Transfobia
O legado maldito de J.K. Rowling: parte 2

Pechamos a nosa crítica transinclusiva conxurando un Patronus de protección contra as trampas teóricas das que defenden a segregación. O camiño cara á emancipación humana en tódolas frontes, será trans e queer ou non será.

Rowling Troubled Blood
29 dic 2020 09:30

Cando falamos de ciencia, falamos tamén de poder. Deste xeito as intencións, como diciamos no final da primeira parte deste artigo, son máis que evidentes e pecaríamos de inxenuidade ao tentar rescatar algo en positivo dun discurso que, se ben se escandaliza da etiqueta “tránsfobo” (que considera un insulto) pretende actuar como tal e silenciar á vez o criticismo que lle pranta cara. E é en certo modo unha pena, porque no uso do termo “TERF” hai unha problemática real sobre a que Rowling pasa apresa para rematar coa sorte de teoría cutre da conspiración trans que acabamos reproducimos no anterior artigo.

Transfobia
O legado maldito de J.K. Rowling
Primeira parte dun artigo de análise sobre as últimas “guerras culturais” e a reacción ante os avances de dereitos das persoas trans.

Como sinala a feminista Ayme Román nun magnífico video-ensaio publicado este ano, “o problema co termo TERF é que está xenerizado/feminizado” xa que “actualmente se usa como femenino de tránsfobo dado que non se usa exclusivamente con feministas radicais e parece un agravante”: “Entendo que a idea é: certas mensaxes alimentan un imaxinario que vai en detrimento das mulleres trans e remata lexitimando ou xustificando a violencia contra elas; mais invisibilízase o papel da violencia machista e puteira, a autoría dos crimes contra mulleres trans. É ese home que fetichiza á muller trans (…) quen agrede e asasina, e é ese modelo de masculinidade a principal ameaza para as mulleres trans. Non estou dicindo que non se poida falar de como inflúen certos comentarios; o que me parece nocivo é colocar (case) exclusivamente o foco en mulleres”.

É importante problematizar esas lecturas de adolescencia se unha quere ser consecuente contra a opresión por xénero ou sexualidade

E é importante termos isto claro á hora tamén de comunicar as nosas críticas, porque que de Rowling poidamos ter unha idea asentada en base a unha dilatada traxectoria co tema, e as súas máis inverosímiles xustificacións no canto de calquer tentativa de autocrítica, non ten porque ser así cos millóns de fans en todo o mundo que poden defender á autora. Estaríamos pondo o foco no lugar equivocado. Ter un libro de Harry Potter ou da nova saga Cormoran Strike no estante, non é sinónimo de ser unha persoa transfóbica; e ao mesmo tempo, é importante problematizar esas lecturas de adolescencia se unha quere ser consecuente contra a opresión por xénero ou sexualidade, comezando por porlle nome —e falando entón de transfobia con fundamento—. A saída de Rowling cando di “irónicamente nin tan sequera as feministas radicais son transexcluíntes [pois] inclúen aos homes trans no seu feminismo ao naceren mulleres” é, ademáis de tramposa —xa que a parte “excluínte” do termo TERF refire á exclusión das mulleres trans no suxeito político do feminismo “mulleres”— trátase dunha reprodución mesma da ideoloxía machista —mover o foco á muller, neste caso, ao transfeminismo— implicitamente transfóbica.

Semellanzas cos argumentos provida

Máis explícito no que a transfobia se refere, é que da serie de motivos que J.K. Rowling dá para “estar preocupada polo novo activismo trans” sinale “a enorme explosión de mozas que desexan transicionar, e o crecente número das que deciden detransicionar (volvendo ao seu sexo orixinal) porque se arrepinten de teren tomado medidas que, nalgúns casos, alteraron os seus corpos de maneira irremediable e as privaron da súa fertilidade”. A pregunta evidente, é a quen lle pode preocupar que cada vez máis xente nova poda saír do armario como parte dun xénero distinto ao que foi asignada ao nacer. E se esa persoa non pode ser considerada transfóbica, que pretende logo ao tomar como argumento casos anecdóticos de cuestionable veracidade nos que as “detransicións” corresponderían a maternidades frustradas por confusión adolescente?

