Xunta de Galicia
A empresa da irmá de Feijóo facturou 1,8 millóns en 175 contratos a dedo da Xunta en 2024

Estas licitacións con Eulen, a empresa que Micaela Núñez Feijóo dirixe no noroeste do Estado, súmanse ás 1.311 concedidas polo Goberno galego por un total de 4,8 millóns e que motivaron unha comisión de investigación en Galiza.
Micaela Nuñez Feijoo
Foto: Xunta

A empresa da irmá de Alberto Núñez Feijóo pecha 2024 cun total de 175 contratos a dedo recibidos por parte de organismos galegos dependentes da Xunta de Galiza. Isto tradúcese nun total de 1.842.354,32 euros de diñeiro público, impostos incluídos, que foron parar directamente ás contas da rede empresarial de Eulen desde as contas da Administración galega e sen ningún tipo de concurso previo. E iso só no último ano. Se a conta se retrotrae a 2018 —o ano desde que a Xunta comezou a facer públicos os seus contratos—, habería que sumarlle os outros 4,8 millóns repartidos nos 1.311 contratos que revelou esta redacción. Podes consultar aquí as licitacións.

Polo de agora, o Goberno galego ten bloqueado o acceso da cidadanía aos contratos que comprenden o período entre os anos 2009 e 2017, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza da Xunta, así que é máis que probable que a cantidade total de licitacións menores sexa bastante máis avultada que a suma das desveladas até este momento. De feito, o acceso ás si publicadas non é especialmente transparente nin moito menos accesible. A arquitectura web do portal de transparencia da Xunta de Galiza impide, premeditadamente, accións moi sinxelas para calquera base de datos. Sen ir máis lonxe, buscar polo nome xurídico das empresas adxudicatarias ou polo seu CIF. Tampouco, por exemplo, facer balances globais nun período de goberno. Soamente permite a visualización de datos de tres meses en tres meses.

O xeito de proceder non variou desde que O Salto puxo no foco as contratacións menores da Administración galega. A empresa de Micaela Núñez conseguiu a avultada cifra deste 2024 levándose centos de contratos de boa parte dos organismos dependentes do Goberno galego, que contrataron de forma recorrente con familiares de altos cargos do partido, como consellerías, axencias públicas, consorcios, organismos autónomos, fundacións do sector público, sociedades mercantís públicas e outros entes como institutos sectoriais ou centros de innovación. Todos eles elixiron nalgún momento contratar con Eulen, Eulen Centro Especial de Empleo, Eulen Seguridad e Eulen Servicios Sociosanitarios, corporacións do mesmo núcleo empresarial.

Os outros contratos gañados por Eulen disparan os seus ingresos públicos

En apenas dous anos, a Xunta liderada por Alfonso Rueda adxudicou máis de 17,3 millóns de euros a Eulen noutros tipos de contratos, moitos deles polo procedemento de emerxencia —sen concurso e moito máis laxo en esixencias— e uns poucos gañados ante unha mesa de contratación. Estas adxudicacións, canalizadas a través de 175 contratos asinados entre maio de 2022 e o verán de 2024, súmanse aos máis de 37 millóns que a compañía recibira durante os mandatos de Alberto Núñez Feijóo.

A maior parte destes contratos, así como do diñeiro outorgado a Eulen, proveñen da Consellería de Sanidade, é dicir, do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde este organismo, Eloína Núñez Masid, curmá de Alberto e Micaela Núñez Feijóo e antiga xerente dos hospitais públicos de Santiago, xestionou polo menos dúas licitacións a favor da empresa, por un valor próximo ao catro millóns de euros, poucos meses antes de ser destituída do seu cargo.

Quen é Micaela Núñez Feijóo?

A pregunta, de partida, ten difícil resposta. Con todo, o seu rastro na compañía que hoxe é gran adxudicataria da Xunta si se pode trazar. Micaela Núñez chegou ao Grupo Eulen no verán de 2003, xusto seis meses despois de que o seu irmán Alberto abandonase o seu posto como presidente de Correos, para facerse coa consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do Goberno de Manuel Fraga até, finalmente, escalar até a Vicepresidencia Primeira da Xunta durante a catástrofe do Prestige. Tras caer Fraga en 2005, Feijóo empezaría aí o seu lanzamento até o despacho máis alto de San Caetano.

En paralelo aos ascensos do seu irmán, Micaela foi delegada provincial de Eulen en Pontevedra e Vigo, directora rexional de Galiza e, desde o 2016, delegada do grupo para a zona Noroeste, xusto despois de que Eulen rexistrase unha marca de adxudicacións insólito na súa historia da que deu testemuño o diario Público.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.