Pancarta Thomas Sankara
Pancarta reclamando xustiza polo asasinato de Thomas Sankara. Àlex M. Verdejo

Panafricanismo
Thomas Sankara, un mito necesario

As reformas que a revolución do ano 1983 levou ás xentes de Burkina Faso poden servir de exemplo, case corenta anos despois, para afrontar as actuais crises do planeta.

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

27 oct 2021 10:17

O 11 de outubro comezou en Burkina Faso o xuízo contra as 14 persoas que o estado cre implicadas no asasinato de Thomas Sankara, o que fora o presidente do país entre 1983 e 1987. Entre os acusados está Blaise Compaoré, que sucedeu na presidencia a Sankara entre 1987, ano do seu asasinato, e 2014, data na que rematou dimitindo tras as protestas masivas do pobo. Este xuízo ten un enorme valor pola importancia simbólica para África da revolución capitaneada por Sankara que estabeleceu un modelo de Estado que cómpre revisar, para atopar exemplos de actuación e organización nestes momentos de crise civilizatoria.

A figura de Sankara é practicamente descoñecida nos países enriquecidos e, tras pescudar na súa vida e obra, é doado comprender por que unha figura tan carismática e relevante nos foi agochada. Aínda que a meirande parte das referencias que puiden atopar (cibersitios, artigos, o ensaio L'Africa di Thomas Sankara. Le idee non si possono uccidere de Carlo Batà, a novela El caso Sankara de Antonio Lozano ou o documental Thomas Sankara: the Upright man, de Robin Shuffield) semellan haxiografías que constrúen un mito, teñen, como mínimo, o valor de alzar un modelo distinto e moi necesario nestes intres decisivos para a humanidade.

O xuízo ten un enorme valor pola importancia simbólica para África da revolución capitaneada por Sankara, que estabeleceu un modelo de Estado que cómpre revisar, para atopar exemplos de actuación e organización nestes momentos de crise civilizatoria

Neste artigo sigo os datos atopados nas mencionadas fontes, de cuxa certeza cómpre dubidar en moitas ocasións, pero lembren que estamos a falar dun mito, un “personaxe de gran transcendencia que se presenta deformado ou esaxerado pola tradición”, en palabras do dicionario, ou un modelo que creamos coa nosa imaxinación e logo é asumido por todo o grupo. De todos os xeitos, malia as dúbidas, Thomas Sankara existiu. Foi o xefe de Estado de Burkina Faso. Iniciou unha revolución que sementou —e aínda sementa— esperanza en millóns de persoas e foi asasinado por iso. Imaxine un xefe de Estado na África dos anos oitenta do século pasado que levou a cabo programas contra a corrupción e o imperialismo francés, mellorou a educación, a sanidade, a agricultura e a situación da muller no seu país enfrontándose aos terratenentes, á clase media urbana e ás grandes potencias occidentais cunha política de forte carga teórica. Imaxinen un líder que se movía en bicicleta e implantou verdadeiras políticas de austeridade para dirixentes e altos funcionarios (vendeu os coches oficiais de luxo e substituíunos por Renault 5, fixo do traxe tradicional fabricado no país o “uniforme” dos membros do goberno...). Imaxine un político que entendía que para ser libre había que sobrevivir e resistir.

Algúns antecedentes

En 1983, Burkina Faso, aínda chamada República do Alto Volta, era parte do “faiado desprezado, o Terceiro Mundo”, era “a condensación de todas as calamidades [...] propias dos países chamados en vías de desenvolvemento”, de acordo coas palabras do discurso que Thomas Sankara, o seu presidente, pronunciou en 1984 ante a trixésimo novena sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

A situación dese estado da África subsahariana a principios dos anos oitenta non é difícil de imaxinar se achegamos algúns datos. Primeiro, a súa economía baseábase exclusivamente na agricultura que dependía da demanda das cidades. Porén, máis o 60% do territorio era improdutivo e cultivaban só o 18% da terra. Peor aínda: a deforestación avanzaba imparábel axudada por unha recente seca e na anterior década comezara unha urbanización caótica polo abandono xeneralizado dun agro improdutivo. Incrementárase a importación de bens de primeira necesidade e as axudas ao desenvolvemento alcanzaran o 20% do seu PIB. Había só 1.300 escolas nas 7.000 localidades do país, cunha taxa de escolarización que non superara o 16% en ningún momento da súa historia, e só contaban cun médico por cada 50.000 habitantes. O 20% dos rapaces morría antes do seu primeiro ano de vida.

