Vigo
Abel Caballero simulou un concurso público de 1,9 millóns para pagar un concerto xa acordado con Guns N'Roses

A promotora recoñece que o patrocinio do Concello era o principal aliciente para levar a banda estadounidense a Vigo e non a calquera outra cidade. A Fiscalía decidirá se investigar un presunto delito de prevaricación e malversación.
Tradución: Alma López Figueiras
12 jun 2023 10:40

O Goberno municipal de Abel Caballero en Vigo simulou unha licitación aberta de 1,9 millóns de euros para contratar a dedo a banda norteamericana Guns N' Roses, que actúa este luns no estadio municipal de Balaídos. Fontes oficiais da promotora Live Nation, que xestiona as actuacións da banda en Europa, recoñeceron en conversa con esta redacción que contaban cun acordo previo co Concello de Vigo para patrocinar a actuación da exitosa banda de rock na cidade. As mesmas fontes explican, de feito, que ese patrocinio era o principal aliciente para que a banda fixese escala en Vigo e non en calquera outra cidade onde poder obter unha maior rendabilidade. Un suposto erro durante a tramitación do millonario contrato deixou a licitación deserta, pero a promotora asumirá o risco e seguirá adiante co concerto “por respecto aos fans”, a pesar dunha expectativa de “perdas millonarias”.

Elecciones
Eleccións municipais Abel Caballero rega con 2,5 millóns de euros a medios afíns a semanas das eleccións
Contratos para publicitar concertos coas entradas case esgotadas, eventos organizados por xornais e un opaco e millonario plan de medios: o goberno local coa maioría absoluta máis prominente do Estado apura a repartición de fondos públicos.

Todo comezou en febreiro deste ano, cando a mítica banda puxo Vigo nas canles oficiais da súa xira. Ás poucas horas, o propio alcalde xactábase da súa xestión no programa semanal que ten na televisión local que o seu propio Goberno financia: "Nós sabemos operar moi ben con [estadio municipal] Balaídos. Imos meter máis de 30.000 persoas. Isto permítenos un gran concerto”. A pesar de que nese momento nin había reserva de crédito orzamentario nin licitación aberta, o alarde continuaba: “Guns N' Roses vén a Vigo e a Madrid. A ningún outro sitio de España. Na xira está en París, en Roma, en Londres... Está nas capitais de Europa e en Vigo (ri). Estou recibindo moitísimos parabéns”.

A finais de marzo, as entradas saíron á venda e, en menos de 24 horas, vendéronse case 25.000 ao mesmo prezo que, por certo, a actuación privada da banda en Madrid, algo que xerou críticas dos partidos de esquerdas na cámara municipal, como BNG e Marea de Vigo: “Como é posible que un concerto realizado a custo cero nun estadio municipal e que vai contar con diñeiro público, segundo se di, non teña ningún desconto nas entradas?”.

Non había ningún outro concerto programado nesas datas e, ata o ano pasado, o estadio municipal levaba máis de dúas décadas sen acoller ningunha actuación.

Con case todos os boletos vendidos, todavía non se sabía nada do patrocinio que o Goberno local anunciara aos catro ventos ata que, a finais de abril, a Concellería de Festas licitou un contrato de patrocinio publicitario valorado en 1.891.946,12 euros. Pero non era una licitación normal. En teoría presentábase como “licitación aberta” á que podía concorrer calquera empresa. O obxecto do contrato, iso si, xa sementaba dúbidas desa suposta concorrencia competitiva: “O patrocinio publicitario dun concerto internacional a celebrar no estadio de Balaídos na data proposta polo adxudicatario entre o 5 e o  27 de xuño de 2023”. O contexto para entender a singularidade: non había ningún outro concerto programado nesas datas e, ata o ano pasado, o estadio municipal levaba máis de dúas décadas sen acoller ningunha actuación. Ademais, soamente deron dez días para a presentación de propostas nos que, en teoría, unha banda internacional tería que organizar un concerto no estadio e presentarse ao concurso.

