Salud mental
‘Mentes en evolución’ un documental feito por xente tola para xente tola

O venres 20 de setembro, organizado polo Grupo de Aprendizaxe Colectiva sobre Saúde Mental da Libraría Fiandón na Coruña, realizouse un vídeo-forum coa proxección do documental do ano 2002 Mentes en evolución: psicose e espiritualidade.

22 oct 2019 14:00

Boa parte dos temas que percorren o documental Mentes en evolución: psicose e espiritualidade son polémicos e levantan forte oposición, sobre todo por parte do stablishment profesional sanitario e —en menor medida pero fortemente condicionado polo anterior— o da intervención social. O que provoca estas reaccións pode resumirse en que se están a cuestionar as posicións de poder e autoridade debilitadas por décadas dunha forte corrupción por parte das farmacéuticas. O produto dese tempo foi o impulso de discursos bioloxicistas, até un dominio irreal e inflacionado, que aínda serve de sostén para violacións de dereitos humanos en nome da suposta ciencia psiquiátrica.

Psiquiatría
Os suicidios da xente tola non son distintos dos do resto da xente
O sistema de atención sanitario e social é un grande encoro que contén o produto da miseria e sufrimento sociais sen darlle saída nin solución.

A produción da película é responsabilidade de Melissa Gunasena, documentalista e, como explica ela mesma na pantalla, tola racializada e activista que pasou por experiencias psicóticas. O colectivo audiovisual que traballa con ela é o londinense Undercurrents. Os seus temas son tamén de tipo social e activista con acollida en festivais internacionais.

O Grupo de Aprendizaxe Colectiva sobre Saúde Mental residente na Libraría Fiandón leva funcionando escasos tres meses coa coordinación dun par de persoas autodefinidas como tolas. Trátase dun espazo de intercambio aberto a profesionais psicosociais, familiares e persoas psiquiatrizadas, con experiencias calificables como psicose e calquera persoa que se sinta aludida pola temática e obxectivos. Estes son, ademáis da autoaprendizaxe, o impulso de proxectos e ideas que sirvan para a creación e mellora do acompañamento e a atención na saúde mental.

Mentes en evolución constrúese en torno a cinco entrevistas con cinco persoas: un psicólogo tolo e activista que fai crítica do sistema de atención que él mesmo padeceu, un monxe budista británico que comeza sendo interrogado pola natureza da realidade, unha nutricionista especializada en saúde mental e intolerancias alimentarias, unha muller que atopou ferramentas para a xestión das súas experiencias no chamanismo e unha terapéuta que fala da necesidade e utilidade de validar as vivencias das persoas que pasan por estados mentais extremos. Todo está conducido por Melissa Gunasena cunha boa dose de humor con algunhas chiscadelas que só entenderá plenamente outra xente tola. Estas cinco entrevistas definen unha área onde se discute e traballa sobre o malestar, as súas causas, o coidado, o autocoidado e as suas ferramentas.

Comeza a ser complicado para moita xente nas cidades atopar espazos que teñan tempos máis lentos e naturais

O debate posterior no GAC da Libraría Fiandón foi un abrir de portas a varios dos temas que deixaron claro que o reducionismo non serve coa saúde mental. Moitas das perspectivas e vías de recuperación presentadas son impensables dentro da sociedade actual e no sistema de atención que semellan ir en dirección contraria e a toda velocidade. A continuación, unha mestura da información do documental xunto as conversas de despois da proxeción e algún apunte extra para clarificar aos que non estiveron alí.

O uso do mindfulness, descontextualizado e descafeinado nos eidos sociosanitarios, esnafra violentamente fronte a xestión económica e social dos ritmos e tempos actuais. O dobre vínculo é a “situación comunicativa na que unha persoa recibe mensaxes diferentes ou contradictorias”. O termo foi utilizado polo antropólogo Gregory Bateson tentando explicar os síntomas da esquizofrenia máis aló da explicación orgánica cerebral. É un esquema que se da de seguido no sistema de atención da saúde mental: desde o uso de contencións mecánicas para a salvagarda e seguridade da paciente, ou o consumo de psicofármacos con efectos de sedación e deterioro cognitivo a longo prazo, xunto a actividades de estimulación cognitiva, até escenas absurdas de actividades de “lecer” obrigatorias. Comeza a ser complicado para moita xente nas cidades atopar espazos que teñan tempos máis lentos e naturais coas implicacións que esto ten para a saúde en xeral, física e emocional.

Podemos unir o anterior coa exposición da nutricionista e os coñecementos actuais sobre alimentación. O concepto de alimentación alude a algo máis amplo que a inxesta e metabolismo da comida (nutrición), con factores como os hábitos sociais, o proceso de cociñar, a configuración do acto de alimentarse, as fontes, a obtención e o maior ou menor procesamento dos alimentos etc. Hai unha forte influencia do estilo de vida e a cultura sobre esta necesidade básica. Mesmo cando a entrevistada fala das intolerancias alimentarias como unha das causas posibles pero descoñecidas de trastornos psicóticos, hai unha mirada social deste problema. Na serie documental Cooked de Michael Pollan, afirmase que a existencia de intolerancias alimentarias pode ter unha relación máis que relevante co alto grao de procesamento industrial dos alimentos.