Alto Volta alcanzara en 1960 a súa independencia da República Francesa e dende esa data comezou a inestabilidade habitual noutros países africanos, sempre fomentada polos moitos intereses en xogo: houbo tres golpes de Estado até que o cuarto, en 1983, levou a Thomas Sankara, que xa fora ministro de información do goberno, á presidencia do Consello Nacional da Revolución (CNR), o máximo órgano do poder executivo do Estado, que coordinaba e se apoiaba nos distintos Comités de Defensa da Revolución situados en todas as localidades.

As reformas de fondo: “inventando o porvir”

As liñas políticas fundamentais da revolución marcounas o Discurso de Orientación Política escrito por Valère Someré e pronunciado por Sankara o 2 de outubro de 1983, no que, tras describir a situación histórica do Alto Volta e identificar os grandes problemas do seu pobo, afirma: “Na súa esencia, a sociedade neocolonial e a sociedade colonial non se diferencian en nada. [Após a independencia e] co apoio e a beizón do imperialismo, cidadáns altovoltenses asumiron a tarefa de organizar o saqueo sistemático do noso país. Coas migallas que apañaban no saqueo, aos poucos, eses cidadáns transformáronse nunha burguesía parasita incapaz de conter a súa fame voraz”. Nese o seu primeiro gran discurso, estabelece as liñas da actuación do Consello Nacional da Revolución que, no que agora nos interesa, pasan por armar unha economía nacional independente, autosuficiente e planificada.

Estatua homenaje Sankara Burkina Faso 2
Aniversario da muerte de Thomas Sankara. Foto: Alex Verdejo.

Sankara defende a “autosuficiencia alimentar”: “teño que sinalar que malia que noutros países os agricultores constitúen menos do 5% da poboación, logran non só alimentarse eles, senón exportar cantidades inmensas da súa produción. Porén, neste país, máis do 90% da poboación, malia os seus enormes esforzos, sofre fame e escaseza e vese obrigado a ter que recorrer, co resto da poboación, á importación de produtos agrícolas e mesmo á axuda internacional”. Tempo despois, un lema resumiría esta idea: “Quedade coas vosas mazás, que nós comeremos as nosas mangas”.

Para garantir alimento, a revolución burkinense nacionaliza as terras e entrega a xestión do agro ás persoas campesiñas, recuperando a propiedade comunal tradicional, e fomenta a recuperación dos cultivos autóctonos (manioca, iñame, banana) fronte aos reclamados polas cidades (arroz e pan) que estaban a acabar con eles e supuñan problemas para a fertilidade e produtividade da terra.

No seu primeiro gran discurso estabelece as liñas da actuación do Consello Nacional da Revolución que, no que agora nos interesa, pasan por armar unha economía nacional independente, autosuficiente e planificada

Na reforma económica incluía unha reforma integral da sociedade centrada fundamentalmente na educación, na sanidade e na cultura. A escolarización incrementouse nos catro anos da súa presidencia e construíuse un posto de sanidade primaria en cada unha das 7.000 localidades do país no que traballaban unha comadroa e un “axente sanitario de base” formados polo CNR. Outro dos obxectivos no eido sanitario que se propuxo alcanzar foi que todos os cidadáns de Burkina Faso tivesen ao seu dispor 10 litros de auga ao día e puidesen facer dúas comidas. Malia que os seus opositores o cualificaron de “utópico”, o CNR anunciou que cumprira o obxectivo de garantir os 10 litros de auga ao día en 1986.