Non cómpre ser un xenio para ver aquí unha trasposición do argumentario “provida” sen apenas mudar unha coma deste: as “feministas modernas radicais”, o “preocupante aumento do número de abortos”, os “casos de mulleres arrepentidas tras o aborto”. Tamén afirman en público “non estar en contra da capacidade das mulleres para decidir sobre os seus corpos” e espántalles a etiqueta de “misóxinos” (eles son “provida”!); tamén o recurso a imaxes fantasiosas de “feministas proaborto” que supoñen un perigo para meniñas indefensas. E madia leva se non estamos ante misóxinos de intencións claras.

A propaganda transfóbica apela constantemente a “verdades científicas” nos campos da xenética, fisioloxía, psiquiatría, etc; as máis das veces sen base real

A comparación non é nin moito menos gratuíta, e se os argumentos “provida” modernos se sosteñen sobre unha interpretación humanista de categorías científicas como “cigoto” ou “embrión”, a propaganda transfóbica apela constantemente a “verdades científicas” nos campos da xenética, fisioloxía, psiquiatría, etc; as máis das veces sen base real. Un bo exemplo daríao precisamente Rowling ao falar no seu ensaio da chamada “Disforia de xénero de inicio rápido” ou ROGD (un concepto ideado por tres blogs de pais e nais de fala inglesa con fillas que, segundo afirman, “se identificaron repentinamente como transxénero” e “emprenderon tratamentos” manipuladas pola “narrativa trans” en Youtube, Tumblr ou Instagram) como dunha diagnose médica pouco menos que proscrita, citando o caso da Dra. Lisa Littman tras a publicación dun artigo científico avalando a tese: “Acusóuselle de sesgo e de difundir información falsa sobre as persoas transxénero, e foi sometida a un aluvión de insultos e unha campaña coordinada para desacreditala a ela e ao seu traballo. A revista científica retirou o artigo da rede e volveuno a revisar antes de publicalo de novo. Con todo, a súa carreira sufriu un golpe similar ao que sufriu Maya Forstater”.

O noso propósito é apenas expormos críticamente un discurso manipulador que pretende propagar os dogmas transfóbicos entre a mocidade sensibilizada

O que Rowling omite, é que foron as críticas dende a comunidade científica ao artigo orixinal as que ocasionaron que a revista pedira disculpas nun editorial e acordara coa Dra. Littman “cambios críticos” na revisión do artigo “como un informe de observacións parentais, non un fenómeno validado clínicamente ou unha guía de diagnóstico” (e que cómpre apuntar, baséase exclusivamente nunha enquisa online a 164 pais e nais dos tres blogs que acuñaran o concepto en discusión); consciente, seguramente, de que é un argumento particularmente feble á vista das múltiples eivas que presenta o “informe” dende o punto de vista científico.

O Sombreiro Seleccionador de xénero

De novo, o noso propósito é apenas expormos críticamente un discurso manipulador que pretende propagar os dogmas transfóbicos entre a mocidade sensibilizada, en maior ou menor medida, coas loitas sociais e políticas das persoas LGBT. A demolición do mesmo debe unha procurala na rica produción teórica feminista para levala á vez ao terreo práctico dos movementos de masas; un proceso que esixe alta dedicación e compromiso para abordar con fundamento temas como a disforia de xénero ou as detransicións. Unha das novas voces máis lúcidas no panorama estatal, e que ten ademais a virtude de ser accesible tamén a calquera que se comeza a interesar nestas cuestións, é a da teórica marxista feminista Rosa María García; que nun imprescindible artigo publicado este ano, desmonta uns cantos mitos da visión cis (é dicir, non trans) da disforia de xénero: “Entender a disforia de xénero, non no sentido no que os profesionais do aparato clínico tentaron co obxectivo de domesticaren a nosa realidade, senón no sentido no que a comprendemos as personas trans, permítenos entender máis axeitadamente como se organizan as experiencias en torno ao xénero de acordo á norma social (cis, hetero e androcéntrica), ofrece unha perspectiva máis realista e non patoloxizante e, ao facelo, amplía as posibilidades de certas formas de autonomía, pondo este coñecemento sobre a base necesaria do respecto e do recoñecemento mutuo”.

Desbotarmos dunha vez o dogma simplista dos dous xéneros monolíticos é un deber tamén partisano, que abre o camiño a desfacernos de sociedades interesadas en reproducir esquemas de opresión dende o mesmo momento do nacemento. A perspectiva trans e queer contra os esencialismos de xénero vai ligada inevitablemente á radicalidade política e ética, á destrución de condicións culturais e históricas vellas para a construción dunhas novas. Comprender isto é entender tamén o carácter de clase trala transfobia e as súas ínfulas naturalistas en torno ao sistema sexo-xénero (ao presentárnolo como algo desprovisto de historicidade, por suposto perfectamente perimetrado, e auto-evidente).

