Eran os tempos da peste nos que, coma en calquera tempo triste, xurdiron figuras de demos e santos. Unha delas era a da Santa do Río ou Santa do Ollo ou Santa e punto. Era esta unha muller que, naquel feudo da morte, fundou unha vila da vida ás beiras do Miño, ou do Sil, ou doutro río e punto. E nesa vila curaba enfermas e enfermos e daba asilo a xentes con medo. E ninguén sabía como aquilo funcionaba, pero funcionaba e as perosoas curaban e o medo ía morrendo.
Hai quen di que a Santa era santa e que era quen de facer estos milagres porque de rapaza os outros Santos do ceo ou o mesmo Deus lle enviaran unha pedra que caeu na terra preto da súa horta, atinando nunha figueira. Seica a muller sentaba polas noites baixo a luz branca da Lúa e ollaba a través da vidrosa pedra violeta, ou morada, ou púrpura, ou bonita e punto. E así vía o mundo sabendo como obrar con dilixencia. Era o seu ollo santo.
Pero tamén hai quen di que cando a muller estaba a morrer de vella unha noite naquela vila, entregándolle a pedra a unha amiga xovenciña, díxolle que non había nin demos, nin santos nin deuses. E morreu e a rapaza ollou para a pedra baixo a luz branca da Lúa e viu como esta non lle mostraba o mundo a través do corpo de vidro senón que lle ofrecía o seu propio reflexo.
*Este conto enviouno Antón Bolboreta. Quere aclarar que é a continuación da “Parábola da Santa do Río” e explica que é “un guión cinematográfico que conta a historia de como a muller, de moza, se fixo coa pedra. Ogallá poder levalo a término e volver con vós á vila e ó río sentadas todas xuntas fronte a ese gran espello que é a pantalla de cine”.
Podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com ou como mensaxe á nosa páxina de Facebook.
Relacionadas

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Últimas
O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Recomendadas
Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!