Transexualidad
"Se queren despatoloxizar, que non obriguen a xente a ir ao psicólogo para comezar o tratamento hormonal"

Sara Romero participou moi activamente no desenvolvemento da Lei de Identidade de Xénero galega, que foi presentada como proposta e debatida o pasado xullo no Parlamento de Galicia.

Sara Romero, activista trans
Sara Romero, activista trans Héctor Barandela
Galiza
9 sep 2017 19:48

Sara Romero foi presidenta de Transforma, asociación galega para a defensa dos dereitos das persoas trans, e agora colabora en ARELAS, a asociación formada por familias de nenos, nenas e adolescentes transexuais, como coordinadora do grupo de traballo de persoas adultas. Participou moi activamente no desenvolvemento da Lei de Identidade de Xénero galega, que foi presentada como proposta e debatida o pasado xullo no Parlamento de Galicia.

Como foi o proceso de traballo que levou a preparar a proposta de Lei que presentastes o pasado mes de xullo no Parlamento galego? 
Cando se aprobou a Lei de Identidade de Xénero en Madrid, chamáronnos do PSOE aos diferentes colectivos trans para preparar unha Lei. Quedei eu encargada de preparar un borrador que incluíse as melloras recollidas na Lei de Madrid, e outras das que carecía e que recollemos doutras experiencias. E así o fixen, pero foron pasando os meses e non soubemos nada, até que o PSOE nos suxeriu que mellor seguísemos pola nosa conta. E fixémolo, xa que a nós tampouco nos interesaba centrar nun só partido algo que xurdía do conxunto do colectivo trans galego. Ao ser tanta xente, resultou un proceso lento, xa que xurdían moitas propostas. Despois dun tempo de traballo conxunto, Cristina Palacios, presidenta de Arelas (Asociación de menores trans) e máis eu, como presidenta, naquela altura, de Transforma (Asociación de persoas trans adultas), quedamos encargadas de preparar un proxecto o máis traballado posible. Falamos con diferentes especialistas, como persoal sanitario e xuristas, para que nos asesorasen e facer o texto defendible perante as institucións. E chegamos, por fin, á nosa proposta, coa que quedamos moi satisfeitas.

Como foi a experiencia no Parlamento? 
Pois comezou con sorpresas. O luns 3 de xullo soubemos que Fito Ferreiro, un coñecido activista LGTBI, ía presentar unha semana despois un proxecto de Lei de Identidade de Xénero no Parlamento de Galicia, en nome do PSOE. Non o vimos lóxico, xa que queriamos que a proposta partise desde o colectivo, e que fose apoiada polo maior número de forzas, e non capitaneada por unha forza en concreto. E máis tendo en conta que a proposta de Lei era a nosa, traballada en conxunto por numerosas persoas e colectivos de toda Galicia. Así que traballamos arreo e enviamos a nosa proposta esa mesma semana, o mércores, previa revisión co equipo de asesoras de cara a seguir fechando os temas pendentes, e con todas as asociacións e persoas que participaron do proxecto, chamando a unha revisión final e a presentala todas xuntas ese mesmo venres. E así fixemos. Nese momento contabamos co apoio, dentro do Parlamento, de BNG e En Marea, que firmaron as dez medidas que conformaban a nosa proposta de Lei de Identidade de Xénero para o ano 2017, mantendo aberto o proceso de emendas para seguir mellorando a proposta. Ao final sumouse o PSOE tamén, e conseguimos que a oposición enteira avalase a nosa proposta.

E topastes coa barreira do PP e a súa maioría absoluta
Son así, non queren ver o futuro, do mesmo xeito que votaron en contra da Lei de matrimonio homosexual. O PP precisaba unha escusa para votar en contra da lei, e conseguiuna coa colaboración de dous colectivos: Chrisalis Galicia e Fundación Daniela, que non contan con apoio social aquí –son dúas persoas, unha por colectivo. Asinaron a creación dunha UTIG para menores (Unidade de Transtorno de Identidade de Xénero), e poñen á fronte unha persoa, o doutor Araújo, que só tratou persoas adultas e que conta con varias denuncias de persoas transexuais polo trato recibido. E, ademais, apoiados por estas dúas asociacións, que a nivel estatal manifestáronse abertamente en contra das UTIG. E din que é unha medida despatoloxizante! Queren de verdade despatoloxizar? Pois que deixen de obrigar a xente a ir ao psicólogo para comezar o tratamento hormonal. O PP quería unha foto para lavar a cara, e conseguírona. Daquela, xa puideron votar en contra.

Que conclusións sacas deste proceso?
Dúas cousas para min moi importantes. A primeira é que os colectivos trans teñen que camiñar xuntos, menores e adultos. Ninguén mellor que nós para asesorar as crianzas: nós fomos menores de idade, e sabemos o que é. E a segunda, que temos que superar os intereses partidistas e loitar polos dereitos de todas. O activismo e a política ou se fan co corazón ou fanse por intereses persoais, e isto último é nefasto.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
Jueves 12 de junio Trans en Lucha convoca por la dignidad de las personas trans fallecidas
La ley da solo a la familia la responsabilidad de velar por la dignidad de sus familiares fallecidos. Pero, ¿qué pasa cuando es la familia quien atenta contra ellos?
Campo de cuidados
Campo de cuidados Lágrimas de luz
Observaciones tras un concierto apretado acerca de jotas, quereres, adolescencias y diversidades de las que caben en todos los marcos, en todas las plazas y todos los pueblos.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.