Desbotarmos dunha vez o dogma simplista dos dous xéneros monolíticos é un deber tamén partisano, que abre o camiño a desfacernos de sociedades interesadas en reproducir esquemas de opresión dende o mesmo momento do nacemento

Rowling ten clara a idea que defende, mais ao articulala nun discurso dirixido ao emotivo (no que a “forza” dos argumentos para o medo ao trans, se logra coa empatía previa da lectora) non pode tampouco evitar entrar directamente en incoherencias: “Se eu tivese nacido 30 anos máis tarde, se cadra tamén tería tentado transicionar. O atractivo de fuxir da feminidade sería enorme. De atopar na Rede a comunidade e simpatía que non podía atopar no meu entorno inmediato, penso que podería ter sido persuadida para convertirme no fillo que o meu pai tiña dito abertamente que tería preferido. Cando lin sobre a teoría da identidade de xénero, lémbrome do asexuada que mentalmente me sentía eu de adolescente. (...) Como non tiña unha posibilidade realista de convertirme nun home nos anos 80, tiveron que ser os libros e a música os que me axudaran a superar os meus problemas mentais e o escrutinio e valoración sexuais que levan a tantas rapazas a loitaren contra os seus corpos durante a adolescencia”.

O “gancho emocional” no que unha gran parte da xuventude se pode ver reflexada —esas disidencias máis profundas ou menos do xénero asignado, fronte ao que se supón/agarda de nós como parte deste, e que experimentan tamén persoas cis— admite a condición trans mesmo se a caricaturiza de “saída fácil” ante o encorsetamento patriarcal. Dende logo é problemática abondo xa a idea de que o trans sexa unha identidade que se “persuade” e o cis algo co que unha “se reconcilia”, mais polo do momento sinalaremos que é un enfoque máis constructivista que esencialista (a Rownling adolescente non se autopercibe como parte da “outredade” muller por ter nacido cuns xenitais determinados, senón tras unha resignificación da categoría que lle daría a súa madurez intelectual). Dito isto, e apenas unhas liñas máis abaixo: “Lin todos os argumentos sobre que a feminidade non reside no corpo sexuado e as afirmacións de que as mulleres biolóxicas non teñen experiencias comúns, e atópoas profundamente misóxinas e regresivas. É evidente tamén, que un dos obxectivos ao negar a importancia do sexo é o de minar o que algúns parecen ver como a idea cruelmente segregacionista de que as mulleres teñen realidades biolóxicas propias ou, o que é igual de preocupante, realidades unificadoras que as converten nunha clase política cohesionada. (…) Como xa moitas mulleres dixeran antes ca min, a muller non é un disfrace. A muller non é unha idea na cabeza dun home. A muller non é un cerebro rosa, o gusto polos zapatos de tacón, ou calquer outra das ideas sexistas que agora se pregoan como progresistas”.

Aquí o reducionismo fisiolóxico da “muller” é evidente e atende a unha política identitaria conservadora, e se a primeira tese citada é contradictoria coa adolescente que se sentía “asexuada” e atopaba a súa feminidade en referentes culturais disidentes do “feminino”, non o é menos a crítica inicial ao termo “TERF” para reivindicar a continuación un proxecto político —disque— feminista en torno á “muller biolóxica” (excluíndo logo ás mulleres trans). Toma o mando a bile transfóbica ata tal punto, que chega a relacionar absurdamente transactivismo con Donald Trump e o movemento misóxino incel (célibes involuntarios) nun pobre intento de esconxurar con quen se comparte ideario no que se refire aos dereitos das persoas trans.Lembremos tamén que Rowling escribe este ensaio non porque lle preocupe a situación da colectividade trans, mais porque considérase atacada pola etiqueta tránsfoba. E isto é moi propio dos nosos días: o xiro do político ao meramente discursivo. O terrible para Rowling non é tanto ser tránsfoba coma que cho sinalen. E nesa fuxida cara adiante, ten ademais todo o sentido que fantasee coa idea de que a vítima é ela, que o problema está verdadeiramente nas malinterpretacións das súas lectoras transactivistas. É unha reacción, se non inevitable, canto menos agardable. Despois de todo, non deixa de ser o recoñecemento dos avances na disputa pola hexemonía cultural da postura contra a que se dirixe.

