AGANTRO
O 15M e os feminismos (II): A expansión da loita

As reivindicacións feministas que comezaron nas acampadas chegan ata hoxe. Mais que nos queda por facer na defensa dos dereitos das mulleres na actualidade?

AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)
guadalupe.jimenez@usc.es

2 jun 2021 16:30

Queda un longo camiño por percorrer pero podemos dicir que na actualidade o feminismo que atravesou o 15M goza de certa saúde. Por poñer algún exemplo do que estou a falar, dende o 15M houbo tres convocatorias históricas: o Tren da Liberdade do 1 de Febreiro do 2014, a Marcha Estatal contra as Violencias machistas do 7 de Novembro de 2015 e a Folga Feminista do 8 de Marzo de 2018. Poderíamos tamén incluír aquí a enorme reacción social contra a sentenza da violación grupal de “a manada”, o apoio a Juana Rivas, as campañas #MeToo ou o xuízo á procesión da Cona Insubmisa, que evidencian as múltiples caras das violencias machistas a nivel xudicial, mediática e estrutural.

O Tren da Liberdade foi a mobilización feminista máis numerosa ata o momento (30.000 persoas chegadas en tren a Madrid), co obxectivo de rexeitar o anteproxecto da lei do aborto proposto polo ministro Ruíz Gallardón. Este movemento evidenciou que os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e, en xeral, calquera avance na consecución de dereitos, están lonxe de ser definitivos e que serán cuestionados e postos en perigo por calquera partido de dereitas ou ante calquera crise. Tamén mostrou que as mobilizacións serviron para frear dito anteproxecto e provocar a dimisión do ministro.

Na Marcha do 7N unhas 200.000 persoas de toda a xeografía española se convocaron nunha xornada que se considerou como histórica. Entre as consignas e o manifesto (lido en todas as linguas oficiais e algunhas non oficiais) falábase de terrorismo, violencias machistas, patriarcais ou feminicidios en plural, enmarcándoos non como un problema persoal nin das mulleres ou restrinxido ao ámbito do privado, do conxugal, senón como algo estrutural, público, evidente e que atravesa todos os ámbitos da vida.

Dende o 15M houbo tres convocatorias históricas: o Tren da Liberdade, a Marcha Estatal contra as Violencias machistas e a Folga Feminista do 8 de Marzo de 2018. 

O 8 de Marzo de 2018 convertémonos de novo en referente mundial ao convocarse unha xornada de folga laboral, estudantil, de coidados e de consumo e unha serie de manifestacións con gran éxito de convocatoria. Entre as consignas apelábase á diversidade de persoas ás que convoca o feminismo e aos distintos eixos de opresión que nos atravesan, ás desigualdades existentes no plano económico e laboral, a minusvaloración dos coidados, a invisibilización das violencias cotiás, á xustiza patriarcal, á escasa presenza nos currículos escolares, á LGTBIfobia, á precariedade das migrantes, das mulleres racializadas, das mulleres rurais…

En resumidas contas, no substrato post-15M podemos identificar o pulo dun feminismo de carácter popular, interseccional, diverso e heteroxéneo, cun suxeito político amplo definido non por características esencialistas ou substancialistas senón pola súa adhesión ao feminismo e á loita contra o patriarcado, que entende que na base da estrutura de dominación están as violencias exercidas de forma sistemática e que propón unha nova centralidade dos coidados non só a nivel discursivo senón a nivel práctico, no facer. Isto non xorde da nada, senón que o feminismo estaba plenamente vixente grazas ás nosas predecesoras, atravesou o 15M e saíu transformado e reforzado.

No feminismo contemporáneo que estou a describir podería dicirse que gañou peso o seu vínculo co feminismo autónomo e o autonomismo, o feminismo radical e os feminismos de esquerdas, polo que perderon relevancia algunhas reivindicacións clásicas do feminismo institucional como os teitos de cristal, as cotas ou o apelar á modificación da lei como única axenda. Os feminismos post-15M son aptos para case todos os públicos, non necesariamente branco, nin cis, nin de clase media, nin de corte académico, nin militante, senón cunha axenda moi ampla que incorporou como propias algunhas das reivindicacións anticoloniais, antirracistas, anticapitalistas, antiespecistas, ecoloxistas, a defensa da diversidade, o movemento LGTB ou o transfeminismo. Os feminismos tamén deixaron atrás ese carácter tan urbanita do 15M e espallouse polo rural, non apela tanto ás institucións, nin ao estado, nin á vella política partidista senón que máis ben busca transformar de xeito radical as prácticas cotiás.

