Decrecimiento
A xanela de Overton

A nosa supervivencia como especie require ampliar o rango do aceptable politicamente.

Col.lectivitzacions i control obrer
Col.lectivitzacions i control obrer: extracte dels preceptes de major interès per al poble. Cartells, Biblioteca de Catalunya.
15 mar 2019 06:03

A xanela de Overton é unha teoría política que describe como unha xanela estreita o rango de ideas que o público pode atopar aceptables, e estabelece que a viabilidade política dunha idea se define principalmente por este feito antes ca polas preferencias individuais dos políticos. Denomínase deste xeito en honor a Joseph P. Overton, ex-vicepresidente do Centro Mackinac de Política Pública.

Para cada intre histórico, esta xanela inclúe un rango de políticas aceptables de acordo ao clima da opinión pública, que unha ou un político pode defender sen ser considerada/o demasiado extremista como para poder ocupar ou manter un cargo público. Tamén ten a súa aplicación, dalgún xeito, ao contexto das conversas de taberna, onde se identifica co rango de ideas que calquera persoa pode expresar en público sen semellar unha tola, un extremista ou un radical.

Esta xanela vai comezar a se abrir a medida que a nosa colisión cos límites biosféricos deixe de se poder obviar, e o previsible é que esa apertura sexa no sentido en que favoreza as elites.

Sen dúbida, esta xanela está agora prefixada de maneira persistente polos mitos que nos contamos colectivamente (entre eles especialmente polo mito da modernidade), polo tecnooptimismo, polos medios de comunicación mainstream, e polos intereses das elites que nos pastorean. Mais esta xanela vai comezar a se abrir a medida que a nosa colisión cos límites biosféricos deixe de se poder obviar, e o previsible é que esa apertura sexa no sentido en que favoreza as elites.

Modelo de Propaganda

Conxuntamente co seu colega Ed Herman, Noam Chomsky desenvolveu un "modelo de propaganda" dos medios de comunicación corporativos para axudar a explicar a capacidade da elite económica e política para manter a lexitimidade ideolóxica. Unha serie de filtros (propiedade corporativa, dependencia publicitaria, prácticas de obtención de fontes orientadas ao establishment, críticas da dereita e anticomunismo ideolóxico) fan que os medios de comunicación funcionen basicamente coma un sistema de propaganda que reforza o poder das elites. Para trocarmos este rumbo e realizarmos as transicións precisas no tempo preciso (agora), fai falla non xa abrir a xanela de Overton cara ás conversacións que nos dirixan a unha transición xusta a unha civilización postindustrial/postfósil/postcapitalista... senón directamente abrir xanelas novas, xa que non se trata de acelerar mudanzas, mais de dar un auténtico salto.

Extinction Rebellion

Un dos obxectivos que persegue o movemento Extinction Rebellion mediante a desobediencia civil non-violenta, é precisamente mover a xanela de Overton para que o risco existencial que supón a mudanza climática e o actual curso xenocida e ecocida da nosa civilización industrial, entre nos programas políticos e nas conversas cotiás. Unha das accións que realizou neste senso XR no Reino Unido foi instar á BBC a cumprir coa súa función de servizo público, manifestándose e enviando unha carta ao seu Director Xeral reclamando unha escalada da información "para permitir a mudanza transformadora precisa para podermos enfrontar esta emerxencia xuntos". Iniciativas semellantes vanse desenvolver nas vindeiras semanas na Península Ibérica.

Economía de Guerra

Outra das peticións de Extinction Rebellion, e que aínda fican totalmente fóra da actual xanela de Overton, é a de entrarmos nunha "economía de guerra" para realizar as transformacións precisas para evitar unha mudanza climática desbocada. Para isto, evocan os esforzos e mudanzas realizados polas economías aliadas contra a ameaza do nazismo e do fascismo durante a Segunda Guerra Mundial. As proporcións das economías nacionais que se dedicaran daquela ao esforzo bélico foron asombrosas: os desembolsos militares en 1943 expresados como proporción do total da economía foran do 42% dos EE. UU. e do 55% do Reino Unido.

Folga na Citroen
Traballadoras durante unha folga na Citroën nos anos 30. Fotografía de Willy Ronis.
Debemos abrir xanelas que nos mostren outras paisaxes nas que desaparezan a exclusión, as fosas comúns, os campos de concentración, o desposuimento, o xenocidio e o ecocidio que aparecen por tras da xanela de Overton actual.

A xeración máis preparada

Por aquí non temos eses referentes, pero temos outros que esquecemos ou fixeron que esqueceramos. Un exemplo é o Decret de Col·lectivitzacions d’Indústries i Comerços (24/10/1936) de Cataluña. A que daquela era a "xeración máis preparada da historia", abrira a xanela a través de décadas de lecturas, de conversas políticas e de formación adquirida nos ateneos, nos sindicatos e nas cooperativas. Mais nós, por desgraza... non temos tanto tempo. "As vellas institucións caeron esnaquizadas, a vella economía esborrallouse e non debe volver levantarse. .../... A vella economía capitalista fracasou, ferida de morte pola sublevación daqueles que se consideraban máis obrigados a defendela e hoxe non é quen de restabelecer a orde económica no país e de asegurar a existencia da poboación. A continuación deste sistema significaría a desorde económica, a fame e a miseria. Profundamente convencido desta verdade, o Consello de Economía, que asume a inmensa responsabilidade de ordenar a vida económica catalá, declara que orientará decididamente os seus esforzos no sentido da colectivización da nosa economía".

No canto diso, o que temos é o que a prensa mainstream, ao servizo do capitalismo, nos ofrece, e que podemos ilustrar coa seguinte reflexión absurda publicada nun artigo de La Voz de Galicia: "A través de la libertad de expresión y del Twitter se puede avanzar hacia una deshumanización que borra los límites que hasta ahora nos habían protegido de la autodestrucción", que contrasta de maneira radical coa advertencia de Chomsky: "Nun par de xeracións, a sociedade humana organizada pode non sobrevivir. Hai que petar constantemente con esta idea nas cabezas das persoas".

Debemos abrir xanelas que nos mostren outras paisaxes nas que desaparezan a exclusión, as fosas comúns, os campos de concentración, o desposuimento, o xenocidio e o ecocidio que aparecen por tras da xanela de Overton actual. Debemos procurar formas novas de estarmos neste mundo, de relacionarmos entre conxéneres e co resto de Gaia. O ecosocialismo, entendido como un socialismo que pretende estabelecer unha relación de longa duración coa biosfera, pode ser un dos camiños que albiscar desde esa nova xanela.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.