A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario

A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Concepción Pombo
A nova directora da CRTVG, Concepción Pombo.

A xornalista Concepción Pombo foi nomeada nova directora xeral da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) tras unha terceira votación no Parlamento de Galiza, na que unicamente contou co respaldo do Partido Popular, xa que o resto de grupos parlamentarios móstranse en contra da súa designación. Pombo substitúe a Alfonso Sánchez Izquierdo, quen estivo á fronte do ente público durante 16 anos, desde a súa elección en 2009 coincidindo coa chegada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno galego.

Despois de non obter os apoios necesarios nas dúas primeiras roldas —que requirían maiorías de 50 e 45 deputados, respectivamente—, a súa elección foi posible nunha terceira votación, onde abondou coa maioría absoluta (38 escanos) da que dispón o PP, promotor da súa candidatura. O proceso realizouse mediante votación en urna ao inicio do pleno celebrado este martes, sen debate previo. O escrutinio deu 39 votos a favor e 33 papeletas sen marcar, consideradas como votos en contra.

A candidatura de Pombo, que foi impulsada exclusivamente polo PP na comisión parlamentaria de control dos medios públicos, axústase á nova lei que transforma a CRTVG na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia SA (CSAG) e modifica o sistema de maiorías requirido para este nomeamento. É dicir, o Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que só cos seus votos se garantise o control do ente público.

O BNG sinala “o dedazo” do Partido Popular

A sesión plenaria comezou coa intervención da viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, quen solicitou un cambio na orde do día para permitir unha quenda de intervencións dos grupos, aludindo ao que cualificou como “o dedazo” do PP, co que —segundo dixo— “pretenden reforzar o seu control e aumentar a manipulación política”. A proposta foi sometida a votación, pero a maioría do PP rexeitouna. Tanto o BNG como o PSdeG opuxéronse firmemente á elección de Pombo, a quen describen como a opción “máis radical” e responsabilizan de contribuír ao “desmantelamento do pluralismo” nos medios públicos galegos.

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A folga dos traballadores da TVG contra 15 anos de manipulación e privatización deseñados por Feijóo
Empregados e empregadas da Televisión de Galiza fan un mes de paros parciais tras a primeira externalización de contidos informativos da historia da cadea, convocados por catro do cinco sindicatos con representación.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...