo de indicadores macroeconómicos (comezando polo Produto Interior Bruto, auténtico tótem-guía do mito do progreso perpetuo), vai ter que se deter nalgún punto, queiramos ou non. E ese punto, dinnos cada vez máis voces, é agora. Mais cales son os muros principais contra os que se está a esfarelar o soño dun crecemento infinito nun mundo finito?

Fábrica abandonada_1

Sen dúbida, o principal é a enerxía. Todo metabolismo (unha célula, un organismo, un ecosistema, unha sociedade humana) precisa dunha entrada de enerxía para funcionar. Se o metabolismo é dun sistema en crecemento (unha crianza humana, por exemplo) precisará unha achega tamén crecente de enerxía e recursos (alimento). Se a enerxía deixa de aumentar, o crecemento detense e comezan os problemas, que poden derivar na enfermidade ou mesmo na morte ou colapso dese sistema. No caso da civilización humana actual podemos comprobar en calquera gráfica que represente simultaneamente o crecemento do PIB (mundial ou nacional) e da enerxía consumida, que ambas as dúas medran en paralelo, ou máis ben, a elevación do consumo de enerxía precede (é condición previa) ao medre da produción de bens e servizos medida por ese indicador econométrico. A correlación é practicamente absoluta. É dicir, só o crecemento no consumo de enerxía fai posible o crecemento da economía.

Se a enerxía deixa de aumentar, o crecemento detense e comezan os problemas, que poden derivar no colapso do sistema.

Porén, achámonos nun intre histórico inédito. O consumo de enerxía xa non pode seguir a medrar máis. Iso é así pola conxunción de varios factores: en primeiro lugar a enerxía fósil, ese descomunal tesouro enerxético que atopou a nosa especie e queimou a un ritmo desenfreado desde mediados do século XIX, está chegando nestes momento ao seu teito máximo, ao chamado cénit, a partir do cal cada ano achegará menos enerxía neta á sociedade; isto é debido a que os xacementos en uso van esgotándose por causas puramente xeolóxicas (son finitos, lembremos), e os que van quedando son a cada paso máis custosos de explotar por causas termodinámicas, o cal implica que leva máis enerxía extraerlles enerxía útil para a sociedade. Por outra banda, as chamadas enerxías renovables (en realidade sistemas non renovables de captación temporal de fluxos de enerxía renovable) teñen diversas limitacións que fan que sexa unha quimera substituír totalmente o nivel de consumo enerxético actual que nos dan as fósiles (+ uranio), e moito máis aínda pretender alimentar dunha maneira crecente o metabolismo industrial. E finalmente, aínda que a enerxía dispoñible non fose diminuír, se concordamos en que é preciso e urxente determos as emisións de gases de efecto invernadoiro, non queda outra que reducir o consumo enerxético no seu conxunto.

Fábrica abandonada_3

Outros muros que empecen a continuidade do crecemento son a saturación dos sumidoiros (mudanza climática, acidificación dos océanos...), o esgotamento dos minerais, a perda de solo fértil, auga potable e biodiversidade, etc. Cal é, logo, o efecto conxunto destes límites? O crecemento económico vaise deter de maneira permanente, a non tardar moito. Mesmo as institucións do business-as-usual advirten xa de que o crecemento "tocou teito".

As políticas actuais orientadas á procura do crecemento económico son totalmente inadecuadas á realidade enerxética.

Quere isto dicir, en primeiro lugar, que as políticas actuais orientadas á procura do crecemento económico (do 3% ou máis) son totalmente inadecuadas para a realidade enerxética que vivimos. Outra consecuencia é que o sistema monetario-financeiro actual, baseado na creación de débeda que debe ser devolta con xuros e, polo tanto, parte do suposto de que no futuro o conxunto da riqueza económica será meirande ca no presente, deixa de ser viable. Unha terceira conclusión é que a partir de agora o único crecemento que poderá experimentar unha economía será a conta de quitarlles recursos e enerxía a outras economías, co cal os conflitos internacionais entre países que teimen no obxectivo do crecemento semellan inevitables; e, en todo caso, ese crecemento espoliador non poderá continuar indefinidamente, pois máis tarde ou máis cedo acabará batendo contra os límites planetarios. Ademais, os gobernos que non estean dispostos a aceptar que é preciso modificar o sistema operativo que guía o noso metabolismo socioeconómico, van recorrer a todo tipo de trucos para demorar ou agachar o que está a suceder (modificación da contabilidade do PIB, confianza cega na "eficiencia enerxética" e na "desmaterialización da economía", poñer como escusas a loita contra a mudanza climática ou a saúde para imporen medidas de aforro enerxético e de estirar os derradeiros combustibles fósiles, procura de vítimas expiatorias internas ou externas...). E, por último, os propios aparatos estatais van ter crecentes dificultades para financiar os servizos públicos (Estado do Benestar: saúde, ensino, pensións...) por medio dos impostos, proporcionais á actividade económica nacional.

Ningún goberno no plano internacional semella disposto a afrontar de maneira transparente e contundente esta situación, da que sen dúbida teñen sobrada información. Apenas se comezan a atopar indicios de mudanza por algures: Bután instituíu en 2008 a Felicidade Nacional Bruta como alternativa ao PIB; no Reino Unido unha comisión parlamentar leva estudando os "límites ao crecemento" desde 2016 e publicaron informes coma o que o profesor da USC Ramom Flores traduciu ao galego e que foi publicado ese mesmo ano por Véspera de Nada; no 2017, en plena preparación para o referendo de autodeterminación en Cataluña, a CUP levou unha proposta a prol dunha República Decrecentista ao parlamento catalán; no pasado mes de setembro tivo lugar no Parlamento Europeo por vez primeira unha conferencia sobre Poscrecemento; durante a actual preparación dunha Lei de Transición Enerxética e Mudanza Climática por parte do goberno español, un grupo de científicos e activistas advertiu ao ministerio de que "realizar unha Transición Enerxética a un sistema baseado só en renovables, esixe unha Transición Metabólica a un sistema económico poscrecemento de menor metabolismo" e reclamou a declaración dunha "situación de emerxencia". Primeiros pasos cara a unha imprescindible viraxe radical da nosa economía para adaptarse á realidade antes de chocar contra ela a toda velocidade. Precisamos redefinir socialmente unha prosperidade sen crecemento.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Cinco ideas decrecentistas frente al apagón
El autor de ‘La espiral de la energía’ (Libros en Acción, 2014) reflexiona sobre las lecciones que se pueden extraer del corte de suministro eléctrico del pasado 28 de abril.
Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.