Decrecimiento
‘Opción Cero’: as leccións do Peak Oil cubano

O libro de Emilio Santiago Muíño Opción Cero: el reverdecimiento forzoso de la Revolución cubana descobre as luces e as sombras da adaptación de Cuba á falta de petróleo.

Cuba e o Peak Oil

Coordinador do Instituto Resiliencia

19 abr 2019 09:55

Cando o ferrolán Emilio Santiago Muíño publicou en 2017 en Libros de la Catarata / FUHEM Ecosocial unha versión resumida da súa tese doutoral de mil páxinas en Antropoloxía social, baixo o título de Opción Cero: el reverdecimiento forzoso de la Revolución cubana tiña xa un numeroso (dentro do minoritario do ecoloxismo, claro está) público expectante. E non era para menos: o autor fixera unha análise sen precedentes de como Cuba se adaptara a algo que se nos anuncia que padeceremos todos nun futuro máis ou menos achegado: a fin do petróleo. E, como el recoñece no libro, os laboratorios na Historia son algo moi pouco frecuente, así que este "laboratorio de probas" de como unha sociedade relativamente avanzada reacciona ante a carencia deste combustible vital para o modo de vida moderno, viraba algo excepcionalmente valioso. E o libro deste galego asentado en Móstoles desde neno —onde actualmente ocupa o cargo municipal de Director de Medio Ambiente— permítenos analizalo polo miúdo, con rigor científico e dun xeito moi accesible.

O libro bota luz sobre aspectos moi pouco coñecidos do chamado Período Especial cubano, e tamén sobre os mitos da Cuba verde que se veñen creando por boa parte do ecoloxismo mundial (nomeadamente os colectivos e autores centrados no Peak Oil e na Permacultura), ávido de referentes de sustentabilidade. Lembremos que Cuba é o único país que sacou a nota de aprobado na confluencia de desenvolvemento humano e pegada ecolóxica nos informes de WWF. Mais Opción Cero vénnos dicir que o éxito de Cuba foi algo máis forzado ca intencionado, repleto de contradicións máis ca de coherencia, e así é que algúns dos logros máis ou menos involuntarios daquel período, se están botando pola borda en aras de "subir no último intre a un barco que se afunde", en palabras do autor referidas á sociedade de consumo de estilo occidental. A razón disto atópaa Emilio Santiago en que "os esforzos da política cubana enfocáronse cara á reinvención dun modelo de socialismo economicamente viable (...) e non cara á consecución dunha sociedade sustentable pospetróleo" (p. 231).

O éxito de Cuba no seu Período Especial foi máis forzado ca intencionado e así é que se están botando pola borda algúns dos seus logros.

Este libro ofrece, á parte dun "testemuño (...) das dificultades para as transicións sistémicas en pos da sustentabilidade forte", unha ollada histórica ao que seguramente é o primeiro caso de colapso exitoso (aínda que parcial) dun Estado por causa da escaseza enerxética. Se o colapso é a "redución rápida da complexidade dun sistema" (Joseph Tainter), Opción Cero explica como o goberno cubano deu simplificado boa parte do seu aparato estatal sen perder as súas funcións esenciais nin o control do proceso. E iso é fundamental á hora de xestionar un colapso, e un argumento de peso a prol da parte top-down do que se vén chamando "estratexias duais" fronte á crise civilizatoria, porque asegura que o conxunto da poboación non vai carecer do máis básico. Ben é certo —e así o explica o antropólogo galego— que se o pobo cubano deu zafado e tirado para adiante foi en boa medida grazas aos seus propios recursos e enxeño, moitas veces contra as propias medidas gubernativas, ou simplemente buscando vías oblicuas para conseguir o básico para sobrevivir. Con todo, a experiencia do Período Especial é definida por todas as persoas entrevistadas polo autor como un trauma que non queren baixo ningún concepto ter que repetir.

A xestión do Estado cubano do seu propio colapso controlado é un referente para as estratexias duais de cara a enfrontarmos o noso propio colapso metabólico.

E esa é probablemente a maior traxedia da epopea vivida por Cuba no Período Especial: que se vai ver obrigada a repetila en peores condicións internacionais ("viviu a redución do seu consumo petrolífero nun mundo que aínda estaba na parte esquerda da curva de Hubbert"), pois a súa dependencia do petróleo está lonxe de desaparecer, e a súa viraxe agroecolóxica e cara á soberanía alimentaria é maiormente conxuntural e, en todo caso, moi incompleta.

Como non podía ser doutro xeito, sendo o autor antropólogo, o libro pon o foco nas condicións culturais da poboación cubana, antes, durante e despois do Período Especial, centrándose nos imaxinarios de desenvolvemento nacional e nas expectativas vitais e nos patróns de vida boa, especialmente, cuantificados no nivel de consumo. Resulta moi interesante a cuantificación que ofrece dalgúns aspectos centrais sobre o debate que precisamos abrir tamén nas nosas sociedades: que parte da poboación debería retornar ao campo para sermos unha sociedade viable tras o petróleo? O autor afirma: "un sistema agroecolóxico nacional e autosuficiente require dun importante transvasamento de poboación da cidade ao campo". No caso cubano, o autor cita cálculos ao redor da metade da poboación total da illa. Podemos doadamente facer o exercicio de extrapolar isto ao noso país e albiscar as dimensións das migracións internas que nos agardan, cualificadas polo autor como unha auténtica "conmoción demográfica". "Este transvasamento só é imaxinable no marco dunha transición á sustentabilidade que se confunda cunha gran transformación, social e cultural, capaz de volver o mundo rural masivamente atractivo para os habitantes das cidades, e que ten poucos precedentes históricos".

O caso cubano apunta a que un país agroecolóxico e autosuficiente require o transvase da metade da poboación ao campo.

En resumo: unha obra única sobre un caso único na historia, dun enorme valor á hora de pensarmos as transicións socioecolóxicas cara a civilizacións que saiban vivir dentro dos límites biosféricos, nomeadamente que saiban vivir sen petróleo. Unha lectura obrigada para o activismo ecosocial, para quen resultará tan desmitificadora como inspiradora; mais tamén para a militancia de esquerdas, polos indicios que ofrece sobre o papel que un ecosocialismo de emerxencia está chamado a xogar se queremos sobrevivir ao noso propio e prolongado Período Especial. Pois, como afirma o autor, se é o capitalismo o que continúa a xerar o declive, "as consecuencias serán, sen dúbida, espantosas"

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.