Desde que se coñeceron os primeiros indicios de que esta tramitación podería ter chegado dun acordo previo negociado extraoficialmente, Caballero non deu declaracións aos medios

Pero o acoutamento non foi suficiente. Nas condicións, as técnicas esforzáronse en garantir a Guns N' Roses. Segundo os requerimentos do contrato, a banda debía ser gañadora “como mínimo, dun premio internacional de prestixio no campo musical, tal como o Grammy ou o World Music Award ou semellante”; “contar cunha discografía de alomenos cinco discos de estudo, que no seu conxunto superasen os 60 millóns de copias vendidas en todo o mundo”; “ter realizado un mínimo de cinco xiras internacionais”; e acumular “o número mínimo de subscriptores” en redes sociais de 15 millóns. Un concelleiro da oposición chanceaba o día no que saíu o concurso nos corredores da casa consistorial: “Faltoulles poñer que a actuación debía ser dunha banda cuxo nome empece por Guns e remate por Roses”.

O Concello de Vigo negouse rotundamente a responder calquera das preguntas desta redacción. É máis, o alcalde de Vigo leva dous mandatos facendo unha rolda de prensa diaria e, desde que se comezaron a coñecer os primeiros indicios de que esta tramitación podería ter chegado dun acordo previo negociado extraoficialmente, Caballero non fixo nin unha soa declaración ante os medios de comunicación.

A pesar do carácter personalizado, a licitación quedou deserta

A pesar da especificidade das condicións da oferta, nunha entrevista en elDiario.es, preguntado polas razóns que lle levaron a gastar 1,9 millóns en patrocinar un concerto con case todas as entradas vendidas, o alcalde de Vigo dicía que o diñeiro non era para Guns N' Roses, senón para “o que gañe o concurso”. Recoñecer que este contrato era para a promotora de Guns N' Roses, claro está, tería fundamentado sospeitas de alomenos un presunto delito de prevaricación e malversación de caudais públicos. Que a licitación ía ir destinada a sufragar o concerto da banda norteamericana era vox populi e ata os seus medios de comunicación máis afíns dérono por feito. Medios que, como destapou El Salto, ían levar unha boa porción dese diñeiro a través de anuncios dun concerto con case todas as entradas vendidas.  

A licitación quedou nun limbo ata despois das eleccións a pesar de saberse que está perdida

Non obstante, aínda que podería presumirse o evidente do contrato realizado ad hoc, a coprodutora viguesa do concierto, Sweet Nocturna, presentou a solicitude da partida de forma defectuosa. O 11 de maio, a 17 días das eleccións municipais, a mesa de contratación notificoullo á empresa e deulle tres días para arranxar as deficiencias. Faltáballes aportar a “copia da escritura de cesión dos dereitos de representación en exclusiva do artista”. A pesar de ser un suposto procedemento aberto e o prazo que outorgou a administración local, no portal de Contratacións do Estado non se tivo ningunha nova ata o primeiro de xuño, catro días despois de que o PSOE de Caballero acadase unha nova e folgada maioría absoluta nos comicios municipais. Sabíase, entón, que o concurso público quedara deserto.

Nese momento, e a través de filtracións aos medios de comunicación, o Concello e as promotoras cruzáronse declaracións reprochando responsabilidades mutuas. De feito, foi a propia produtora e multinacional Live Nacion quen, “por rescpeto aos fans”, decidiu manter en pé o concerto “asumindo perdas millonarias”. E así o confirmaron fontes oficiais a esta redacción, insistindo no porqué de ter escollido Vigo e non unha cidade máis grande onte poder obter maiores ganancias. De feito, nunha das informacións máis críticas, do dixital Vigoé, a produtora sinala directamente a Abel Caballero como responsable último: “Se alguén ten que explicar algo é o alcalde”.

A Fiscalía terá que decidir se investiga

Nos próximos días, e á vista dos feitos, varios colectivos da sociedade civil viguesa e o famoso avogado do caso Deborah, Ramón Pérez Amoedo, farán constar a sucesión de feitos aquí narrada na Fiscalía da Área de Vigo para pedir unha investigación de oficio. A xuízo do letrado e dos colectivos que están decidindo se querelarse contra o consistorio, teríanse producido presuntos delitos de prevaricación administrativa, malversación de caudais públicos, tráfico de influencias e incluso falsedade documental.

En lugar de fiscalizar ao Concello, a prensa local decidiu sinalar ao avogado que porá os feitos en coñecemento da Fiscalía

“A licitación foi aberta cando eu, vía expediente, comecei a advertirlles e preguntarlles en base a que contrato íanse regalar 1,8 millones de euros a esta promotora, cando xa se vai quedar co 100% das entradas, as barras do concerto e ten unha cesión gratuíta do estadio municipal por dez días”, explica Amoedo a esta redacción. Semana a semana, Amoedo foi solicitando información pública a través do rexistro municipal. O Concello comezou a cuestionar as razóns que o movían: “Comezaron a preguntarme en nome de quen actuaba e incluso pedíanme probas que fundamentasen as miñas afirmacións. Eu lles contestaba, claro, que son un cidadán preocupado polo destino dos meus impostos e que as probas xa as presentarei no seu momento no xulgado”.

