AGANTRO
Progreso ou diversidade: desafíos no coidado dos bens comunais

Unha mirada biopolítica sobre o impacto das asimetrías no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes para as diferentes formas de vida no planeta. Os desafíos actuais subliñan a relevancia da construción de marcos de participación e co-deseño dos propios pobos e comunidades.
Agantro_progresoOdiversidade
Foto: Unesco IA Generated CC 4.0.
25 may 2024 18:00

As últimas décadas deixaron evidencias abondo, sobre como o proceso de globalización pon en perigo a supervivencia da diversidade cultural e dos diferentes ecosistemas. Atopámonos, ao longo do planeta, con culturas que se ven enfrontadas ao mesmo dilema: despoxarse do seus modos de vida para non perderen o tren do progreso tecnolóxico, ou esmoreceren en poucas xeracións.

Cómpre, en primeiro lugar que percibamos a relatividade nesa idea de progreso. Claude Lévi-Strauss empregou a metáfora dos trens que se cruzan nunha estación, para describir a relación entre culturas que progresan, nunhas conferencias que lle encargara a UNESCO a mediados do século XX. Para un observador aparente situado na plataforma da estación, hai trens que circulan máis rápido que outros. Para a persoa que viaxa no seu tren, o movemento é aparente. Daquela, veu a sinalar con claridade, non ten sentido pensarmos que haxa culturas superiores a outras, ou que haxa culturas máis evolucionadas que outras. O progreso defínese segundo diferentes parámetros e non nunha única dirección, e só é posible na medida que exista unha diversidade e unha riqueza cultural de partida, que estimule a creatividade e o intercambio entre culturas.

Hai que preservar a necesaria biodiversidade do planeta, a súa riqueza e variedade é o método máis eficiente para a supervivencia

Por iso, o que temos que preservar son estas ou aquelas contribucións ou elementos culturais determinados, sen perder de vista a importancia patrimonial do feito mesmo da diversidade: a diferenza cultural. De igual modo, dende unha óptica global o que hai que preservar é a necesaria biodiversidade do planeta; a súa riqueza e variedade é o método máis eficiente para a supervivencia, e o mellor investimento para mantermos a vida no planeta.

Porén a era da globalización na que transcorren as nosas vidas ten como unha das súas características principais, o predominio hexemónico dunha concepción da economía, orientada á extracción do valor da vida, para a súa maximización da rendibilidade do capital nos mercados financeiros globais.

Nos seus traballos da década dos 70, Michel Foucault comezou a expoñer, un interese renovado por aquelas transformacións nos mecanismos empregados para exercer o poder sobre a vida dos individuos. A biopolítica, termo por el proposto, convertérase nunha tecnoloxía para gobernar que controlaba e regulaba os procesos vitais da poboación tales como: natalidade, enfermidade, sexualidade, reprodución, optimizando as condicións de vida como algo produtivo para o capital.

As externalidades negativas están estreitamente relacionadas coa vida, un exemplo sería a contaminación do aire ou da auga

Se a vida é a base do sistema produtivo, sucede que non se toman en contan os seus límites. Aquelas actividades que producen efectos prexudiciais sobre axentes e ecosistemas diferentes ao causante da actividade, e que non funcionan a través do sistema de prezos, denomínanse en economía externalidades negativas. As externalidades negativas están estreitamente relacionadas coa vida, un exemplo sería a contaminación do aire ou da auga, por parte da industria ou da actividade humana, e apóianse a miúdo en casos nos cales os dereitos de propiedade non están ben definidos, polo que afectan directamente a aquilo que denominamos como bens comunais. Seguimos actuando como se non fóra necesario pagar un prezo polo que é de todos, en aras do progreso dalgunha minoría.

Ao falarmos de bens comunais (ou procomún), como ten sinalado Antonio Lafuente, referímonos a todos aqueles bens que son de todos e non son de ninguén ao mesmo tempo, e que precisamente se fan máis visibles cando están ameazados. Podemos encontrar moitos exemplos ao respecto: o xenoma humano, os bosques, o coñecemento, o aire, a auga, a diversidade cultural, a enerxía, etc.

Garrett Hardin, un ecoloxista norteamericano preocupado por problemas demográficos, publicou na revista Science, no ano 1968, un influente artigo titulado A traxedia dos bens comunais, onde formulaba un dilema clásico ao que nos enfrontamos ao falarmos da xestión dos recursos naturais e, en xeral, dos bens comunais. Ante a necesidade de xestionar un recurso común necesario para a supervivencia dunha comunidade, no seu exemplo os pastos comunais da campiña inglesa, a competencia e a desconfianza entre os usuarios dos pastos provocarían unha explotación individualista dos recursos, que remataría por esgotar a fonte de riqueza comunal co cesamento do beneficio común. A conclusión final á que semella chegar Hardin é que a única alternativa viable de xestión, se non queremos estragar os recursos, é a privatización dos bens comunais.

