Xunta de Galicia
A Xunta encargou a unha empresa vinculada ao PP e Audasa o informe sobre o rescate da AP-9 por 18.000 euros

O Goberno de Alfonso Rueda elixiu para iso a Eptisa, unha consultora que traballa para a propia concesionaria da autoestrada do Atlántico e onde o exconselleiro de Agricultura, Tomás Pérez Vidal, foi presidente para Galiza.
Alfonso Rueda en el foco
El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda. Foto: Xunta.

A Xunta de Galiza encargou a unha empresa vinculada ao Partido Popular e a Audasa, concesionaria da AP-9 (autoestrada do Atlántico), o informe sobre o rescate da mesma autoestrada. Fíxoo, ademais, a través dunha contratación menor —é dicir, que se pode licitar a dedo sen concurso público— de 17.917,79 euros, incluíndo o IVE. A empresa en cuestión é Eptisa Servicios de Ingeniería, desde 2016 participada maioritariamente polo grupo chinés JSTI pero que se fixo grande grazas a de centos de contratos coa administración pública e cunha peza crave na súa presidencia en Galiza, o exconselleiro de Agricultura con Manuel Fraga, Tomás Pérez Vidal, que goza hoxe dun posto de alto funcionario no Consello de Contas grazas á man do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

A licitación, publicada no pouco accesible Portal de Transparencia do Goberno galego, corrobora como, ademais, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de María Martínez Allegue levou ao límite o orzamento para poder encargalo sorteando o concurso público. A través da Axencia Galega de Infraestruturas pagou exactamente 14.808,09 euros sen IVE a Eptisa, é dicir, tan só 191,91 euros por baixo do límite legal para facelo por esta vía.

Á marxe dos vínculos políticos entre o pasado da empresa e cargos históricos e actuais do Partido Popular, quizais sexa máis relevante o vínculo económico e millonario entre esas dúas multinacionais: Audasa, do Grupo Itínere, e Eptisa, do Grupo JSTI. Non están ocultos, aínda que tampouco son especialmente transparentes. É necesario recorrer a documentos públicos e á prensa económica para ver a longa relación na que Eptisa foi provendo servizos de enxeñaría á concesionaria da autoestrada do Atlántico a través de diferentes maneiras, a maioría inaccesibles para a cidadanía ao tratarse de negocios de empresas privadas, aínda que unha sexa, realmente, unha concesionaria.

Sen ir máis lonxe, nunha das últimas obras de gran calado que tivo a AP-9, no seu tramo á entrada de Vigo, en Chapela, foi Eptisa, “por encargo directo de Audasa”, quen creou “o contido e a documentación” do anexo co que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable argumentou as expropiacións necesarias de casas e terreos para as devanditas obras.

Esta redacción preguntou á Xunta se o histórico vínculo político da empresa co exconselleiro do Partido Popular, Tomás Pérez Vidal, e o económico, coa concesionaria da AP-9, Audasa, poderían influír nun posible conflito de intereses. Desde o gabinete da conselleira María Martínez Allegue limitáronse a dicir que a Xunta “encargou un estudo para estimar o custo do traspaso da AP-9 a unha empresa experta e independente” e a cargar contra o ministro de Transportes, Óscar Ponte (PSOE), por sobreestimar e modificar varias veces as cifras dese potencial traspaso. Ademais, O Salto solicitoulle ao Goberno galego a totalidade do informe, dada a súa dimensión de documento público pago con diñeiro das galegas e os galegos. A resposta foi o envío dunha presentación en Power Point de 15 diapositivas e o vínculo a unha nota de prensa do día en que se presentou o documento. En cambio, negáronse a facer público o informe que custou 17.917,79 euros.

Por que é importante o informe do custo do rescate da AP-9?

O que se disputa nesta guerra a tres bandas entre a Xunta, o Ministerio de Transportes e o partido líder da oposición en Galiza, o BNG, é sinxelo de entender, pero complexo de accionar. O sentir xeral dos e as usuarias da autoestrada máis concorrida e cara de Galiza —viaxar entre Vigo e A Coruña son case 40€ só en peaxes—, agrupados baixo a asociación En Colectivo, é que o seu prezo é desorbitado ademais de estar a enriquecer a un fondo de Países Baixos chamado APG. Por iso, ademais da demanda activa no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) desde 2019, reclamouse en varias ocasións o seu rescate, eliminar dunha vez as súas peaxes e transferir a súa titularidade ao Goberno galego. Pero aquí chegan os choques e os intereses políticos.

Por unha banda, o Ministerio de Transportes de Óscar Puente di que esa concesión que deu o Goberno de José María Aznar en 2004 até 2048 non é cousa súa e será, en todo caso, o TXUE quen decida, en esencia, se acabar coa peaxe ou convocar un novo concurso para adxudicar a xestión da autoestrada do Atlántico. Puente di que de rescate nada, que o seu Goberno “non é responsable”. Para alimentar o seu argumentario, foi improvisando cifras: “Transferir a competencia da AP-9 ten un custo de entre 1.260 e 2.600 millóns, e rescatala custaría 4.000 millóns. O Ministerio de Transportes non pode asumir 6.000 millóns, pero se alguén pon o diñeiro e dinos de onde sae, nós encantados de rescatala e de transferila”. Ninguén sabe aínda os documentos que acreditan estes números.

A Xunta pola súa banda, co informe que deu pé a esta información, rebaixa o malestar do financiamento aínda que cunha cantidade imprecisa. O estudo encargado cifra en 526 millóns de euros o custo da transferencia da autoestrada AP-9 a Galiza e o rescate oscila, din, entre 1.612 millóns e 2.355 millóns. O último partido en encargar o seu propio traballo foi o Bloque Nacionalista Galego á Universidade da Coruña (UDC). Segundo o traballo dirixido polos investigadores Carlos Aymerich, exdeputado do BNG no Congreso e secretario xeral da UDC, e José Antonio Branco, os custos da transferencia e rescate a AP-9 serían 904,7 millóns de euros. A clave que diferencia a este estudo do coñecido no encargado pola Xunta é que argumenta que Audasa non tería dereito a ser compensada polo diñeiro que deixaría de gañar até o final do período de explotación baseándose na presunta ilegalidade da concesión do Goberno de Aznar en 2024.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.