A menos de vintecatro horas da celebración do concerto e tras trascender as intencións da sociedade civil de xudicializar esta contratación, a prensa máis afín ao Goberno local está atrincheirada na defensa da xestión do alcalde e opta por sinalar ao avogado como brazo executor dunha conspiración. “A historia ensinounos que con frecuencia detrás das grandes causas agóchanche intereses moito máis mundanos (...) hai unha man negra detrás cuxa única intención era rebentar o show”, reza un artigo de opinión do Faro de Vigo, o diario mái lido, por moito, da cidade e a miúdo compracente coa xestión do PSOE de Caballero en Vigo. Non é relevante un acordo extraoficial dun representante público. Non importa que esta manobra poida acabar en imputacións de altos funcionarios do Concello —outra vez—. Onde decidiron poñer o foco é nas intencións de quen denuncia.

Mentiras sobre a distribución de recursos entre entre bandas locais

Despois do anuncio de patrocinios millonarios a bandas internacionais e tras unha guerra local por manter viva a única sala de ensaios pública da ciudade, a asociación Grupos en Loita de Vigo reclamou, por enésima vez, partidas orzamentarias que dean osíxeno á cultura local e galega, que adolece de circuítos sólidos ou contratacións públicas.

Ante a presión, o alcalde comprometeuse a facilitar esa inclusión: “Eu vou facer [este fin de semana] un gran festival de rock en Vigo. Será o Rock in Vigo. Un festival con grupos de Vigo na Porta do Sol que culminará o luns co gran concerto de Guns N' Roses”. “Dígoo porque vou contactar cos grupos de rock de Vigo e de Galiza para que veñan participar neste festival”, afirmou entón. A prensa engadiuno á súa axenda, mais nunca se volveu saber ren. Algo que causou a indignación xeralizada da escena musical na cidade.

Arquivado en: PSOE Vigo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El bloque de investidura se adentra en un huracán legislativo hasta el verano
El Gobierno y sus socios en el Congreso deberán surfear una marea de proyectos que pondrá contra las cuerdas la mayoría parlamentaria: presupuestos, reducción de jornada, ley Mordaza,reforma de migración en Catalunya y condonación de deuda autonómica
Congreso de los Diputados
Congreso Sumar hace malabares con el debate de la defensa y apunta contra la “izquierda frívola”
El grupo que lidera Yolanda Díaz se reacomoda al compás de los nuevos hitos en la geopolítica, no sin contradicciones y con Podemos en colisión. Desde el PSOE advierten que será un debate “no de semanas sino de meses”.
Crisis climática
Informe de la OMM El nivel del mar se disparó en un 2024 que contabilizó el mayor número de desplazados climáticos en 16 años
El balance climático de 2024 de la Organización Meteorológica Mundial resalta datos preocupantes en indicadores clave de la crisis climática y confirma que el pasado fue el año más cálido jamás registrado.
Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
Crisis climática
Informe España experimentó 28 días de temperaturas por encima de la media en invierno por el cambio climático
València experimentó el mayor número de días por encima de la media (33) y Barcelona vivió la mayor intensidad de la anomalía: 1,4ºC sobre el promedio. Casi 394 millones de personas por todo el mundo sufrieron 30 días o más inusualmente cálidos.

Últimas

Más noticias
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
València
Racismo El Aita Mari se querella contra Vox Borriana y un diputado ultra por llamarles “barco negrero”
Un edil de Borriana y diputado autonómico ultra les acusó de ser “barco de negreros” y “cooperador necesario de las mafias de tráfico de personas”. El partido difundió estas declaraciones.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente Miles de persoas enchen as prazas galegas contra o ‘si’ ambiental da Xunta a Altri
A Plataforma Ulloa Viva logrou mobilizar decenas de concentracións nos concellos da conca do río Ulla e máis alá para protestar contra a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Goberno de Alfonso Rueda para a celulosa.
Cine
Vicente Monroy “El capitalismo es un ejercicio de destrucción de la curiosidad”
En su nuevo ensayo, Vicente Monroy convierte la penumbra de las salas de cine en protagonista, tejiendo un relato fascinante que une sus dos grandes pasiones: el cine y la arquitectura.