Tecnología
A sociedade dixital do autoengano

A chegada de Internet ás nosas vidas cambiou a nosa forma de percibir o mundo e, á súa vez, a nosa forma de comunicarnos.

Tecnología
O 93,9% dos mozos de 15 anos dispón de móbil con acceso a internet. Henar de Torres

O individualismo é unha característica cada vez maior das nosas sociedades. Grazas ás novas tecnoloxías, non precisamos nin sair de casa para establecer lazos comunitarios nin novas relacións persoais.

A dixitalización avanza moi rapidamente entre os máis mozos, os coloquialmente chamados millenials. Estímase que o 50% dos nenos de 11 anos en España dispón de móbil con acceso a internet. Aos 15 anos esta cifra ascende ao 93,9%. A presenza da rede modula, condiciona e determina o estilo de vida das nosas sociedades.

Todo apunta a que ao se introducir a comunicación vía online, o desenvolvemento das habilidades sociais que temos como seres humanos, mudou de xeito importante. A este fenómeno algúns teóricos denomínano a ‘perversión de internet’: a xente con carencias no eido da comunicación social usa de maneira case exclusiva a comunicación pola rede, evitando así a comunicación física na medida do posíbel. Os mesmos teóricos apuntan a un deterioro das habilidades de comunicación, tales como o diálogo, a interpretación dos xestos ou a empatía.

A vida social do individuo adicto ás redes sociais e que depende da producción de likes para alimentar o seu ego persoal

Aínda que a perversión de internet segue as mesmas pautas en adultos ca nos novos, é realmente preocupante na adolescencia, etapa de aprendizaxe onde xeramos a nosa personalidade. As redes sociais están sendo unha ferramenta de educación en sociedade para os rapaces de hoxe.

A vida social do individuo adicto ás redes sociais e que depende da producción de likes para alimentar o seu ego persoal, é a vida de alguén que busca unha recompensa inmediata en detrimento da cultura do traballo e do esforzo para obter recompensas. Xérase, polo tanto, unha sociedade totalmente impaciente que busca estímulos e satisfaccións inmediatas. Ademais, para moitas persoas tanto as redes sociais coma os videoxogos funcionan como unha evasión do mundo real, para así evitar afrontar os problemas.

Segundo Antonio Rial Boubeta, psicólogo social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigador do tema, os sinais de adicción son “estados de euforia no momento que se consume, mentiras sobre o tempo de conexión, diminución do rendemento na escola ou no traballo, maior ansiedade, síndrome de abstinencia, etc”. Tamén se destacan o cambio nas relacións sociais e no entorno que lles rodea, así como cambios alimentarios e tempo de descanso.

Imaxe ficticia

As redes sociais favorecen a creación dunha imaxe ficticia dun mesmo. O individuo tenta crear unha identidade ideal coa que lle gustaría ser recoñecido. Téntase transmitir unha vida interesante e feliz ao resto, aínda que sexa esta mentira. Segundo os expertos, esta necesidade de ser sobreexpostos aos demais é a causa do fear of missing out, é dicir, o medo a ficar excluído. Este feito prodúcese polas aparentes posibilidades que ofrecen as redes sociais de influencia na esfera pública, recoñecemento social ou pertenza a un grupo determinado. Antonio Rial sinala que “a personalidade dos individuos vólvese máis débil”. Xa que logo, a autoestima das persoas refórzase sobre unha mentira que se está creando. Isto é, non se gustan a sí mesmos, pero séntense recompensados emocionalmente cando unha persoa que non coñecen os gaba por esa imaxe orixinada.

Antonio Rial sinala que “a personalidade dos individuos vólvese máis débil”. Xa que logo, a autoestima das persoas refórzase sobre unha mentira que se está creando

As redes sociais inflúen nas nosas condutas sociais. O caracter superficial, intrínseco nas redes sociais, reprodúcese tamén nas amizades creadas. Estas teñen vínculos moi febles, xa que o esforzo necesario para crear a amizade foi diferente. Semella que se pode elixir aos amigos deslizando o dedo pola pantalla. Non houbo un período as máis das veces tedioso e serpenteante de esforzo, traballo, confianza e constancia para fortalecer a relación. Polo tanto, xorde unha amizade efémera, que non significa nada emocionalmente.

Alienación por medio da rede

Segundo a revista Forbes, das cinco empresas que máis cotizan en bolsa, catro son do eido das novas tecnoloxías e están ligadas á rede (Apple, Microsoft, Facebook e Amazon). Internet foi un elemento democratizador nas nosas sociedades e favoreceu o aceso á información a grandes masas de poboación. Sen embargo, o uso de internet tamén fomentou a sociedade de consumo.

Ademais, hai que ter en conta a posta en escena dos “ídolos” do sistema dentro das redes sociais. As grandes empresas patrocinan a maioría dos posts destas celebridades, sen que exista un cuestionamento disto por parte dos seus seguidores, nen unhas normas como as que regulan a publicidade noutros medios de comunicación de masas. Os seguidores seguen por influencia os mesmos patróns de conduta que os “ídolos”: suben un contido similar ou comportanse igual que eles. Isto vólvese a ver lexitimado pola procura da aceptación social e ten como consecuencia que a xente reproduza a ideoloxía que as marcas patrocinadoras queren transmitir.

Hai que ter en conta a posta en escena dos “ídolos” do sistema dentro das redes sociais. As grandes empresas patrocinan a maioría dos posts destas celebridades

Neste sentido Antonio Rial sinala que o internet foi “o mellor mecanismo que o capitalismo puido encontrar” e afirma que “as redes son tamén un negocio empresarial”.

Solucións

Ante os problemas que internet está a traer á sociedade, os expertos indican que a mellor solución é a educación. Esta ten que partir primeiramente das familias e logo dos colexios, sinalan. Para educadar nun uso saudábel das redes sociais, Rial e mais expertos sinalan como un elemento de vital importancia “a supervisión do tempo de uso, falarlles aos nenos sobre o tema, predicar co exemplo, evitar ter móbil con datos antes dos 12 anos ou elaborar unha rutina saudábel”. Outra medida que propoñen é a de limitar as horas de uso do móbil no día a día.

Este psicólogo social insiste en que existe un uso saudábel das redes sociais, xa que estas favorecen a divulgación científica e o coñecemento, reforzan as amizades ou permiten manter contactos internacionais sen fronteiras. Sen embargo, Antonio Rial sinala coma vital “facer unha desaceleración ” na incorporación destas novas tecnoloxías ás nosas vidas.“Estase a tomar conciencia pouco a pouco sobre o tema, pero queda moito traballo aínda”, conclúe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Nuevas tecnologías Inteligencia artificial: cómo educar para los retos del futuro
Cualquier tecnología que llegue al ámbito educativo se despliega inexorablemente sobre las desigualdades que el propio sistema genera, aumentándolas. Si lo que se produce es una revolución tecnológica, como por ejemplo la IA (Inteligencia artificial)
Tecnología
Karlos G. Liberal “La inteligencia artificial, más que describir unas tecnologías, describe una ideología”
Informático y hacktivista vasco de la vieja escuela, 'Patxangas' acaba de publicar un libro en el que, a través de una mirada ciberpunk, recorre los paisajes digitales de la actualidad.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.