A Coruña
A verdade incómoda de Nostián: a planta de reciclaxe máis eficiente de Galiza esmorece en silencio

A este complexo industrial da Coruña chegan ao día 550 toneladas de lixo que, tras anos de avisos por parte de especialistas, traballadores e ecoloxistas, corren perigo de quedar fóra do mellor circuíto de reciclaxe do país.
nostian
Planta de reciclaxe de Nostián (A Coruña)

O debate arredor da xestión do lixo na cidade da Coruña leva meses na rúa. Tantos coma semanas estivo o lixo reinando os barrios por mor dunha folga que paralizou o debate público e obrigou a xirar arredor dela. Agora, os ollos póusanse sobre Nostián, a planta de recuperación de residuos que se encarga de case todo do que se desbota na Coruña e comarca. Porén, para entender realmente a situación dos residuos na área metropolitana, cómpre abrir moito máis o foco.

Segundo os datos do Concello da Coruña, cada día chegan á planta de tratamento de residuos preto de 550 toneladas de lixo. Millóns de toneladas anuais que ata 1996 daban forma ao vertedoiro de Bens. Tras o derrubamento de máis de 200.000 toneladas dunha das montañas de lixo, que tivo como consecuencia a morte dunha persoa, fíxose imperativo atopar outro xeito de xestionar os residuos urbanos. Un novo modelo que non levara da man accidentes coma o vivido en Bens. Dende 1999, Galiza conta con tres plantas de tratamento dos residuos: Sogama, en Cerceda; Lousame, para Barbanza; e Nostián, que presta servizo no Concello da Coruña e noutros oito concellos do Consorcio das Mariñas (concretamente, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada). 

“Para A Coruña é realmente moi interesante ter unha planta de proximidade como é a de Nostián. Isto axuda a reducir custos e a ter unha maior soberanía sobre os nosos residuos”, afirma María García, antiga concelleira de Medio Ambiente da Marea Atlántica (2015-2019). Mais as diferenzas entre a planta coruñesa, Nostián, e a que abrangue a maior parte do territorio galego, Sogama, van moito máis aló que a súa localización xeográfica.

Sogama e Nostián, dúas formas de xestionar o lixo

Un informe publicado no 2022 pola Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) compara ambos modelos: incineración, no caso de Sogama; e reciclaxe e compostaxe, no caso de Nostián. En dito informe, Adega conclúe que “mentres en Nostián se recuperan máis de 30kg de envases usados por persoa e ano, en Sogama esta cifra fica en menos dos 9kg”. Por outra banda, e pese a ter todo un apartado na súa web sobre o respecto ao medioambiente, Sogama incinera aproximadamente o 80% dos residuos, segundo este mesmo informe da asociación ecoloxista galega. A Unión Europea, dentro do contexto actual de emerxencia climática, está a perseguir este modelo de incineración de residuos, presente en varias zonas do Estado español, o que se traduce en multas constantes.

Neste sentido, no 2022, o informe realizado por Adega reflicte como Galiza é a terceira do Estado español con maior porcentaxe de incineración (concretamente, o 46,2% dos residuos), despois de Melilla e Cantabria, “e moi por riba da media do Estado, que rexistrou un 10,1% de incineración en 2020”. No propio informe illan os datos da planta de Nostián. O resultado? Co modelo de separación en orixe e reciclaxe, Galiza sería a sexta en canto a porcentaxe de reciclaxe total, cun 46,4% no 2020, fronte ao 13,7% se temos en conta os datos tamén de Sogama. Unha cifra, a real, que se afasta, e moito, do obxectivo marcado polo Estado español, en consonancia coas normativas europeas, de reciclar coma mínimo un 50% dos residuos municipais. Dentro de apenas un par de meses entrará en vigor o novo obxectivo estatal de acadar o 55% de reciclaxe e os datos falan por si sós.

Malia saír gañadora na comparativa con Sogama en canto a eficiencia e sustentabilidade, as traballadoras e traballadores da planta de tratamento de residuos de Nostián chaman a atención sobre a necesidade dunha maior inversión no mantemento da maquinaria e infraestrutura que a conforman. “O mantemento é moi precario. A cantidade de avarías é cada vez maior e moitas aquí temos claro que a subcontrata gaña cartos cobrando as reparacións ao concello”, denuncia unha fonte interna da planta que prefire gardar o anonimato. “Isto é o que adoita pasar nas empresas semi-públicas: que buscan os cartos e non a eficiencia”, conclúe esta traballadora.

María García, exconcelleira de Medio Ambiente da Marea Atlántica afirma que hai preto de dez anos, na lexislatura gobernada polo seu partido, “a maior reivindicación dos traballadores era modernizar a fábrica. Pero a responsabilidade é da empresa; o Concello ten unha función máis ben de vixilancia”. Unha vixilancia que para as traballadoras resultaba insuficiente daquela e segue sen mellorar no presente co PSOE de Inés Rey nos despachos do Concello. “A nivel de seguridade non creo que respectemos ningunha das medidas e protocolos. Co gas mesmo hai fugas ás veces. Despois de 15 anos traballando aquí xa o vexo ata normal e non me sorprende”, asegura unha das técnicas da planta de Nostián. E engade que “esta mellora que pedimos non influiría só á nosa propia seguridade, senón tamén á eficiencia da planta. En Nostián estamos reciclando un 30% menos do que sería posible de facerse ben”. A empresa subcontratada para xestionar Nostián é “a primeira interesada en mellorar a súa eficiencia, xa que canto maior sexa a recuperación de envases máis gaña a empresa, mentres que canto maior sexa o refugallo máis paga a empresa”, destaca a exconcelleira de Medio Ambiente da Marea.

