Energía solar
O potencial imperfecto das comunidades enerxéticas

A figura das comunidades enerxéticas presenta características interesantes combinadas con eivas e carencias importantes
Casa con paneles solares
Una casa particular con paneles solares instalados en el tejado. Foto: Maciej Rolski

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 mar 2023 10:00

A nova figura normativa das comunidades enerxéticas estase a presentar coma un elemento interesante cara á chamada Transición Enerxética, e como tal está sendo apoiado por organizacións ecoloxistas e sociais en toda a Unión Europea, mais cómpre avaliar cales son as súas carencias e canto de útil teñen realmente e para que. Para isto, antes de nada, precisamos saber de qué estamos a falar: son entidades xurídicas democráticas vencelladas a unha área xeográfica concreta con obxectivos en torno á enerxía renovable en beneficio da propia comunidade, aínda que a definición legal precisa está pendente de que o Estado español traspoña a directiva europea que deu nacemento ao concepto. Isto é, son algo máis ca un grupo de consumidores de electricidade renovable que decide producir en común (concepto do autoconsumo colectivo), ou prosumidores de electricidade. De feito, para realizar un autoconsumo compartido non fai falla crear unha CE, aínda que dentro destas pode haber autoconsumos compartidos integrados. En Galiza polo de agora non existen moitas en andamento, aínda que algunhas están a ser difundidas nos medios de comunicación pola súa representatividade, como é o caso da creada por Arousa en Transición ou a da comunidade de montes de Tameiga.

Comecemos debullando as súas vantaxes. En primeiro lugar, achegan un aforro económico no medio prazo, inherente polo xeral ás opcións de autoconsumo; así e todo, se soamente se procura o aforro económico á hora de consumir enerxía, a comunidade enerxética non é a mellor fórmula. En segundo lugar, son un paso cara a un modelo de xeración distribuído e democrático, que é o oposto ao actual modelo de despregamento das pseudorrenovables concentrado tanto no nível territorial coma no da súa propiedade e control. Nese sentido son mesmo unha ferramenta para se resistir á invasión de polígonos eólicos. Isto é así porque se xa hai unha comunidade enerxética a funcionar nun lugar concreto, será máis difícil que sexa invadido por esas plantas oportunistas coa colaboración da administración. Está por ver se esta resistencia pode ser efectiva dun xeito masivo e permanente, ou só anecdótica ou temporalmente. Polo de agora, nalgúns lugares parece ser que están logrando deter os proxectos, ao ofrecer a alternativa da xeración a pequena escala e para subministración local. Politicamente, entón, son un arma legal que ter moi en conta para confrontar un modelo local e democrático a outro capitalista e foráneo, pondo en práctica o xa famoso lema de “Renovables si, mais non así”.

As comunidades enerxéticas son unha ferramenta para resistir a invasión eólica

Por outra banda, son una fórmula ben acaída para os concellos apoiaren unha transición enerxética local e dirixida pola veciñanza. Os concellos non poden crear as comunidades pero poden facer moito por axudalas, dinamizalas e por participar nelas: desde pór á súa disposición cubertas de edificios municipais, terreos públicos, asesoramento e axudas económicas, até incentivos fiscais como a rebaixa do IBI naquelas propiedades onde se instalen os seus proxectos de enerxía renovable. Tamén as deputacións provinciais poden convocar axudas co obxectivo de crear CEs, así como o IDAE español. Mais non soamente as administracións locais son un axente interesante para cooperaren coas comunidades enerxéticas, senón que as cooperativas de comercialización de enerxía renovable teñen interesantes complementariedades coas mesmas, e poden por exemplo suplir a carencia de subministración nos momentos en que non se xere a suficiente electricidade. Un exemplo deste tipo de colaboracións é o de Nosa Enerxía coa devandita comunidade enerxética de Tameiga en Mos, unha experiencia pioneira no país.

