Así crece o Opus Dei en Galiza con diñeiro público: colexios, residencias e asociacións xuvenís

A empresa Fomento de Centros de Enseñanza é catalizadora de polo menos catro concertos públicos para colexios en Vigo e A Coruña. Ademais, a Obra controla varias asociacións xuvenís e residencias universitarias en Santiago.
Fernando Ocariz, prelado del Opus en Galiza, controla una creciente red de centros educativos
Sancho Somalo Fernando Ocariz, prelado do Opus Dei.
12 nov 2024 05:30

A Prelatura da Santa Cruz e do Opus Dei leva presente en Galiza case desde que Josemaría Escrivá de Balaguer fundáraa en maio de 1928. De feito, a súa oficialidade ante a Igrexa católica foi rubricada polo entón bispo de Madrid, oriúndo de Vigo e clérigo influente na igrexa galega, Leopoldo Eijo Garay. O mesmo bispo que tamén elaborou a histórica Carta colectiva dos bispos españois con motivo da guerra en España na que a Igrexa, en plena Guerra Civil, aceptaba subordinarse ás ordes do ditador Francisco Franco e mostraba publicamente a súa lealdade ao golpe de estado.

Pasou case un século de todo aquilo e as formas nas que a Obra medra en Galiza mutaron. Tamén o xeito en que se financia e como consegue chegar a todas as capas da infancia e a mocidade. Hoxe, a empresa Fomento de Centros de Enseñanza acumula polo menos catro concertos públicos para cadanseus colexios en Vigo e A Coruña. Ademais, varias asociacións xuvenís e residencias universitarias conseguen cubrir o período completo da mocidade onde se dan, fundamentalmente, a maior parte das captacións.

A nivel educativo, a Obra (Opus Dei en latín significa “obra de Deus”) non se esconde, aínda que non se publicite como tal. Non ten ningún motivo legal para facelo, aínda que, aulas cara a dentro e segundo o testemuño das tres persoas exalumnas entrevistadas por esta redacción, apenas se menta de maneira explícita. A empresa que o canaliza é a sociedade anónima antes mencionada: Fomento de Centros de Enseñanza. O seu volume de negocio en todo o Estado español non é despreciable: 44.519.350 euros en vendas só en 2023 segundo o Rexistro Mercantil. Os seus eixos galegos? As dúas cidades máis poboadas: Vigo e A Coruña. Alí, controlan catro colexios de educación primaria e secundaria que, até este ano, segregaban por sexo e recibían o seu financiamento a través de concertos públicos. Agora, din, tratan de adaptarse e facerse mixtos pola mesma razón, para non perder o financiamento da Consellería de Educación do Goberno galego de Alfonso Rueda que, agora, esíxese pola nova Lei de Educación, a Lonmloe. Pero polo de agora, no curso actual, a segregación continúa.

Segundo os datos facilitados polo sindicato CIG, maioritario en Galiza, a través do Portal de Transparencia, soamente os dous centros femininos do Opus Dei incluíron alumnos de ambos os sexos na etapa de Educación Infantil, pero nas etapas de Primaria e Secundaria nos catro centros con unidades concertadas segue habendo só un rexistro de xénero. Nesa liña, o sindicato esixiu tanto á consellería do ramo como a Inspección Educativa e ao Ministerio de Educación que vixíen o cumprimento da lexislación vixente.

A día de hoxe, segundo o Diario Oficial de Galiza (DOG) —o BOE galego— os cinco colexios da órbita do Opus Dei recibiron para o curso 2024-2025, en total, 74 unidades educativas concertadas coa seguinte repartición: o centro Aloya con 16 en forma xurídica de asociación; o Montecastelo con outras 16 unidades; As Acacias tamén 16; Montespiño outras 16; e Peñarredonda 10 unidades educativas. Exceptuando ao Aloya, os outros catro centros pertencen á empresa anteriormente mencionada e dirixida polo empresario Luís María Martinez Ferrando e que conta, segundo os seus propios datos, con máis de 2.700 traballadores.

O negocio desta empresa, entre concertos públicos e cotas mensuais ilegais, é copioso. Segundo o último estudo da Asociación de Colegios Privados Independientes (CICAE), As Acacias e Montecastelo cobran 245 euros ao mes por alumno nos seus centros, as cotas máis altas de toda Galiza. Ademais, en Educación Infantil, o Opus tamén desenvolveu a súa estrutura a través dos centros Kid's Garden que, polo de agora, conta con gardarías en Vigo e A Coruña para nenos e nenas de cero a tres anos.

As residencias universitarias: catedráticos e empresarios na órbita do Opus

O esforzo do Opus Dei en chegar a todas as capas da mocidade é manifesto. Desde que nacen ata que, mínimo, acaban a carreira. Ademais de controlar todos os centros educativos anteriormente mencionados, a Obra conta con dúas residencias de estudantes na universidade máis grande e antiga de Galiza, a de Santiago de Compostela (USC). Alí, o método é similar e fundaméntase na segregación por sexos. Aínda que, en verdade, a estrutura xurídica vólvese máis complexa e certamente máis opaca xa que os dous colexios maiores son xestionados por unha asociación, algo que dificulta o acceso ás súas entrañas financeiras.

A feminina chámase Colexio Maior Arosa e é a máis opaca das dúas a nivel organizativo. A súa directora é Eva Martínez, unha profesora vinculada á empresa matriz do Opus en educación durante anos. O presidente do seu padroado é Evaristo Alonso que, xunto ao fiscal xefe da área de Santiago de Compostela, Antonio Roma, abriron o curso no colexio maior.

Con todo, a residencia universitaria masculina si é máis transparente e permite debuxar mellor a organigrama da órbita do Opus Dei no contexto universitario galego e até onde chegan as súas forzas. Chámase La Estila e, entre outros soados visitantes, tivo ao actual presidente galego Alfonso Rueda celebrando o seis primeiros anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo, “unha data doce”, sostiñan nunha nota de prensa que, anos despois, borrarían da súa base de datos. O seu presidente actual é Ángel Gómez-Iglesias, catedrático de Dereito Romano na USC actualmente xa emérito. O seu secretario, Joan Ribot Margarit é un dos conselleiros de Edificios Docentes De Galicia, unha das grandes empresas da órbita do Opus Dei en Galiza, vinculada tamén ao Santuario de Torreciudad, a través dun dos seus patróns e tamén alto cargo da sociedade, José Luís Heitzmann.

Asociacións xuvenís e “centros de retiro”, a outra pata para chegar ás familias

Ademais dos propios rapaces, o Opus Dei consegue penetrar tamén no resto de membros do sistema familiar a través do que eles chama “asociacións xuvenís” e durante os retiros espirituais en infraestruturas dedicadas a iso. O mapa de dispersión é o mesmo: o eixo atlántico, de Vigo (Club Albeiro e Club Doira) á Coruña (Club Rueiro e Club Abiria). As casas de retiro de referencia en ambas as comarcas son Olbeira, en Vigo, e Montecelo, na Coruña.

Banco Popular
“El Opus tiene archivos guardados con información realmente personal sobre personas influyentes”
El periodista británico vino a España a investigar la caída del Banco Popular y se encontró con una historia de ingeniería financiera, poder y auge de una élite de extrema derecha protagonizada por el Opus Dei.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...