No substrato post-15M podemos identificar o pulo dun feminismo de carácter popular, interseccional, diverso e heteroxéneo

Podería dicirse que esta nova onda non trata de buscar a equiparación aos homes, senón que recupera e trata de revalorizar algúns aspectos dos que a segunda onda do feminismo tivo que desfacerse. Estas transformacións, como era esperable, xeraron e están a xerar numerosos debates non só como unha cuestión xeracional senón entre distintas correntes e perspectivas feministas.

Pero se hai algo que caracteriza ao feminismo contemporáneo é que se articulou de forma horizontal e utilizando as redes sociais por parte de distintas comisións, grupos ad hoc e persoas a título individual, desmarcándose de calquera organización política ou sindical, mantendo a autonomía e a toma de decisións por consenso e rompendo coas pautas habituais neste tipo de mobilizacións. Isto supón fortalezas e debilidades pois, aplicando a clásica análise de Freeman sobre “a tiranía da falta de estruturas”, organizar unha campaña leva enormes traballos e conleva un desgaste importante, para ter que desactivarse posteriormente; nelas non hai unha axenda clara sobre a que debater, nin un organismo claro ao que confrontar, nin unha figura á que interpelar; apenas interfire coas institucións nin coa política clásica que segue existindo, lexislando e distribuíndo recursos; ademais, os debates internos en redes sociais fan moito dano, xeran balbordo, desapego e teñen unha profundidade e un alcance limitado.

En definitiva, tamén podería dicirse que é un feminismo autónomo de base ampla pero cun carácter máis individualista e quizais esvaecido, bastante cómodo ao poder e tamén á mercadotecnia, facilmente apropiable por distintos actores políticos que poden sumarse a algunha das reivindicacións parciais: falar en feminino, pórse unha camiseta e subirse ao carro nalgún evento público. Ata se podería dicir que en determinados círculos o machirulismo se leva en silencio, porque o non ser feminista se converteu en algo intolerable e inconfesable. Tamén se trata dun feminismo de masas, potente, incontrolable, pouco previsible, transversal e radicalmente transformador, que non lle debe pleitesía ás empresas, nin aos partidos, nin ás institucións, e isto convérteo en algo desconcertante para o patriarcado, pouco aprehensible, dificilmente explicable dende paradigmas clásicos.

Se hai algo que caracteriza ao feminismo contemporáneo é que se articulou de forma horizontal, desmarcándose de calquera organización política ou sindical,

Un feminismo que non seguiu necesariamente a liña partidista pero que se incorporou de xeito transversal en moitas capas da poboación grazas ás técnicas municipais, ás gandeiras, ás mestras comprometidas, ás enfermeiras en loita, ás perruqueiras ou ás kellys. Un feminismo do día a día, da microeconomía, do consumo de proximidade, da pota popular e da charla coa veciña. E se hai algo que evidenciou a pandemia da COVID-19 é que estes foron os aspectos verdadeiramente salientables: a ética dos coidados.

Nestes tempos incertos queda por ver se tamén poderemos frear o implacable avance da extrema dereita no noso país, que ten ao feminismo como un dos seus inimigos a combater. Tamén queda por ver como encaixamos as reaccións transexcluíntes e LGTBfóbicas, en moitas ocasións dende cargos de poder nas institucións, e que acenden lume nun “home de palla”.

Con todo, a expansión feminista que vivimos e presenciamos nesta última década, das prazas aos barrios e da rúa ás distintas capas da sociedade, denota a potencia deste movemento amplo, plural e heteroxéneo, e a súa inesgotable capacidade de persistencia, imaxinación e reinvención.

O futuro será feminista ou non será.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda a profesores LGTBQ+ o críticos con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.

Últimas

Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Covid-19, año uno: balance de una pesadilla autoritaria y de una gestión fracasada
VV.AA.
El autoritarismo con que se ha afrontado la epidemia actual no tiene una justificación sanitaria y la historia nos muestra que en nombre del derecho de emergencia se han dado graves abusos de poder y de restricciones de derechos.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
LGTBIAQ+
Extrema derecha “Todo por ser un hombre trans”: la pesadilla de un estudiante transgénero que quería estudiar en Berkeley
Este estudiante chocó contra las políticas tránsfobas de Donald Trump. Pese a los repetidos intentos, no pudo llegar a disfrutar de una beca en la prestigiosa Universidad de Berkeley que ya había sido concedida.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.