Evolving Minds
Cartel anunciando a proxección do documental 'Evolving Minds' na Coruña. Fonte: Grupo de Aprendizaxe Sobre Saúde Mental.
Outra parte do documental Mentes en evolución fala dos estados alterados de consciencia e a visión dende o chamanismo. A muller que expón esta perspectiva afirma que foi de axuda para superar o seu malestar psíquico. Contrariamente ao que se pode supoñer, as técnicas que se explican son bastante comprensibles pola psicoloxía cognitivo—conductual. Porén, con estas técnicas pode pasar o mesmo que co mindfulness e o budismo (ou calquer tradición que as use), hai unha descontextualización cultural que limita notablemente os posibles beneficios, a continuidade e a solidez da práctica. Ademáis, se xa coa meditación/mindfulness poden levantarse irritacións nos ambientes científicos máis escepticos (escepticóns), o chamanismo mellor nin mencionalo. Ao respecto deste tema, houbo unha tendencia na psiquiatría dos anos 50 e 60, que afirmaba que os estados alterados de conciencia causados por determinadas drogas tiña fortes similitudes cos estados alterados de conciencia da psicose. Ademáis dalgunhas terapias psicolóxicas da época que usaban drogas como o LSD ou a psilocibina, semella que con éxito, houbo quen defendía a experimentación coas mesmas para mellorar a comprensión dos estados psicóticos por parte de profesionais psi. Coa prohibición posterior, foi suspendido todo uso e investigación ao respecto. Só recentemente volta falarse deste tema e o microdosing do LSD pero (atención!!) dende a élite tecnolóxica de Silicon Valley. Unha perspectiva bastante oposta.

Houbo unha tendencia na psiquiatría dos anos 50 e 60, que afirmaba que os estados alterados de conciencia causados por determinadas drogas tiña fortes similitudes cos estados alterados de conciencia da psicose

A entrevista coa terapeuta ven a poñer algo de orde neste desfile de aparente pseudociencia. Os síntomas, por moi extraños que sexan ao pensamento social convencional, son a resposta natural e espontanea da mente das persoas ao sufrimento. A obsesión da psiquiatría convencional por eliminar os síntomas podería compararse a querer eliminar a febre cando esta é unha resposta do corpo para eliminar unha infección. A febre pode ser perigosa se é moi alta pero é unha resposta natural de defensa produto de millóns de anos de evolución biolóxica. As experiencias psicóticas son, por tanto, unha ferramenta para aproveitar, non para descartar sen máis. Quen debe ter a perspectiva científica sobre o benestar emocional da persoa é o profesional. Esa perspectiva é a que vai permitirlle apoiar o proceso no que está a persoa e procurar que se estabilice no seu novo esquema cognitivo e vital con independencia das suas opinións relixiosas ou filosóficas. Trataríase, por tanto, dun acompañamento no proceso, non dunha dirección. Respecto a esto, hai, por exemplo, unha confusión moi extendida que entende como síntoma o fenómeno de escoitar voces cando en realidade o síntoma é o contido e o diálogo de esas voces. Esta é unha diferencia fundamental entre os enfoques do bioloxicismo reducionista e o traballo dende as vivencias, experiencias, relacións e capacidades da persoa.

Por último, a parte da entrevista co psicólogo tolo, que ten o seu propio documental producido pola BBC Rufus May: ol doutor que escoita voces. Esta entrevista está máis centrada na defensa dos dereitos e na crítica ao sistema de saúde mental do Reino Unido. Porén, explica tamén unha interesante forma de intervir con persoas en crise sintéticamente en tres puntos: dar retroalimentación á conduta, ofrecerlle as opcións que ten ou pode ter para xestionar o seus estados emocionais e problemas e, por último, tomar seriamente as preocupacións da persoa.

Até aquí o contido do vídeo-forum. Como se pode intuir, o venres da proxección quedaron estas e máis cuestións abertas a explorar, debater e, de ser posible, concretar en proxectos. Pero o GAC non o percibe como un problema. O espazo está aberto igual que as cuestións mencioandas. Non hai presa porque queren ir lonxe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Justicia
Sentencia Condenado un trabajador de Vox por arrastrar a una activista de Femen
Un trabajador de Vox ha sido condenado como autor de un delito leve de lesiones a la pena de 180 euros y a indemnizar con 250 a la activista de Femen Lara Alcázar.
Educación
Saberes para la transformación social Formación y ESS
¿Cómo debe ser una formación transformadora? ¿Qué papel ocupa la formación en las entidades de la ESS? Reflexionamos sobre ello para abrir un debate estratégico que nos ayude a proyectar la ESS y su incidencia política y social.
Economía
Internacional El fondo proisraelí KKR se hace con los grandes festivales españoles de música
Controla eventos como Sónar, Viña Rock o Resurrection Fest mientras expande su negocio con la promoción inmobiliaria en territorios palestinos ocupados ilegalmente y la creación de centros de datos para las grandes tecnológicas.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.