Cando cómpre deixarmos de ler “O Profeta”

Un punto que nos parece de importancia crucial aclarar, e xa para rematarmos este artigo, é a cuestión das “cancelacións” e a súa relación coa “liberdade de expresión” na que Rowling gusta de refuxiarse á hora de dar explicacións. O primeiro sería apuntar que a chamada “Cultura da Cancelación” non pasa de ser unha teoría da conspiración: “cancelar” a alguén está mal xa que pretendería á vez censurar o conxunto das ideas da xente coa que non estás dacordo, “arruinarlle” a vida profesional, e promover o seu “linchamento público” fronte ao debate racional. Ningún interese pola nosa parte, abofé, en debater racionalmente o contido concreto dunha tese que parte de principios falsos —non falan as súas apoloxistas de que implica verdadeiramente “cancelar” a alguén, e menos aínda da relación coa liberdade de crítica, os sistemas de opresión e a exclusión social— mais si cremos pertinente sinalar as aristas que consideramos máis problemáticas desta, dende unha perspectiva oposta a un “sentido común” atravesado polas teses máis caducas do liberalismo.

Ningún interese pola nosa parte, abofé, en debater racionalmente o contido concreto dunha tese que parte de principios falsos

O espantallo da liberdade da expresión que pretende acabar coas súas críticas, tivo a ben neste ano sacar un manifesto na revista Harper's en forma de carta aberta asinado por 152 intelectuais de fala inglesa entre as que se atopaba a propia J.K. Rowling. Se cadra fale abondo o feito de que a mesma carta fose aplaudida e suscrita principalmente por personalidades públicas de aberto sesgo conservador e “políticamente incorrectos” —no noso ámbito máis inmediato, foi o diario conservador ABC o elexido como plataforma dun “manifiesto español contra la dictadura del pensamiento único en la izquierda” asinado por Vargas Llosa, Fernando Savater, Arcadi Espada ou Soto Ivars, ao que case debéramos agradecer unha menor ambigüidade ideolóxica respecto da reverenciada “Carta Harper's”—, que lograra incluir vellos mitos do progresismo norteamericano como Noam Chomsky ou Todd Gitlin. Mais resaltaremos pola nosa parte, o denominador común de que de ningunha das sinaturas se pode dicir que fose “cancelada” nun sentido estrito.

Mesmo a Rowling, cun longo historial de polémicas sen visos de rematar, conserva hoxe intactos os seus privilexios profesionais e estatus de millonaria, á vez que mantén unha nada despreciable capacidade de influencia cultural a nivel global (soamente en Twitter, as opinións da autora teñen un seguimento directo de máis de 14 millóns de persoas). As súas “cancelacións” débense entender logo como os primeiros pasos dunha resposta popular contra a industria cultural da transfobia, e de ningún xeito cuestionar a súa pertinencia en base á efectividade real: o principal con estas accións colectivas é que comeza a andadura dun novo suxeito cunha cultura de masas propia que non tolera máis a parodia, o noxo ou o odio ás súas camaradas.

De que “ostracismo” alertan as asinantes da “Carta Harper's”? Os contados exemplos que máis se achegan á delirante tese da Cultura da Cancelación, son xente como Harvey Weinstein, Bill Cosby ou Linda Fairstein (aos que oportunamente nunca se lles cita como “vítimas” do linchamento popular nas redes sociais). O maior risco ao que poden estar expostas no 99% restante dos casos, é á perda puntual dun contrato ou de patrocinios publicitarios. Algo presuposto —nin que decir ten— na mesma lóxica comercial que engrosou antes as súas contas bancarias: sinxelamente, as empresas non están dispostas polo xeral a financiaren unha campaña de marketing que afasta ás súas potencias consumidoras. E aquí, é antes que nada, o beneficio en dólares ou euros, e logo a xustificación ética. Que tamén as persoas racializadas mercan entradas e contratan servizos de streaming, ou que as mulleres trans mercan libros igual que o fan as cis, é algo do que produtoras de cine e grupos editoriais son perfectamente conscientes.

O que as propagandistas do discurso transfóbico non poden pretender, é facer pasar por “censura” os vaivéns do mercado capitalista que as mantén

O que as propagandistas do discurso transfóbico non poden pretender, é facer pasar por “censura” os vaivéns do mercado capitalista que as mantén. Porque a censura abofé existe, pero para as de sempre. Contra o mito liberalista da “liberdade de expresión”, o capitalismo real reprime das máis variadas formas á súa disidencia ideolóxica. Abóndalle con recurrir ao eufemismo de que o seu Estado o que castiga é “apoloxía do terrorismo”, “calumnias” ou “atentados ao honor”. Unha mostra que nos pilla moi preto, é a da “Operación Jaro” contra 12 independentistas galegas acusadas de “enaltecemento do terrorismo” nunha montaxe policial e xudicial que, durante a vista pública na Audiencia Nacional, chegou ao ridículo de afirmar por parte da Fiscalía que felicitar o aniversario a persoas presas era proba do delito que se lles imputa ás encausadas.

