Crisis energética
Jimmy Carter, pioneiro da resposta á crise enerxética

O pasamento do que foi o 39º presidente dos Estados Unidos de América semella un bo intre para lembrar o seu discurso de 1977 sobre a enerxía no que se adiantou ás políticas que hoxe comezan a desenvolver sen moitas ganas os nosos gobernos.
Jimmy Carter con Anwar es-Sadat en 1980
Jimmy Carter con Anwar es-Sadat en 1980. Foto: Warren K. Leffler, Wikimedia Commons. (Licencia Pixabay)

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

30 dic 2024 15:00

O 18 de abril de 1977, Jimmy Carter, o presidente dos Estados Unidos de América (EUA) da altura, deu un discurso televisado para presentarlles o seu programa enerxético aos seus compatriotas. Na alocución enfrontou con valentía o tema. Explicou con claridade a situación dun xeito no que aínda hoxe, ningún mandatario dun país industrializado foi capaz de falar do colapso civilizatorio que estamos a sufrir. A crise do petróleo de 1973 puxera patas arriba as sociedades industrializadas e na altura o informe Os límites do crecemento do Club de Roma xa levaba tempo circulando entre os gobernos e organismos internacionais polo que o mandatario dos EUA quixo afrontar o problema contando con todos os coñecementos científicos que tiña aínda que tamén estivo influenciado por non poucos dos seus prexuízos capitalistas e industrialistas.

Carter comezou sen medias tintas: “Esta noite quero ter unha conversa desagradábel con vostedes sobre un problema que non ten precedentes na nosa historia, sen contar a guerra este é o maior desafío ao que se enfrontará o noso país durante a nosa vida. A crise enerxética aínda non agromou, mais farao se non actuamos axiña. Este é un problema que non poderemos resolver nos próximos anos e é probábel que empeore de xeito progresivo durante o resto do século”. E proseguiu cunha explicación ben sinxela: “Simplemente temos que axustar a nosa demanda de enerxía aos recursos dispoñíbeis, recursos que se están a reducir dun xeito rápido” porque “se actuamos agora podemos controlar o noso futuro no canto de que sexa o futuro o que nos controle a nós”. Centrouse, como hoxe están a facer os científicos, en que a solución ao problema estaba na demanda, no consumo de enerxía, a única variábel administrábel, e non na súa produción fisicamente limitada e finita e sobre a que o ser humano non poder intervir.

O goberno de EUA de 1977 quixo afrontar o problema enerxético contando con todos os coñecementos científicos que tiña aínda que tamén estivo influído por non poucos dos seus prexuízos capitalistas e industrialistas.

Con valentía cualificou de “impopulares” as medidas do programa enerxético que ía presentar no Congreso. Recoñecía que implicarían grandes sacrificios para a cidadanía pero aseguroulles aos seus administrados que non podían agardar máis para adoptar “as drásticas medidas” e que no caso de non tomalas “a alternativa será unha catástrofe nacional”. Enviou unha mensaxe directa ás persoas “negacionistas” da época: “sei que algúns de vostedes dubidan de que nos atopemos nunha situación de escaseza real de enerxía [...] máis o noso problema enerxético é peor agora que en 1973 ou hai unhas semanas no medio do inverno [...] e é peor porque pasou o tempo sen que planificásemos o futuro”.

A continuación o presidente dos EUA describía a dependencia do seu país das enerxías fósiles dun xeito que asinarían os Margarita Mediavilla, Jorge Riechman ou Alicia Valero da época: “O mundo non se preparou para o futuro. Durante a década de 1950, a xente usaba o dobre de petróleo que durante a década de 1940. Nos anos 1960, utilizamos o dobre que nos 1950. E en cada unha desas década consumimos máis petróleo que en toda a historia da humanidade [...] Cada novo reconto das reservas mundiais de petróleo é máis inquietante co anterior. A produción mundial probabelmente poida seguir medrando durante outros seis ou oito anos. Pero nalgún intre da década de 1980, xa non poderá medrar máis. A demanda superará a produción. Non hai alternativa a isto. Mais si temos a alternativa de decidir como pasaremos o vindeiros anos. [Os estadounidenses] desperdiciamos máis enerxía cá que importamos. Co mesmo nivel de vida, usamos o dobre de enerxía ca outros países coma Alemaña, Xapón ou Suecia. A outra opción, sen dúbida, é seguir a facer o que estamos a facer: poderíamos continuar así uns cantos anos máis”.

