Sanidad pública
Unha ILP para salvar a atención primaria na sanidade galega

O pasado 26 de abril diversos colectivos en defensa da sanidade pública mobilizáronse en máis de 20 localidades para conseguir que a Xunta aprobe a Iniciativa Lexislativa Popular que actualmente está en trámite no Parlamento Galego.
ilustración sanidade galiza
Ilustración: Miguel Peralta.
30 abr 2023 09:00

No pasado mes de febreiro o persoal sanitario galego conseguiu encher a Praza do Obradoiro en Compostela reclamando reverter as consecuencias do fracasado sistema de xestión actual na atención primaria: unha semana de espera para ser atendido no médico de cabeceira, consultas telefónicas en lugar de presenciais, servizos de urxencias e PACs pechados ou sen servizos mínimos, etc. Unha situación que levan denunciando anos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública e que afecta sobre todo as zonas rurais, pero tamén ás comarcas máis poboadas, como poida ser o Salnés ou o Barbanza. Lembremos que Feijoo foi o responsables do SERGAS nos anos 90, onde comezaron primeiros intentos privatizadores —as fundacións— que remataron ‘rescatadas’ con diñeiro público.

Sanidad pública
Colapso na sanidade pública galega
O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic.

Na actualidade estase a tramitar no Parlamento Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) —vai ir a votación o próximo 9 de maio— que recolleu máis de 55.000 sinaturas no país e que contén todas as medidas urxentes e necesarias recomendadas polas organizacións sanitarias para resolver os problemas actuais do SERGAS, orixinados pola xestión privatizadora da Xunta de Galicia. Entre as referidas medidas destacan: a atención persoal ao paciente como regra xeral para as consultas médicas, correspondéndolle a el ou a ela a decisión de ser atendido de forma telemática. Paralelamente, determínase tamén que deba existir sempre a opción de ser atendido por unha persoa ao chamar por teléfono aos servizos sanitarios e non por unha máquina como sucede na actualidade.

Coa ILP recolléronse máis 55.000 sinaturas e contén todas as medidas urxentes e necesarias recomendadas polas organizacións sanitarias para resolver os problemas actuais do SERGAS

Do mesmo xeito, na ILP recóllense unha serie de medidas para fixar uns mínimos razoables de dispoñibilidade de centros e persoal para salvagardar a debida calidade da atención primaria aos pacientes, proporcionando unha atención sanitaria en igualdade tendo en conta as diferencias de cada xénero. Nese senso, a saúde reprodutiva e sexual das mulleres ten necesidades específicas que necesitan ser atendidas por matronas. Non ter en conta esta especificación implica abrir unha fenda de xénero e unha desigualdade sanitaria, polo que na ILP establécese un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres. Destacan entre estas medidas a obrigación de publicar, como mínimo, unha convocatoria de prazas anual, a recuperación dos consultorios periféricos e o incremento e redimensión dos cadros de persoal dos centros de saúde.

Lembremos que xa no ano 2009 a Xunta chegou a un acordo coa mesa sectorial para resolver a precariedade laboral dos e das traballadoras sanitarias galegas pero que o devandito acordo nunca chegou a executarse. Na actualidade son as peor pagadas do Estado e non están equiparados nin sequera co resto do funcionariado da propia Xunta de Galicia. As condicións de explotación laboral obrigan a moitas traballadoras do sector a marcharse fóra, o que agrava a falta de persoal existente, orixinada pola mala xestión e a intencionada falta de formación de novos profesionais, pois durante anos a Xunta de Galicia negouse a convocar todas as prazas dispoñibles de novos MIR. Pola súa banda, Vanessa Viquendi, representante de Pediatras e Matronas Xa, quixo resaltar para este medio que o recente acordo co sindicato minoritario CESM non beneficia en absoluto á poboación, pois simplemente sobe o salario ao persoal que tamén traballa na sanidade privada. É dicir, a Xunta está empregando fondos públicos para algo que non repercute en absoluto nos pacientes, ademais de deixar clara a estratexia por parte da Administración Galega de seguir favorecendo permanentemente á Sanidade Privada.

O obxectivo da presente ILP non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde senón implementar unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria

Finalmente, propoñen recuperar as Xerencias de Atención Primaria e desenvolver as competencias dos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e do Consello de Saúde de Galicia. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública reivindican as Xerencias de Atención primaria coma un elemento esencial e chave para repartir os recursos e organizar a asistencia primaria atendendo as particularidades de cada área sanitaria. Por outra banda, coa presente Lei búscase aumentar a capacidade de participación cidadá nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e o Consello de Saúde de Galicia, dándoselle maior peso e relevancia nos devanditos órganos.

A Plataforma SOS Sanidade Pública lembra que a recollida de sinaturas segue aberta na súa web e que o obxectivo da presente ILP non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde senón implementar unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria, garantindo unha cobertura de calidade á poboación e unhas condicións de traballo dignas para o persoal. Anuncian que o vindeiro día 9 de maio —cando se leva a votación da ILP en sede parlamentaria— seguirán as mobilizacións cunha concentración diante do Parlamento Galego ás 10 da mañá, onde está convocada toda a cidadanía galega.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cádiz
Derechos laborales La lucha sigue: miles de trabajadores del metal en Cádiz se niegan al preacuerdo de UGT y continúan la huelga
Los trabajadores se niegan a aceptar el preacuerdo firmado entre la UGT y la patronal que el resto de agrupaciones sindicales consideran que podría desembocar en “el peor convenio” de la historia del metal
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los bomberos forestales, sin soluciones, plantean una huelga en temporada alta de incendios
El conflicto laboral se está enquistando y los trabajadores valoran aumentar la presión ante la falta de respuestas por parte de la empresa y de la Comunidad de Madrid
Cádiz
Derechos laborales Más de 25.000 trabajadores se unen a la huelga del metal de Cádiz en su primera jornada
Los sindicatos apuntan que el 95% de los trabajadores del sector se han unido a la huelga para denunciar la situación laboral y los abusos laborales de compañías como Airbus, Navantia o Dragados Offshore.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.