Mais as traballadoras da planta non son as únicas que están a pedir unha mellora nas infraestruturas. A Plataforma Nostián con Futuro, formada por Adega, o Grupo Naturalista Hábitat e asociacións veciñais, reclama a modernización da planta e que se leven a cabo campañas de sensibilización no Consorcio das Mariñas. “Hai uns vinte anos que non se levan a cabo este tipo de campañas centradas en empoderar á cidadanía a través do coñecemento sobre os seus residuos”, explica Xandro García, voceiro de Adega na Coruña.

Porén, nos próximos meses poderiamos asistir a un cambio na xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián, xa que o contrato público rematou hai xa catro anos. Mentres as traballadoras expresan a súa preocupación ante a marcha inminente desta empresa, e o descoñecemento e incerteza ante que pasará cos seus postos de traballo a partir do 2025, María García, coa experiencia que lle deu ter formado parte da concellería de Medio Ambiente da Coruña ata 2019, explica que “aínda que o contrato caducou no 2020 non poden marchar porque é un servizo esencial. Está sendo un proceso complexo e longo atopar outra empresa que cumpra os requisitos e poida facerse cargo da xestión”. E engade: “Falta por ver aínda a estratexia deste goberno e o futuro da planta. Urxe que se avance na licitación e que se renove a infraestrutura. Este goberno pon moita atención en facer a cidade bonita, e pouca ao lixo en todas as súas fases”. A actual Concellería de Medio Ambiente da Coruña do goberno socialista de Inés Rey negouse a responder as preguntas desta redacción a propósito do futuro de Nostián.

A solución para acadar os obxectivos europeos en canto aos residuos urbanos pasa necesariamente pola posta en valor da divulgación ambiental

A confianza na tecnoloxía e o desencanto colectivo xerado pola ecoansiedade e a certeza de que non se recupera o 100% do que individualmente reciclamos na casa, están a provocar un retroceso na separación do lixo en orixe. “Nostián realmente é a última na cadea. As fases previas son esenciais. É importante facer as cousas ben antes de que o lixo chegue ás plantas de reciclaxe”, recalca a responsable de Medio Ambiente da Marea Atlántica. Os sistemas de devolución e retorno de envases (SDDR), a correcta separación do lixo nas casas, ou a compostaxe da materia orgánica urbano-rural son tres medidas compartidas entre as asociaciacións ecoloxistas coma Adega e a antiga concelleira de Medio Ambiente da Marea Atlántica. “Deberiamos deixar de falar tanto de Nostián, e centrar os esforzos en conseguir reducir as toneladas de residuos. Facer que non cheguen ás plantas de reciclaxe. Iso é o realmente útil e eficiente”, conclúe María García.

Unha proposta, a da concelleira, que ven da man de incentivos económicos para quen recicle de forma correcta. “Dende a Marea propoñemos incentivar a colaboración nas casas e comunidades veciñais económicamente. É dicir, se reciclas máis, pagas menos nas taxas de recollida do lixo”. A preparación da planta para as distintas calidades de separación sería outra das pezas clave desta sorte de engranaxe. “Diferentes circuitos en función das diferentes calidades de separación, xa que non todo o mundo vai separar o lixo correctamente”, explican. “Só mediante a separación en orixe da materia orgánica poden obterse resultados satisfactorios nunha planta como a de Nostián, pensada para a recuperación de materiais reciclables e de compost”, concordan dende Adega. 

Dende a asociación ecoloxista Adega advirten: “Este é o debate de fins de século pasado e debería terse superado hai dúas décadas”, facendo referencia á reciclaxe e reclamando a resolución canto antes do punto morto no que se atopa Nostián e dar paso ás conversas ao redor da “prevención, redución en orixe, promoción da reutilización na vida diaria e no eido da produción e a comercialización… En definitiva, falar por fin dunha economía circular”. Un modelo de consumo polo de agora futurista que leve da man unha xestión de residuos realmente sustentable.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Galicia
Galicia Cientos de personas descienden el río Ulla en una protesta histórica contra la celulosa Altri y la mina Touro
El río potencialmente más afectado por ambos proyectos se convirtió este domingo en una ruta de protesta y concienciación ambiental gracias al descenso de decenas de embarcaciones lideradas por activistas de todo el país.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Últimas

Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Más noticias
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.
Tren de alta velocidad
Problemas ferroviarios Llegar a tu casa a las cuatro de la madrugada o cómo pasar la tarde del domingo atrapados en un tren
La línea de Iryo Sevilla-Madrid Puerta de Atocha fue uno de los 30 trenes afectados por las fuertes demoras. Su llegada, programada a las 20:50hrs, se produjo a las 3:05hrs de la madrugada sin apenas haber dado información a sus viajeros
Reducción de jornada
Reducción de jornada Cada vez está más cerca la semana laboral de 37,5 horas
Aprobada hoy en en Consejo de Ministros, la reducción de la jornada máxima legal será tramitada de urgencia en un Congreso que exigirá medidas compensatorias.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.