O Salto Galiza
Unha carta importante para a nosa comunidade lectora

Se algo aprendemos destes tempos confusos, de crise sanitaria, económica e anímica, de covid-19, ERTE e apertas perdidas, é que só mediante o apoio mutuo sairemos adiante. Aprendemos a necesidade de asegurarmos redes que defendan os nosos dereitos e liberdades. Por iso, n’O Salto, facemos unha aposta de crecemento e pedimos que a respaldes coa túa subscrición.

4 dic 2020 13:00

Máis de 7.200 persoas deron o salto e apoian un xornalismo que nada ten a ver cos berros, os clickbaits e as novas patrocinadas. Un xornalismo que informa e sitúa, que reflexiona e comunica grazas aos milleiros de persoas subscritas. Elas supoñen o 70% do noso orzamento e pagan os salarios das 23 persoas agora empregadas —tres máis que en 2019—.

Somos un medio diferente porque para poder falar sen trabas e defender os dereitos e liberdades de todas, non recibimos nin un só euro de grandes empresas nin de lobbies corporativos. Non aceitamos diñeiro manchado de explotación laboral, de desafiuzamentos, de desigualdade. Tampouco sacamos tallada das empresas que mercadean cos teus intereses e as túas buscas por internet. Traballamos para que, en tempos difíciles, teñas un lugar seguro no que estar.

Durante os días máis duros de confinamento, n’O Salto volcámonos para que tiveses información útil e posicionada, así como análises repousadas e alternativas sociais ao desánimo. Destacamos o que estades a construir en cada barrio, en cada proxecto social, en cada marxe de esperanza para a pandemia. Denunciamos as condicións laborais das traballadoras en primeira liña e as carencias do sistema sanitario. Ofrecimos información laboral útil, denunciando abusos e inequidade e escribimos para que as medidas sociais, como frear os desafiuzamentos, se convertesen finalmente nunha realidade. E lembramos que outras, como o Ingreso Mínimo Vital, non están a funcionar correctamente, e que existen alternativas reais de xustiza social (renda básica). Achegámonos á infancia e á adolescencia, poñendo o acento no esquecemento das súas necesidades.

Multiplicamos contidos e páxinas vistas. Todo, grazas a ti, grazas a vos, porque nos considerades esenciais e así o sentimos desde redacción e o conxunto do proxecto. Tentamos tratar temas que che importan, temas que nos fan a todas sintonizar coa realidade de que camiñamos xuntas, porque estamos xunto a vos cando vos manifestades en defensa da sanidade pública, cando esixides inversión e recursos suficientes para a educación ou cando demandades máis servizos públicos para non termos que subir a transportes ateigados.

Agora é mais necesario que nunca que apoies un medio que visitas, gozas e partillas; un medio que te escoita, te acompaña e te coida.

Por iso, sempre imos tentar facerche sentir que escribes con nós. Pasa, ponte cómoda aquí, n’O Salto non cremos ter razón nin imos berrarche verdades nin a bombardearche con titulares incríbeis de noticias baleiras. En tempos de ruído, querémosche ofrecer análises pausadas para ler no baño, no sofá cun café ou mentres agardas o autobús ou no vagón do tren. O Salto é un lugar no que estar porque antes de respostar, preguntamos; antes de escribir, escoitamos.

N’O Salto, somos conscientes de que sabes o importante que é a existencia dun medio como este, máis aínda nestes tempos difíciles que vivimos, e os que están por vir. Por iso impulsamos o inquérito sobre a monarquía. E por iso, acabamos de dar un salto adiante e, contra toda lóxica empresarial, apostamos por medrar para che poder ofrecer máis contidos, mellores análises e novas temáticas que axuden a alumear unha realidade que ultimamente nos mortifica con excesiva frecuencia.

Mais este crecemento é unha aposta que precisamos que apoies coa túa subscrición.

Agora é máis necesario do que nunca que apoies un medio que visitas, disfrutas e partillas. Un medio que te escoita, te acompaña e te coida. Un medio ao que seguramente pensaras en ter apoiado en diferentes momentos mais que, por unha razón ou outra, remataches por deixar para outra ocasión. Off the record: a ocasión é esta.

Agora é máis necesario que nunca asegurar balcóns como O Salto desde onde poder contemplar o mundo dun xeito diferente para construirmos xuntos e xuntas alternativas esperanzadoras.

Temos o horizonte de chegar ás 10.000 subscricións. Para iso, precisamos roubarche tres minutos para que piques neste enlace, te subscribas e comeces a formar parte d’O SALTO.


Grazas de antemán por entenderes a importancia de cada subscrición.

Unha aperta,

Cooperativa Editorial O Salto

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.