Un grupo de activistas maniféstase en Vigo fronte ao hotel onde se concentra o equipo israelí de La Vuelta

Un centenar de persoas custodiou a porta do Hotel Coia durante máis de dúas horas con cánticos contra a participación do equipo Israel Premier-Tech na Volta e esixindo sancións “reais e efectivas” contra o Estado sionista.
hotel vigo palestina
Javier H. Rodríguez Manifestantes nas portas do Hotel Coia en Vigo, onde descansa o equipo Israel Premier-Tech para a etapa 16 de La Vuelta.
8 sep 2025 21:31

Algo máis dun cento de persoas manifestouse a tarde deste luns en Vigo fronte ao Hotel Coia, situado no barrio obreiro homónimo. Dentro do edificio alóxase o equipo Israel Premier-Tech, participante en La Vuelta a España e sinalado polos activistas como “cómplice” do xenocidio que o Estado de Israel está cometendo en Palestina.

Convocados de forma esporádica a través das redes sociais ás 17h, coas bandeiras palestinas e os cánticos contra a masacre sionista en Gaza e Cisxordania, o grupo de persoas mantívose en pé ás portas do hotel durante máis de dúas horas e media.

Tras a concentración, unha parte dos manifestantes desprazáronse ao centro da cidade, na conexión das rúas Urzaiz e Colón, onde os esperaba unha concentración aínda máis grande pero cun mesmo obxectivo: seguir escalando a presión sobre o goberno ultradereitista de Benjamin Netanyahu.

Ambas as dúas concentracións tiveron lugar durante a xornada de descanso dos ciclistas antes da decimosexta etapa da Volta, que arrancará este martes. O percorrido, accesible na web da organización e divulgado polos movementos sociais de apoio a Palestina, arrancará en Poio, dirixirase a Tui e acabará en Herville tras pasar polo Baixo Miño.

Desde o movemento para o boicot, a desinvestimento e as sancións contra Israel (BDS Galiza) chaman a participar nas protestas que se levarán a cabo desde as 13h ata as 17.30h ao longo de todo o percorrido polo sur da provincia de Pontevedra.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...