Centrouse tamén na ecoloxía, especialmente na defensa das árbores: “Convertémonos en grandes depredadores [...]. Atopámonos ante novas necesidades, unha nova presión demográfica e sociolóxica. Tamén noutros lugares a deforestación causou danos [...]. Nós, porén, non temos outras fontes de enerxía. Temos que respectar o medio ambiente”. Dende aquel momento, a plantación de árbores transformouse nun ritual de calquera día sinalado: a visita dun político a un lugar, o primeiro día de colexio, un nacemento o un funeral, mesmo se converteu nunha pena para as persoas condenadas polo tribunais. En 1986, na inauguración da Conferencia Internacional sobre árbores e fragas, Sankara di: “Os burkinenses loitaron con éxito a batalla para lograr unha Burkina Faso verde”. A finalidade fundamental, nun país altamente empobrecido, era garantir unha fonte de enerxía necesaria -a madeira- e a súa renovación no futuro. Unha política enerxética austera e sustentábel en plena convivencia coa natureza.

Unha das teimas da política económica de Sankara e o seu CNR foi non depender da axuda internacional ao desenvolvemento e rematar coa xeración de débeda que truncaba o futuro do país: “o que o FMI procura vai máis aló dun control sobre a xestión, é un control político. Claro que necesitamos cartos, capitais novos, pero non ao prezo dunha abundancia artificial, que faga agromar un consumo improdutivo ao que, de xeito seguro, se abandonaría a nosa clase dirixente presa do confort e do mesmo FMI. Porén, rexeitamos os préstamos do Banco Mundial para alimentar proxectos que nós non podemos decidir”. Esta “axuda internacional” era un novo colonialismo e considera que “hai que vivir ao nivel do país real”.

Sankara y Fidel -solo interior.
Thomas Sankara e Fidel Castro xunto a nenos e nenas de Burkina Faso.

Podemos atopar semellanzas nesta reforma económica nas propostas de Gandhi para a independencia de India ou na Vía da Simplicidade de Ted Trainer, que defende armar “unha alternativa práctica [...] para abandonar o capitalismo creando institucións de contrapoder local, [...] estarían baseadas na autoxestión e na cooperación, na propiedade comunal, nunha vida frugal e na democracia directa, que se constituirían nos alicerces dunha nova sociedade (civilización) poscapitalista de crecemento cero”, como a resume Manuel Casal Lodeiro. Mais o punto de encontro do sankarismo e da Vía da Simplicidade de Trainer non estaría no papel do Estado (Trainer avoga por unha especie de municipalismo libertario decrecentista, mentres que Sankara rexeita o anarcosindicalismo que inspira o modelo do australiano), senón máis ben nun modelo de desenvolvemento dos países absolutamente autocentrado nas necesidades e recursos propios e libre das inxerencias das excolonias. Sankara intenta construír un Estado alternativo aos dous bloques da posguerra mundial e autosuficiente no plano económico malia que —eran outros tempos— coincidía con eles na procura do crecemento e dunha certa industrialización. Os alicerces estaban na cultura de cada colectividade e nas condicións materiais do Estado (“o nivel do país real”) e o seu obxectivo era, como resume Carlo Batà “crear unha alternativa orixinal ao modelo de modernización occidental e aceptar o reto dun desenvolvemento autónomo que implique a participación da poboación”. En 1984, ante a Asemblea Xeral da ONU Sankara deixouno claro: “Debo proclamar que non haberá salvación para os nosos pobos se non rexeitamos todos os modelos que falabaratos de todo tipo levan intentando vendernos durante anos”, o que pode completarse con esta declaración no Cume de Países non Aliñados en Harare, de 1986: “temos que aceptar vivir á africana, porque é o único xeito de vivir con liberdade, o único xeito de vivir con dignidade”.