Operación Jaro
As inconsistencias da Operación Jaro

Desde a falta de neutralidade nos informes policiais ata erros de procedemento durante a instrución poñen en xaque a acusación fiscal.

Outros exemplos recentes no “democrático” estado español, son as condenas de cárcere aos rapeiros Valtònyc e Pablo Hasél polo contido das letras das súas cancións; mais lonxe de reducírense á “anomalía española”, as “defensoras” inglesas da liberdade de expresión habían ter abondo do que falar coa persecución do republicanismo socialista irlandés nos Seis Condados Ocupados polo estado británico: o pasado mes de agosto en Derry, durante unha redada violenta na casa familiar dun militante do partido político Saoradh por unhas rifas solidarias cos presos políticos irlandeses, as forzas policiais da Coroa non dubidaron en esposar e arrestar ao seu fillo autista de 14 anos e agredir cun porrazo no estómago á súa irmá maior de idade embarazada de 21 semanas, mentras arrestaban ao pai noutra localización. Unha máis de tantas que acontecen a diario fóra da burbulla na que a “gran cruzada contra a liberdade de expresión” estaría (afirman) nas opinións en Twitter de consumidoras desconformes cun produto cultural transfóbico.

As empresas non están dispostas polo xeral a financiaren unha campaña de marketing que afasta ás súas potencias consumidoras. E aquí, é antes que nada, o beneficio en dólares ou euros, e logo a xustificación ética

Resulta particularmente obsceno que a Rowling pretenda vitimizarse ante unha crítica lexítima, cando no mesmo mes no que asinaba a “Carta Harper's” lograba a censura dun artigo en The Day (unha páxina inglesa de noticias de apoio pedagóxico escolar) tras unha “demanda por difamación” á editora por chamar no mesmo ao boicot dos seus libros e expor a controversia da autora coa autodeterminación do xénero. Mais sería un erro consideralo hipocresía. Rowling cre na liberdade de expresión para certo tipo de ideas e na censura doutras, e non hai nada de contraditorio nisto. Cando as críticas da “Cultura da Cancelación” alertan da “ditadura do politicamente correcto”, “pensamento único” etc. máis que expresar unha preocupación real, expoñen entre liñas unha declaración de intencións: “O que queremos é non ter que soportar as voces críticas de trans e aliades cando falamos delas”.

A dobre lección aquí é evidente: os límites da liberdade de expresión teñen prezo á mellor ofertante, e as actuais críticas á “Cultura da Cancelación” débense entender como un intento de persoas “con moito que perder” de permaneceren intocables fronte as consecuencias dos seus actos/palabras. A axenda tránsfoba (ou “Gender Critical”, como prefire autonomearse), sinxelamente lembra ás súas críticas o seu lugar no mundo hoxe. Nas nosas mans queda, afortunadamente, deixar un legado mellor ás que veñan detrás.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIfobia
Represión El miedo al cruising en la Transición
El investigador Javier Fernández Galeano recoge testimonios y expedientes del Juzgado de Peligrosos y Rehabilitación Social entre el 1971 y 1978 para mapear la persecución a quiénes practicaban cruising.
PSOE
Congreso del PSOE El PSOE borra la Q y el ‘plus’ de las siglas LGTBIAQ+ y los colectivos responden: “Se trasladará en violencia”
Unas enmiendas aprobadas durante el 41º Congreso Federal del PSOE piden excluir a las mujeres trans del deporte femenino y eliminan la ‘Q’ y el ‘plus’ en las siglas del colectivo queer en los documentos internos del partido.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel y Hamas llegan a un acuerdo para el alto el fuego
Donald Trump y fuentes diplomáticas de EE UU, Egipto e Israel confirman un acuerdo para intercambiar prisioneros y el comienzo de la retirada del norte de Gaza.
Comunidad de Madrid
Mala climatización Centros escolares públicos denuncian presiones de la Comunidad de Madrid para bajar la calefacción
El sindicato CC OO presenta una denuncia ante Inspección de Trabajo después de constatar centros con temperaturas de hasta 10 grados en el interior y órdenes de contener la temperatura en los radiadores.
Historia
Descifrando a historia As cortes de Melide, así foi como o medo da nobreza galega tratou de frear novas revoltas como a Irmandiña
No ano 1520 en Castela, estala a Guerra das Comunidades. Esta revolta vai ter un carácter antiseñorial e tamén en contra o novo rei, Carlos I. En Galiza, tamén tivo o seu eco.
Unión Europea
Europa Fortaleza La presidencia polaca del Consejo de la UE, mala noticia para los derechos de las personas migrantes
Ha llegado el turno de Polonia de presidir el Consejo de la UE y el país centroeuropeo presenta un programa que habla de la “instrumentalización de la migración” y de externalizar fronteras
Laboral
Cuidados precarios Tres de cada cuatro empleados de hostelería hospitalaria han sufrido lesiones en su trabajo
Un estudio de Comisiones Obreras presentado este miércoles retrata un sector mal valorado, con alta temporalidad y en manos de empresas privadas

