PAC en pé de guerra: peche de 24h para denunciar a situación na atención primaria

O persoal dos Puntos de Atención Continuada de Ferrolterra organiza un peche no Hospital Arquitecto Marcide para visibilizar as súas reinvindicacións e “garantir unha atención de calidade aos doentes”.

peche ferrolterra pacs
O persoal dos PAC de Ferrolterra pasará a noite do martes 27 no Hospital Arquitecto Marcide. Imaxe: PACs en Pé de Guerra.

Agrupado baixo a plataforma PAC en Pé de Guerra, o Persoal de Atención Continuada de toda Galicia leva desde febreiro deste ano reivindicando unha serie de melloras nas súas condicións laborais que, de non solucionarse, seguirán repercutindo na atención aos pacientes e, nalgúns casos, poñéndoos en risco. Os traballo dun PAC tradicionalmente vai por quendas de gardas de 17 horas nos días laborables, e de 24 nos domingos e festivos, e atenden ás urxencias, algo que está empezando a cambiar coa desaparición dos médicos de familia nalgunhas zonas do país e que é parte de que este persoal leve meses reivindicando un cambio na súa situación. Tras 10 meses de intentos de negociación co Sergas nas que non obtiveron resposta, os PAC da área de Ferrol decidiron que xa non poden esperar máis e as e os traballadoras/es dos PAC víronse na obriga de ir a unha convocatoria de folga para que as súas reivindicacións, xustas e básicas, sexan escoitadas.

“Facemos os paros neste momento porque levamos desde febreiro falando co Sergas, pero vemos que non avanzamos e que o Sergas non pon solucións aos problemas.”, di Carlos López Vilariño, enfermeiro do PAC de Cedeira e membro do Colectivo PAC en Pé de Guerra de Ferrol. “Decidimos facer unha folga para protestar e para tentar acadar esas reivindicacións do colectivo. O que pasa é que o Sergas puxo uns servizos mínimos do 100% e entón apenas hai visibilidade”, denuncia.

Black Pacday Ferrol
Cartel do colectivo PACs en Pé de Guerra de Ferrol anunciando o peche do día 27 no Marcide.

Entre as súas reivindicacións, PAC en Pé de Guerra busca que haxa respecto aos tempos de traballo do persoal conforme a directivas europeas, dotación de persoal en base a criterios obxectivos, pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade -conxelados desde 2010-, que no se aumente a súa xornada laboral efectiva ou que se aboen as dietas das xornadas de domingo ou día festivo, entre outras moitas. Pero unha das súas reivindicacións máis notorias é a que ten que ver coa esixencia de que haxa equipo completo de médico/enfermeiro en tódolos PAC sen excepción.

Unha das reivindicacións é a esixencia de que haxa un equipo completo de médico/enfermeiro para evitar casos  como o da morte dun home no PAC d'A Estrada, porque nese momento o médico de urxencias estaba atendendo a outra persoa.

“Non ten sentido que en algún PAC de maior carga asistencial teñamos dous médicos e un so enfermeiro, xa que si un equipo médico/enfermeiro ten que saír do centro a atender un accidente na vía pública o no domicilio de un doente, deixamos no PAC un equipo incompleto que pode ser insuficiente para atender unha urxencia de gravidade que pode ocorrer”, din desde PAC en Pé de Guerra. E esta petición é especialmente importante se temos en conta casos como o da morte dun home no PAC de A Estrada porque nese momento o médico de urxencias estaba atendendo a outra persoa. “Casos como o da Estrada vímolos advertindo desde o colectivo”, denuncia Carlos Vilariño. “O PAC da Estrada conta con dous médicos e un enfermeiro, pero no PAC temos que atender aparte das persoas que veñen a urxencias, o que poida xurdir fóra. Nese caso houbo un aviso dunha urxencia fóra do centro e ocorreu o que xa sabemos, unha urxencia que precisaba dunha atención precoz, neste caso un atragoamento. Conseguiron levalo ao PAC pero non había persoal para atendelo. Este problema acentúase nos PAC que están lonxe das cidades. O ideal sería que en todos os PAC houbese un reforzo para cando un equipo saíse do centro; nas cidades, onde hai maior carga asistencial, é imprescindible que haxa dobre equipo de enfermeiro e médico. O Sergas está poñendo o mínimo: un só enfermeiro e médicos insuficientes.

peche ferrolterra pacs 2
O persoal dos PAC de Ferrolterra comezou o peche o martes 27 ás 11h. Imaxe: PACs en Pé de Guerra
Pero o peor de todo é que o Sergas parece recoñecer esta falta de persoal pero non fai nada por mellorar a situación, sacando cada vez menos prazas e sen coidar os contratos do persoal eventual. Isto provoca que, en moitas ocasións, os médicos decidan marchar a buscar sorte fóra porque aquí non atopan estabilidade ou vense explotados laboralmente. Así o entende Vilariño: “Non acabo de entender como unha administración pública que nos di que convén que a xente traballe e que baixe o desemprego, despois opte por aumentar a xornada do persoal que ten praza fixa en lugar de contratar. Danse casos de traballadores que fan 24 horas de garda e despois lles piden que prolonguen a xornada 7 horas máis. Sáelles máis rendible esta opción que dar de alta na seguridade social a unha persoa que estea fora. O problema é intentar dirixir unha entidade pública desde un punto de vista económico. Debería enfocarse doutro xeito”, denuncia.

Carlos Vilariño: “Danse casos de traballadores que fan 24 horas de garda e despois lles piden que prolonguen a xornada 7 horas máis. Sáelles máis rendible esta opción que dar de alta na seguridade social a unha persoa que estea fora. O problema é intentar dirixir unha entidade pública desde un punto de vista económico.”
Desde PACs en Pé de Guerra reivindican ademais que se revisen os plans funcionais de cada PAC que levan sen cambiar desde o 2008 cando a situación de agora é distinta á de entón e en moitos casos houbo un aumento de poboación importante. “Pasaron 10 anos é a poboación está envellecida, hai máis turismo... En Cedeira, en verán, a poboación triplícase e, porén, estamos traballando as mesmas persoas: un médico, un enfermeiro e un celador en cada garda”, quéixase Vilariño. 

Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, recorda que todo isto está intimamente relacionado coa privatización e coa masificación por falta de médicos de atención primaria que non se renovan nas vilas galegas. “Hai un mal uso por déficit de persoal nos centros de saúde en atención primaria relacionado cos recortes nos últimos anos. Isto fai que as consultas estean masificadas (40-50 pacientes por cada médico) e que tarden tempo en dar citas”, di. Ao non ser atendida, a xente opta por achegarse ás PAC por patoloxías banais, o que provoca que este persoal estea aínda máis saturado de traballo.

Manuel Martín: “Hai un mal uso por déficit de persoal nos centros de saúde en atención primaria relacionado cos recortes nos últimos anos. Isto fai que as consultas estean masificadas.”

que parece claro é que ata que a situación mude, os PAC pensan seguir reivindicando unha mellora na súa calidade laboral tanto por eles como polas súas pacientes e por iso, fronte a resposta que consideran insatisfactoria do Sergas ao colectivo, manteñen as accións programadas para esta semana e, hoxe, os PAC da Xerencia de Xestión integrada de Ferrol pechan desde as 11:00 no hospital Arquitecto Marcide. “Os PAC de Galicia imos ter unha asemblea este xoves 29 para decidir que resposta damos, pero estamos moi decepcionados porque o Sergas non pon moito da súa parte. Esta semana mobilizarémonos para dar visibilidade a esta problemática”, engade Carlos Vilariño. 

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...