Pretendía abrir unha fenda na sociedade internacional facendo que os países africanos actuasen con independencia e liberdade para que mudase o escenario todo. Así na Asemblea de estados africanos de Addis Adeba de 1987 intentou convencer ao resto de participantes de deixar de pagar a débeda externa: “Non se trata dunha provocación. Eu querería que nos propuxesen solucións sensatas. Querería que a nosa conferencia adoptase a necesidade de dicir con claridade que non podemos pagar a débeda. Non con espírito belicoso, nin belicista. Soamente para evitar que nos maten. Se unicamente Burkina Faso se negase a pagar a débeda... eu non estaría presente na próxima conferencia! Polo contrario, co apoio de todos, que ben necesito, [...] poderiamos evitar pagar. E evitando o pagamento poderiamos dedicar os nosos magros recursos ao noso desenvolvemento”. Pronunciou este discurso o 29 de xullo de 1987, o resto dos países non se sumaron á súa proposta e, como predicira, foi asasinado o 15 de outubro dese mesmo ano. Con este episodio redondo, nacía o mito.

Hoxe, como lembraba recentemente Jason Hickel, a súa mensaxe segue viva e inspira as novas xeracións de pensadores e activistas de todo o mundo. As políticas do CNR burkinense, aplicadas na actualidade á comunidade internacional, serían unha aposta polo decrecemento nos países enriquecidos. Unha invitación a reducir o noso nivel de consumo de produtos e recursos para permitirlle á maior parte da humanidade unha vida digna, que necesariamente será austera para todos. Como leva tempo mantendo o movemento decrecentista, é preciso que os países ricos abandonemos as políticas neocolonialistas, especialmente o extractivismo depredador da minaría para fabricar todos os elementos necesarios para a “transición verde”, e é necesario que permitamos que os países empobrecidos “recuperen a autonomía previa á colonización”, o que pasa pola condonación da súas débedas e mesmo o recoñecemento da nosa débeda climática de acordo cos sistemas de emisións pactados internacionalmente. Estas medidas permitirían, como defendía Sankara, que os países do Sur global poidan usar os seus recursos para alcanzar o desenvolvemento humano e unha existencia sustentábel e digna no canto de servir a acumulación dos países do Norte.

Panafricanismo
Panafricanismo Crónica del inicio del juicio por el asesinato de Thomas Sankara
El 11 de octubre comenzó el juicio por el asesinato de Thomas Sankara y doce colaboradores de una revolución africana que demostró que se podía plantar cara al neocolonialismo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
La internacional Sonora
El Salto Radio La Internacional Sonora 19: Libia
Entrevistamos a Rasha Nagem, analista y especialista libia en radicalización extremista, sobre la situación actual de Libia.
Burkina Faso
Germaine Pitroipa “Mientras el pueblo de Burkina Faso sufra, las ideas de Thomas Sankara seguirán vigentes”
Germaine Pitroipa fue miembro del gobierno revolucionario de Burkina Faso (1983-87), liderado por el presidente Thomas Sankara. Muchos años después valora el legado del referente del panafricanismo, y su influencia en un nuevo ciclo en el Sahel.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Memoria histórica
Memoria histórica Cultura, exilio e loita das bibliotecarias galegas na Segunda República: a vida de María de los Ángeles Tobío
Durante os primeiros anos trinta, as bibliotecas tornaron en espazos de traballo ideais para un modelo de muller que aspiraba ser independente e que manifestara un claro compromiso político. A Guerra Civil remataría con todas as súas aspiracións.
Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Gobierno de coalición
PSOE-Sumar El Gobierno toma nota de la presión social y cambia su discurso sobre vivienda
En la semana en que los sindicatos anunciaron la histórica manifestación estatal del próximo 5A, la ministra Isabel Rodríguez sube el tono.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.
Más noticias
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.
Madrid
Acusaciones de violencia sexual Monedero, bajo investigación de la Universidad Complutense por la denuncia de acoso sexual de una alumna
La confidencialidad del expediente no permite saber cuándo se presentó la denuncia ante la Unidad de Igualdad o cuánto se demorará la resolución. La Complutense afirma que la Inspección de Servicios está tramitando la acusación.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.