O escenario que proxectaba o goberno de Jimmy Carter partía da crise do petróleo e prevía un subministro enerxético autosuficiente dos EUA. Nunha época na que os demais países extractores de petróleo usaban o prezo do hidrocarburo como unha arma económica, Carter non quería depender doutros Estados. Mais o programa tamén tiña en conta o cénit do petróleo: “dentro de 10 anos, non poderemos importar petróleo abondo de ningún país, a ningún prezo aceptábel”, proclamou o presidente.

O panorama que describía Carter hai 47 anos, coincide coas “crises aniñadas” que Antonio Turiel estuda no seu ensaio Sin energía. Para Turiel as nosas sociedades están a sufrir unha serie de crises intimamente vencelladas (as crises do gasóleo, dos materiais, dos alimentos e a espiral da inflación) nacidas todas da crise da enerxía e que se non se solucionan serven para alimentala e facela cada vez máis profunda. O presidente americano explicou no seu discurso: “se non actuamos xa, as nosas fábricas non poderán manter os postos de traballo por culpa da redución do subministro de combustíbeis. [...] Non estaremos preparados para manter o noso sistema de transporte funcionando con automóbiles máis pequenos e eficientes e unha mellor rede de autobuses, trens e transporte público [...] Sentiremos unha presión cada vez maior para saquear o medio ambiente. Teremos que ter un programa cada vez máis intensivo para construír máis plantas nucleares, extraer e queimar máis carbón e perforar máis pozos en alta mar se non comezamos a actuar agora.

“A inflación dispararase, a produción baixará, a xente perderá os seus empregos. Nacerá unha intensa competencia polo petróleo entre as nacións e tamén entre as rexións do noso propio país. [...] Se non actuamos axiña, teremos que afrontar unha crise económica, social e política que ameazará as nosas institucións libres”

O panorama que describía Jimmy Carter no seu discurso á cidadanía de 1977 coincide coas “crises aniñadas” que Antonio Turiel estuda no seu ensaio Sin energía: “se non actuamos axiña, teremos que enfrontar unha crise económica, social e política que ameazará as nosas institucións”.

Deseguido, o presidente expuxo os dez principios que van guiar a súa política enerxética, moitos dos cales anticipan os discursos hoxe asumidos, con medio século de atraso e de xeito puramente formal, pola meirande parte dos gobernos europeos. Carter, por exemplo, defendeu a protección do medio ambiente porque “os nosos problemas enerxéticos teñen a mesma causa que os nosos problemas medioambientais: a dilapidación de recursos”; falou dunha “transición xusta” avant la lettre; de que os prezos da enerxía teñen que reflectir o seu verdadeiro custe de reposición e apostou polas fontes de enerxía renovábeis. Os actuais plans da Unión Europea e das normas do Reino de España arredor da Transición Enerxética semellan copiados do programa Carter. Cal pode ser a eficacia de comezar a usar medidas axeitadas para hai 50 anos, cando a situación de colapso se agravou xa de xeito exponencial? O peor é que as normas e programas hoxe vixentes repiten tamén outros dos propósitos de Carter, moito máis absurdos xa que só tiñan como alicerce a fe no crecemento infinito: “debe continuar un crecemento económico saudábel. Só aforrando enerxía poderemos manter o noso nivel de vida e manter a nosa xente traballando. O noso programa creará centos de miles de novos postos de traballo”.

