AGANTRO
Non hai fronteiras? Cara ao XVI Congreso Internacional de Antropoloxía

A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro), co apoio das tres universidades galegas, está organizando a decimosexta edición do Congreso Internacional de Antropoloxía da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE) na Coruña.
Agantro Congreso XVI

Profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e socia de Agantro.


Profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña. Coordinadora do Congreso Internacional de Antropoloxía, membro do comité executivo da ASAEE e de Agantro.

10 jun 2023 09:00

Na Coruña vaise celebrar a decimosexta edición do Congreso Internacional de Antropoloxía da ASAEE (Asociación de Antropoloxía do Estado Español), que nesta ocasión organiza a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) co apoio de profesorado das tres universidades galegas. Contra vento e marea porque, como é sabido, o Grao en Antropoloxía non se ofrece en Galicia, a pesar da demanda e interese que esperta. Proba diso é que xa se rexistraron máis de 600 persoas ao congreso, a pesares de que aínda está aberto o prazo de inscrición.

Será do 5 ao 7 de setembro deste ano baixo o lema “non hai fronteiras?”. Aparte de chiscarlle humoristicamente ao concurso de Eurovisión que non gañamos, o lema é un convite. Un convite para reflexionar sobre a existencia das fronteiras, non só políticas, senón tamén culturais, migratorias, entre disciplinas e incluso entre especies. Alén de fronteiras, tamén entre o mundo académico e o mundo profesional da antropoloxía.

Ademáis, haberá unha carteleira de dez documentais que se exporán na Normal da Coruña coa presenza das creadoras

Neste último sentido, hai una aposta importante por abrir a disciplina a novas formas de traballo de campo e de devolución, asumindo o reto de experimentar, deixando que o compromiso coa ciencia se manifeste de forma creativa. Poderase ver en moitas das 450 comunicacións que se exporán durante eses días, e moi especialmente na mesa plenaria coordinada por Mari Luz Esteban, antropóloga da Universidade do País Vasco, baixo un título que depara sorpresas: E se a antropoloxía e a creación artística se atopasen sobre un escenario? Ademáis, haberá unha carteleira de dez documentais que se exporán na Normal da Coruña coa presenza das creadoras.

O congreso anúnciase tamén como un convite a recalcular rutas, debater sobre o que a antropoloxía nos pode aportar para abordar as crises (sistémicas?) polas que imos transitando: a pandemia da Covid-19, a emerxencia climática, a crise dos coidados, as crises identitarias… E entón, pode que esteamos a abusar do concepto de crise até que xa non signifique nada? Ou é preciso deternos a reflexionar sobre as causas das crises para que este debate sexa frutífero? A antropoloxía non pretende aportar respostas pechadas, máis ben pode contribuír na procura de escenarios prospectivos sobre a base duns coñecementos acumulados e dunha forma de observar, de participar, de preguntar e de investigar centrada nas posibilidades de convivencia e cohabitación dos grupos humanos e non humanos en ecosistemas fondamente interdependentes.

A antropoloxía non pretende aportar respostas pechadas, máis ben pode contribuír na procura dunha forma de observar, de participar, de preguntar e de investigar centrada nas posibilidades de convivencia

En todo caso, preguntas e respostas apóianse sempre en contextos cuxas escalas se superpoñen (local, nacional, internacional, transnacional...). As conferencias plenarias son garantía de que traballamos sen perder esa perspectiva comparativa.

A plenaria de inauguración estará a cargo da antropóloga mexicana Rossana Reguillo e terá por título Presentes baixo asedio: desafíos para a antropoloxía e o pensamento crítico. Reguillo traballa temas inquietantes e duros. Sobre o seu último libro, Necromáquina, pode lerse a entrevista realizada para O Salto Galiza en novembro de 2021. México é o punto de partida para ensaiar a análise comparada das distintas e novas formas de violencia nas cidades latinoamericanas e do Sur global.

Por outra banda, a segunda plenaria, a de clausura do congreso, preséntase co título Transicións enerxéticas en contextos indíxenas e terá a Astrid Ulloa, antropóloga e profesora titular da Universidade Nacional de Colombia, como relatora. Ulloa conta cunha longa traxectoria de investigación sobre movementos ambientais e indíxenas, xénero e feminismos indíxenas e ecoloxía política feminista.

Asumindo o protagonismo galego como sede do congreso, Agantro buscou dedicar un espazo concreto para falar das confluencias coa antropoloxía desenvolvida desde as nosas “fronteiras”. Por iso temos unha mesa plenaria dedicada a antropoloxía na Galiza e Portugal, coordinada pola presidenta de Agantro Luzia Oca e moderada por Humberto Martins, da Asociação Portuguesa de Antropologia (APA).

Así mesmo, O regreso da ‘hispanidade’: olladas críticas desde a antropoloxía será outra mesa plenaria coordinada por Liliana Suárez Navaz, da Universidade Autónoma de Madrid, onde se abordará unha pantasma cada vez máis presente no noso entorno académico e político, que nos retrotrae a un debate sobre as fronteiras do colonialismo. É tamén marca da casa a insistencia no mar como fronteira, o mar como ecosistema humano, o mar como lugar de produción, o mar culturalmente representado... Entre dous simposios dedicados exclusivamente ao contexto marítimo –A antropoloxía marítima no século XXI: transicións e conflitos en torno á economía azul e A mar das mulleres: ausencias, representacións e reivindicacións– hai repartidas máis de 30 comunicacións.

Non é sinxelo sintetizar a diversidade de enfoques, temáticas e metodoloxías que se van abranguer neste XVI Congreso de Antropoloxía, pero é unha oportunidade para tomarlle o pulso á antropoloxía a día de hoxe. De feito, a xulgar polos 42 simposios presentados, destacan temas que recentemente se teñen organizado como redes de traballo da asociación a nivel estatal; especialmente a rede de antropoloxía médica e da saúde e a rede de antropoloxía ambiental. Por outra banda, consolídase a atención prestada desde a antropoloxía ao patrimonio como obxecto de estudo, ao estudo da mobililidade e das migracións, e a esa “particular” forma de visitar, viaxar e consumir que chamamos “turismo”. Se hai que xeralizar, digamos que sobresae a transversalidade da perspectiva feminista e unha afirmación rotunda como pedra angular: que somos ecodependentes e que precisamos unhas das outras (é dicir, que tamén somos interpendentes).

E entre mesas redondas, comunicacións, conferencias e audiovisuais, quedarán ratos libres para a presentación de libros, a exposición de carteis e, sobre todo, para conversar, atoparmos e coñecermos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Fronteras
Fronteras europeas Un año más, la Caravana Abriendo Fronteras denuncia las políticas antimigratorias de Europa
Desde Baiona y Girona saldrán los grupos que recorrerán puntos críticos de fronteras europeas como Irún, Calais, Dunkerque y Toulouse donde se encontrarán con otros colectivos para movilizar la solidaridad con las personas migrantes.
Cine
Cine Rezad por los viajeros
‘Les voyageurs’, ópera prima del camerunés David Bingong, es un retrato de la vida de los inmigrantes que esperan para cruzar la frontera que separa Marruecos de España.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.