Tamén son unha figura tan imprecisa no aspecto xurídico-administrativo que, aínda que non poden recoller a produción de alimentos coma unha forma de enerxía, si que se poden espallar alén da xeración eléctrica, por exemplo ao transporte, mediante sistemas de compartición de coche, ou ao aproveitamento de residuos para facer biogás ou para fabricar combustibles de automoción e para tractores agrícolas, ou á xeración de enerxía mecánica mediante muíños de vento ou auga, o aproveitamento de biomasa para calefacción, a rehabilitación de vivendas para aforrar enerxía, etc. Segundo o asesor enerxético Xosé Manuel Golpe, especializado en comunidades deste tipo, o seu “campo de actuación é inmenso”. Nese sentido aínda están por se experimentar moitas fórmulas novas para unha transición realista a un mundo de baixo consumo enerxético a partir unicamente de recursos locais. Ademais aquí é importante salientar que tamén se recolle expresamente dentro dos seus obxectivos a realización de actividades de concienciación sobre a enerxía e o seu aforro, o cal abre o campo a realizar unha gran diversidade de accións de pedagoxía ecosocial desde o local, e de maneira horizontal, de veciña a veciña. Simplemente a propia autoxestión da comunidade, supón toda unha aprendizaxe colectiva e unha lección continua de participación democrática, de cooperativismo, asemblearismo, economía social, empoderamento comunitario, etc.

O seu campo de aplicación é inmenso, e esténdese mesmo á concienciación ecosocial

En canto aos seus inconvenientes e eivas, podemos comezar pola súa forma xurídica. A normativa non especifica cal debe ser, aínda que na práctica a maioría optan pola forma de cooperativa e algunhas pola de asociación, cada unha coas súas vantaxes e inconvenientes. En teoría, caben tamén outras coma a fundación e outras fórmulas empresariais de economía social. Mais para o noso país teñen o problema de que, polo de agora, non se admite que as comunidades de montes sexan tamén comunidades enerxéticas, se cadra por descoñecemento das autoridades do Estado español do Dereito consuetudinario galego, ou pola habitual alerxia dos entes estatais ante as ameazantes formas de propiedade comunitaria precapitalistas. Polo de agora, as familias comuneiras vense obrigadas a formar cooperativas (unha figura privada) en paralelo á figura legal comunal, se queren constituírense como comunidade enerxética.

Por outra banda, non achegan resiliencia fronte a situacións de colapso da rede eléctrica xeral, pois non están autorizadas a desligarse desta en caso de apagamento, ao contrario que algunhas industriais, que si teñen esa prerrogativa ou dereito garantido polo Estado. Aínda que se cadra isto é algo polo que se pode pelexar socialmente, coma o tema da compatibilidade coa forma xurídica comuneira, xa que ningunha das dúas posibilidades parece estar prohibida expresamente polas directivas europeas.

Tampouco achegan unha sustentabilidade real a longo prazo, pois polo menos até o momento se basean principalmente na produción de electricidade mediante elementos industriais de alta tecnoloxía. Así, as comunidades dependen totalmente das industrias internacionais de fabricación de paneis fotovoltaicos e outros dispositivos complexos aos que terán que acudir de novo ao final da vida útil dos dispositivos captadores, expoñéndose á posibilidade dunha interrupción da súa subministración en calquera momento, algo que sabemos que ao final pode ser permanente, xa que todos estes dispositivos precisan de enerxía fósil para a súa fabricación, transporte, instalación e mantemento, una enerxía que é finita por definición e xa en notorio declive. Tamén hai casos de CEs que apostan por unha vía non só de alta dependencia tecnolóxica, senón tamén socialmente regresiva e dubidosamente ecolóxica como é o coche eléctrico. Non coñecemos aínda experiencias que se baseen no que Luis González Reyes chama as R3E (renovables realmente renovables e emancipadoras), aínda que se cadra tampouco están expresamente prohibidas e só faltaría vontade e consciencia do proceso de colapso industrial, para as botar a andar dentro destas comunidades enerxéticas.

Un dos seus problemas é que adoitan basearse en tecnoloxías complexas e alleas que non son realmente sustentables

E, finalmente, non son algo sinxelo de levantar, aínda que por sorte existen diversas entidades públicas e privadas a asesorar aos colectivos interesados, e mesmo convocatorias de axudas económicas que poden facilitar a súa posta en andamento a familias, comunidades ou empresas que non dispoñan de moitos recursos económicos. Unha axuda importante que precisa tamén calquera iniciativa que promova unha CE é o asesoramento para a realización da análise de viabilidade económico-financieira.

En definitiva, as comunidades enerxéticas constitúen unha fórmula interesante, con escaso percorrido aínda e moito por experimentar, que cómpre ter en conta por parte dos colectivos locais interesados en camiñar cara un futuro máis autosuficiente, onde a enerxía sexa máis local e renovable. Aínda amosan notables eivas e carencias, pero tamén características que ofrecen vantaxes no curto e medio prazo, e un alicerce legal onde pór en práctica diversas maneiras de entender a transición enerxética combinables con políticas de Decrecemento, resiliencia e soberanía comunitarista.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.