Violencia policial
O movemento antirracista denuncia a “brutalidade policial” do asasinato da Coruña e pide xustiza

Trala noticia na mañá do 25 de decembro onde transcendía que un mozo negro e migrante de 35 anos fora asasinado pola Policía Nacional no Polígono de Grela (A Coruña) cun pretexto cambiante de presunta violencia, o movemento antirracista galego ergueuse para denunciar o que consideran un novo caso de “brutalidade policial” que desembocou nun “asasinato racista” a mans dos corpos e forzas de seguridade do Estado español. Ademais, segundo unha entrevista publicada en La Voz de Galicia, a familia da vítima sinala que “podería estar a sufrir un brote de esquizofrenia”. “Tanto a brutalidade policial deste caso como o tratamento nos medios de comunicación son unha representación da violencia e racismo sistémico”, sosteñen o seis plataformas asinantes dun comunicado emitido este mércores: SOS Racismo Galicia, Casa da Comunidade Aluandê, Foro Galego de Inmigración, Asociación de Mobilidade Humana, Asociación Galega do Colectivo Mexicano e Resistencia en Terra Allea.
Todas as organizacións poñen o foco nas preguntas que lles xeran o baile de versións sobre os feitos ofrecidos pola Policía Nacional e o Sindicato Unificado de Policía. “Nas primeiras declaracións alegábase un disparo 'fortuíto' destinado ás pernas como medio de inmovilización dado que o suxeito escapaba mentres que nas últimas remárcase a necesidade de defensa propia por mor da agresividade do 'delincuente'”, sinalan para cuestionar profundamente esta actuación policial na que varios axentes se viron, segundo as fontes recollidas polos medios de comunicación de masas, “sen outra opción” que usar a violencia extrema e letal mediante a utilización de armas de fogo. “Consideramos que se trata dun asasinato a unha persoa soa nun polígono, illado de calquera outro civil ao que danar. De feito, o relato policial non inclúe ningún tipo de violencia cara a ningunha outra persoa implicada, senón cara ao mobiliario e os vehículos ao seu redor. A actuación é evidentemente desproporcionada e esiximos unha investigación a fondo, xunto coa depuración das responsabilidades políticas competentes”, reclaman.
Critican o tratamento informativo “racista” do medios
Respecto ao tratamento dos medios de comunicación dos feitos, as organizacións asinantes repudian que “se sinalen ás persoas negras e latinas como máis violentas, o que constitúe unha das xustificacións racistas para o uso desproporcionado de medidas coercitivas”. Tamén destacan o uso pouco dilixente da linguaxe. Varios medios de comunicación utilizaron o termo “abater”, “cunha evidente carga de lexitimar a forza bruta mortal usada pola Policía Nacional fronte a un suposto delincuente demasiado violento”, deuncian. “Repudiamos o racismo interiorizado e sistémico que sosteñen ás institucións e que autorizan casos de brutalidade policial como este”, recalcan as plataformas do movemento antirracista galego.
A nivel estrutural, critican duramente que os medios de comunicación sigan utilizando a procedencia da vítima como unha especie de “agravante” mentres que “non sinalan a súa orixe racial como un precipitante para unha actuación policial violenta e desproporcionada”. “Tamén denunciamos e remarcamos o trato racista por parte dos medios de comunicación do asasinato do novo español de 22 anos, de orixe peruana, por mor de varias puñaladas o 24 de decembro”, engaden.
Detencións por perfilamiento racial a diario
SOS Racismo Galicia e o resto de compañeiras e compañeiros afondan en que estes feitos forman parte dun “armazón institucional e policial de supremacía branca, racista e colonial, no que as detencións por perfilamiento racial son diarias, por moito que fosen condenadas abertamente e de maneira reiterada por institucións internacionais”. “Tanto Galiza como o Estado español son territorios racistas e coloniais. Non temos que mirar a EEUU para denunciar a violencia deste sistema, o Black Lives Matter tamén é unha realidade aquí. Esiximos que se depuren responsabilidades políticas e se abra unha investigación que axude a dilucidar os feitos que tiveron como resultado o asasinato deste mozo de 35 anos polo feito de ser negro”, recalcan.
Como colofón, esixen que as esquerdas galegas e estatais “se ergan e usen os seus privilexios para denunciar este feito. Que poñan o corpo para que se saiba dunha vez que as vidas negras, xitanas, migrantes, racializadas, si importan”.
Violencia policial
O asasinato dun migrante a tiros por un axente na Coruña reabre o debate sobre a violencia policial
Relacionadas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Últimas
O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Recomendadas
Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!