Últimas

Elon Musk
Elon Musk La compra de Twitter por Elon Musk, a los tribunales
La Comisión de Bolsa y Valores denuncia al CEO de Tesla por ocultar información sobre su adquisición de acciones de la red social.
Palestina
Genocidio Durísima campaña de asesinatos por parte de Israel cuando se ultima el alto el fuego con Hamás
Los términos del acuerdo incluyen la entrega de prisioneros por parte de Hamás y la entrada de más camiones humanitarios. Las FDI siguen, no obstante, atacando campos de refugiados.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Los niños y niñas de Gaza están muriendo de frío
A las consecuencias de los bombardeos y el hambre se le ha sumado con la llegado del invierno las muertes por hipotermia, una situación que afecta especialmente a los recién nacidos.
Burorrepresión
Guadalajara Los “8 de Caixabank” se declaran insumisos judiciales y no participarán en el juicio de febrero
Los activistas de la PAH Guadalajara están convocados el próximo 10 y 12 de febrero acusados por haber realizado una protesta en la sucursal de Caixabank de Cabanillas del Campo en 2017.
Más noticias
Galicia
Galicia Las cortes de Melide: cómo el miedo de la nobleza gallega trató de frenar nuevas revueltas como la Irmandiña
En el año 1520 en Castilla, estalla la Guerra de las Comunidades. Esta revuelta va a tener un carácter antiseñorial y también en contra del nuevo rey, Carlos I. En Galicia, también tuvo su eco.
Represión
País Valencià Cargas y tres detenidas en València al intentar parar un desalojo sin orden judicial
Empleados de la empresa “Fuera Okupas” se han presentado junto a la policía para tratar de intimidar y desalojar a los habitantes del número 4 de la calle Doctor Peset.
Justicia
Juana Rivas La Audiencia Provincial de Granada decidirá sobre el caso de Juana Rivas
El Juzgado de Instrucción nº9 de Granada, que había recibido el caso, se abstiene del mismo que queda suspendido y en manos de la Audiencia Provincial de Granada
Sareb
Derecho a la vivienda Civio lleva a la Justicia a la Sareb para que revele cómo malvendió 10.000 viviendas protegidas
La Fundación Civio presenta un recurso contra el ‘banco malo’ por negar el derecho al acceso a la información sobre los compradores y el precio al que fueron vendidas 9.400 viviendas de protección pública.

Recomendadas

Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Asturias
Alejandro Álvarez “En Duro Felguera cuestionaron la legitimidad de la violencia patronal y redefinieron lo que es la violencia”
En 'No era imposible. Crónica del conflicto laboral en Duro Felguera, 1989-1999', Alejandro Álvarez rescata la memoria de una victoria de los trabajadores contra la empresa, el gobierno regional y los sindicatos.
Groenlandia
Crisis climática Groenlandia, la isla que pierde 30 millones de toneladas de hielo por hora
El territorio que Trump quiere anexar a Estados Unidos, 2,2 millones de kilómetros cuadrados situado entre el Atlántico y el Ártico, sufre una pérdida de hielo cinco veces mayor que hace 20 años por el calentamiento global.
Venezuela
Luis Bonilla-Molina “El salario en Venezuela ya resultaba insuficiente antes del bloqueo”
Historiados e integrante de Clacso, Bonilla-Molina analiza la actualidad de Venezuela, marcada por un ataque contra el nivel de vida de la clase trabajadora y una deriva autoritaria que se aleja del proceso bolivariano iniciado por Chávez.