30 mar 2020 21:00

C espertou cunha vista diferente da acostumada. Nun lugar que lle pareceu diferente. Tivo medo.

Mirou arredor naquel territorio estraño, que se ía tornando familiar. Estaba soa no medio dun chan brando como de tea lisa moi gorda. Buscou o horizonte e atopou entón que estaba nun lugar moi amplo, enorme pero entre muros, cunha enorme fiestra nun lugar moi alto para que ela lle puidera chegar. Ela estaba sobre unha superficie levantada do resto do piso, cuberta toda desa tela. Coma con forma de cama. Recoñeceu unha foto nun estante ó lonxe.

Non amencera nun lugar diferente. Estaba na mesma cama onde quedara durmida a noite anterior coa súa compañeira. Ela era diferente. Tivo moito medo. Veu voar unha mosca. Agora era para ela do tamaño dun gato. O gato! 

Saltou á cama, ela tivo máis medo. Mirouno ós ollos, grandes coma pelotas de baloncesto. A cabeza do animal acercouse para agarimala. Sentiuse mellor. Estaba espida e o calor do animal non lle veu mal.

Baixou da cama desprendéndose pola tela, e foi cara a cociña buscar algo de comer. Aledouse por primeira vez de que a súa casa fose tan pequena. Deu escalado ata o mesado, e unha vez na cima, notou un recendo á flor de laranxa máis forte que nunca. Viña das flores que deixara no vaso a tarde anterior. Todo se percibía diferente. Colleu unha migalla de pan e mollouno no aceite que quedara nun prato. Sentouse a mirar a estancia. O gato sentou ó lado. Lembrou entón que imaxinara aquela situación de pequena, cando era máis doado pensar en mundos diferentes.

Pasou o resto do día coñecendo o mundo dende a súa nova perspectiva. Todo era máis intenso: sabores, cores... descubriu nos insectos formas fermosas, tons de cores fascinantes en recantos escondidos da casa. Cando por fin saíu a fora, experimentou cos materias das plantas novas texturas. Recorreu con curiosidade os túneles das toupas. Probou de sementes e raíces que lle espertaron a súa imaxinación cociñeira.

Volta na casa mentres se limpaba a terra, chegou a súa compañeira. A sorpresa foi maior para ela que para C. 

Tiveron moito de que falar: perigos, novidades, dificultades... para C había tamén oportunidades a explorar. Discutiron. Decidiron que era mellor durmir, podía ser só un meigallo pasaxeiro. Prometéronse axudarse sempre.

Espertaron a unha ó carón da outra, mirándose ollos de igual tamaño. Sorriron naquel amplo terreo de tela branca.

*Este relato enviouno David. Envía o teu a osaltogaliza@gmail.com co asunto “Un Salto de Contos” ou á nosa páxina de Facebook.

Arquivado en: O Salto Galiza
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.