A lectura do discurso de Carter amosa o atraso co que os gobernantes adoptan as medidas para solucionar os problemas máis graves, pois mentres quen fora presidente de EUA entre 1977 e 1981 quixo aplicar algúns programas axeitados para a época explicando sen medias tintas a gravidade da situación aos seus concidadáns, os actuais gobernantes non son quen de explicar a catástrofe que estamos comenzando a vivir nin de adoptar medidas máis que cosméticas (moitas delas puideron ser útiles en 1977 pero xa hai décadas que deixaron de ser eficaces) para non asumir a responsabilidade das mudanzas que teremos que facer nas nosas sociedades quer por decisións políticas quer por imposición das crises aniñadas e as súas consecuencias.

Coda. O efecto Carter.

Aínda que unha das razóns pola que os políticos actuais non se atreven a nos explicar con sinceridade a situación pode atoparse tamén no caso do presidente Carter. No seu discurso de 1977, amais de tratar como adulta a cidadanía pedíndolle “sacrificios” para os que non reparou en adxectivos negativos, anunciou algo semellante a un control público das empresas enerxéticas: “por vez primeira, supervisaremos a corrección dos datos das compañías de petróleo e gas natural, de xeito que saibamos sempre a súa verdadeira produción, subministros, reservas e ganancias” e defendeu que os cidadáns que quixesen seguir a desbaratar enerxía terían que ser consecuentes: “quen insista en conducir automóbiles grandes e innecesariamente potentes terá que prepararse para pagar máis por ese luxo”.

A sinceridade do presidente non evitou que tres anos despois Carter perdera as eleccións contra Ronald Reagan, un político que nunca tratou como persoas responsábeis aos seus electores e un dos baluartes do espallamento do neoliberalismo máis salvaxe polo mundo. O resto tamén é historia.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.
Ecofeminismo
Aprendizajes de emergencia Aprendizajes de emergencia. Notas tras el apagón
El pasado lunes, nos enfrentamos de nuevo cara a cara a nuestras vulnerabilidades. Nos reconocimos, una vez más, como seres interdependientes y ecodependientes, e hicimos… lo que pudimos.
Andalucía
Resumen 2024 Estas son las cuatro crisis sin resolver en Andalucía que nos deja el 2024
La destrucción de los servicios públicos, la implementación de proyectos industriales que afectan al territorio y el empobrecimiento de la sociedad han protagonizado este año en la comunidad autónoma andaluza
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.

Últimas

Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
València
València Víctimas de la dana comparecerán en la investigación del Congreso, pero no en la de Les Corts
Las asociaciones pactaron también en su reunión con Pedro Sánchez un funeral de estado laico y una reunión el próximo jueves con la vicepresidenta y ministra de Transición Ecológica, Sara Aagesen.
Comunidad de Madrid
Sanidad pública Una cita médica para dentro de 20 días: la ciudadanía vuelve a la calle contra las políticas de Ayuso
En la Comunidad de Madrid hay más de un millón de personas en las listas de espera hospitalarias y más de 700.000 sin médico de familia asignado. Este domingo 25 de mayo la ciudadanía vuelve a salir a la calle contra la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas que confluirán en Cibeles a las 13:00 horas.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
Más noticias
València
València El País Valencià se prepara para la huelga general del 29 de mayo contra la gestión de Mazón
Siete meses después de la dana, mientras la justicia apunta al Consell, los sindicatos combativos preparan la huelga general con el respaldo de amplios sectores sociales.
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Imputados dos altos cargos de Ayuso por los protocolos de exclusión sanitaria en las residencias
Por primera vez, un juzgado llama a declarar como investigados a Carlos Mur y a Francisco Javier Martínez Peromingo, ambos colaboradores de los protocolos por los que se impidió el traslado a hospitales de mayores dependientes.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.
Gordofobia
Lara Gil “Es más peligroso para la salud una cirugía de reducción de estómago que ser una persona gorda”
Lara Gil (Madrid, 1988) es antropóloga y activista antigordofobia. Ha escrito un libro, 'Manual para romper un cuerpo', en el que cuenta como una cirugía bariátrica ha destrozado su cuerpo. Denuncia que nadie habla sobre las consecuencias de mutilar el estómago cuando está sano.