Opinión
Non están sós!

Cantas máis persoas asasinadas fan falta para que a comunidade internacional presione a Israel para que deixe de matar impunemente? Cantos bombardeos fan falta para evitar unha catástrofe humanitaria como a que está vivindo o Pobo palestino en Gaza?
Camiones Frontera Rafah
Camións detidos preto do paso de Rafah, entre a Franxa de Gaza e Exipto, nunha imaxe compartida pola eurodeputada Ana Miranda.

Eurodeputada do BNG
@anamirandapaz

5 mar 2024 06:00

Este xoves vimos en directo un golpe máis ás vidas palestinas. Mentres un grupo ía recoller comida, as balas da crueldade asasinaron sen piedade. É deshumanización absoluta que doe.

Máis de 30.000 persoas asasinadas, máis de 70.000 feridas, máis de 360.000 vivendas destruídas ou danadas, infraestruturas civís destruídas -como hospitais e universidades-, e aproximadamente 2 millóns de persoas desprazadas pola forza son as terribles cifras que nos deixan os ataques israelís.

Cantas máis persoas asasinadas fan falta para que a comunidade internacional presione a Israel para que deixe de matar impunemente? Cantos bombardeos fan falta para evitar unha catástrofe humanitaria como a que está vivindo o Pobo palestino en Gaza?

Hai un mes, a Corte Penal Internacional ordenou a Israel que proporcionase “medidas cautelares inmediatas y efectivas” para protexer á poboación palestina na Franxa de Gaza asegurando suficiente asistencia humanitaria e permitindo servizos básicos. Pois ben, Israel incumpre sistematicamente este e calquera outro ditame da xustiza internacional sobre a protección da poboación civil.

No centro loxístico de recollida e distribución de axuda humanitaria internacional hai até 2.000 camións bloqueados por Israel cargados de material humanitario

Pero Israel non só mata con bombas. A degradación moral do goberno sionista vai máis alá. Tal e como puiden comprobar a fin de semana pasada indo ao paso fronteirizo de Rafah, -situado entre Exipto e a Faia de Gaza-, no centro loxístico de recollida e distribución de axuda humanitaria internacional hai até 2.000 camións bloqueados por Israel cargados de material humanitario. Alimentos, auga potabolizadores, bombas de osíxeno, medicinas e material sanitario, xeradores eléctricos e tendas para dar acubillo as persoas que perderon a súa casa polos bombardeos, entre outros materiais, son retidos polo exército sionista. É inmoral que morran bebés por falta de leite mentres hai camións bloqueados!

Non son necesarias máis palabras nin máis denuncias, son imprescindibles accións: cese ao fogo inmediato e que se protexan as vidas, porque se non os matan por bombas mátanos de fame e sede. Por iso as 21 axencias internacionais e os 40 países donantes desa axuda internacional que rexeita Israel teñen que presionar sen descanso para que Israel cumpra a lexislación internacional e para que o alto ao fogo sexa inmediato e permanente.

E por iso que son imprescindibles sancións inmediatas, o embargo de armas e a suspensión inmediata do acordo entre a Unión Europea e Israel

Na construción do relato de deshumanización do Pobo palestino, no que Israel tanto se está esforzando, os ataques sen probas á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA) son outro dos piares fundamentais. Estas acusacións sen probas forman parte da estratexia que desenvolve Israel contra o Pobo palestino, xa que a UNRWA presta apoio a 5 millóns de palestinos e palestinas rexistradas en Oriente Medio e dá refuxio, educación e servizos básicos a un millón de persoas desprazadas en Gaza, desenvolvendo a súa labor en situacións de alto risco. Demonizan á UNRWA para evitar que a poboación palestina desprazada perda a súa condición de “persoa refuxiada” e así impedir o retorno amparado por Nacións Unidas.

Hai que rematar coa impunidade de Israel. Desde hai décadas destrúe impunemente miles de infraestruturas en territorio palestino, -casas, escolas-, unha boa parte delas financiadas por organismos internacionais, principalmente pola UE e os seus Estados membros. Ampara os asentamos ilegais e a ocupación pola forza, a opresión e o apartheid. Israel é un Estado xenocida que perdeu o relato internacional aínda que siga tendo impunidade, porque cos bombardeos indiscriminados sobre a poboación civil e co bloqueo de axuda humanitaria só amosa o seu colapso moral.

Cada vez, aínda que non o pareza, hai máis voces denunciando a masacre e a aniquilación en Gaza. E por iso que son imprescindibles sancións inmediatas, o embargo de armas e a suspensión inmediata do acordo entre a Unión Europea e Israel. Evitar a catástrofe humanitaria en Gaza é unha obriga. Porque o Pobo palestino ten o dereito a vivir en paz na súa terra. Non choremos aínda que doa. Presionemos e fagamos boicot. Esixamos accións contra o xenocidio.

En Al Arish, unha muller palestina que visitei no hospital e que perdeu ao seu home ficando con dous bebés, díxonos: estamos sós, loitade por nós.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...