Santiago de Compostela
A mocidade socialista saca peito en Santiago de Compostela trala convocatoria de eleccións
A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou onte ás 21h unha mobilización de urxencia en Santiago de Compostela como reacción ao anuncio de eleccións anticipadas. A organización chamou a saír á rúa contra o que define como “réxime de empresarios e rendistas” e contra os políticos que actúan como a súa voz.
A CMS criticou que “os mesmos que a semana pasada tumbaban os decretos pola vivenda hoxe ameazan con gobernar”, e asumiu que unha vitoria da extrema dereita nas eleccións xerais é o escenario máis probable. A organización apuntou tamén contra a “esquerda prosistema que fai augas e que se aliña cos intereses dos mesmos de sempre”.
Segundo a Coordinadora, o impulso gañado nas últimas semanas polas mobilizacións pola vivenda minou a credibilidade do autoproclamado “goberno máis progresista da historia”. Con todo, advertiu de que “aínda que instrumentalicen a loita pola vivenda para vestirse como alternativa, os partidos prosistema non poden dar unha solución real ao problema”.
A CMS defendeu que “a única alternativa real é a forza da clase traballadora” e chamou a mocidade traballadora a sumarse ás mobilizacións e á organización. “É o momento de loitar”, concluíron.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!