En 1992 a economista Elinor Ostrom achegou novos argumentos para fundamentar unha perspectiva diferente sobre este problema nun libro que recollía boa parte do traballo da súa vida: O goberno dos bens comúns (Cambridge University Press, 1990). A evolución das institucións de acción colectiva. Ostrom trasladaba o problema da acción depredadora e da sobreexplotación a outros eidos como a pesca ou a xestión da auga. Para ela tamén é evidente que, por exemplo, se varios grupos de pescadores pretenden, asemade, explotar o mesmo caladoiro sen poñer atención aos ciclos naturais de rexeneración, a confluencia dos intereses particulares dos que pretenden obter un sustento con ese recurso, rematarán por esgotar a fonte que lles proporciona un medio de vida. É dicir, cando a explotación do recurso vai alén do límite de resiliencia do ecosistema, o seu esgotamento é paulatino e irreversible.

A construción da confianza participativa

A mesma situación se produce cos cultivos, a masa forestal, a auga ou as fontes de enerxía. Non obstante para Ostrom o escenario non ten por que ser necesariamente tráxico. Por un lado, para poder cooperar na procura dun beneficio compartido, precisamos manter a confianza recíproca no respecto que imos ter polos límites, alén do noso interese egoísta particular; pero ademais, é esencial que existan normas elaboradas mediante a participación común, principios claros de control e de atribución da repartición, para que todos e cada un de nós poidamos sustentar razoablemente as nosas vidas dentro dos límites que os recursos establezan.

A confianza é o marco no que se sustenta a colaboración da intelixencia colectiva. A creación de regulamentos ten que permitir unha axeitada participación na utilización do ben común, e a mellor garantía é a propia construción participada das normas.

As comunidades locais poden buscar un modelo organizativo enfocado ó empoderamento das persoas a través da participación social, ó fomento da autonomía, da responsabilidade e da capacidade de decisión

Nestes desafíos globais, as comunidades locais, poden xerar as súas propias redes de cooperación parar recuperar o protagonismo que lles cómpre para seren actores das súas propias vidas e xerar esa confianza. A pesar de que nalgúns aspectos as tecnoloxías da información e a comunicación escapan a un control democrático, tamén foi posible grazas a elas atopar novos modos de cooperación internacional. O carácter aberto e descentralizado da Internet, como rede de redes, permitiu certa marxe de manobra aos cidadáns para dispoñer de información valiosa e intercambiaren coñecementos e boas prácticas, mesmo producir a súa propia comprensión do mundo grazas a técnicas de aprendizaxe de datos.

No ámbito próximo, as comunidades locais poden buscar un modelo organizativo enfocado ó empoderamento das persoas a través da participación social, ó fomento da autonomía, da responsabilidade e da capacidade de decisión. As persoas con maior capacidade poden asumir como unha tarefa esencial, a xeración de confianza nas propias capacidades da comunidade. A complexidade do mundo no que vivimos fai imprescindible formular os procesos de traballo e de toma de decisións, como desenvolvementos dunha intelixencia colectiva que non estea baseada en xerarquías excluíntes, nin en algoritmos automáticos.

Nese sentido é importante considerar o impacto das asimetrías, que están presentes no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, coma a IA, no tocante a varios aspectos salientables: aspectos coma a fenda dixital, a participación, os sesgos sociais e metodolóxicos, e tamén os datos importados cos seus sistemas de valores implícitos. O documento da UNESCO: Intelixencia Artificial centrada nos pobos indíxenas (2023), recolleu algunhas recomendacións e iniciativas interesantes no uso de sistemas de IA desde a perspectiva dos pobos indíxenas.

Sabedoría artificial e soberanía epistémica

En termos xerais, falariamos dunha Soberanía dos datos indíxenas que tome en conta as diferentes cosmovisións e epistemoloxías na construción dunha “Sabedoría Artificial”. En lugar de comprendermos a intelixencia como a representación ideal das necesidades tecnolóxicas dunha sociedade cambiante; a sabedoría, en cambio, explicaría mellor ditas necesidades, debido a que se asocia ao benestar, a felicidade e a saúde.

Nalgunha das propostas alí recollidas proponse a creación de sistemas de Sabedoría Artificial que ao aprenderen de experiencias previas, tamén amosen condutas éticas, compasivas e non-nesgadas, que poidan percibir as emocións humanas para axudar ás persoas usuarias na regulación das mesmas e a toma de decisións sabias. Trátase de mudar a perspectiva desde a ameaza que pode supor, por exemplo, a IA xenerativa para a conservación das linguas e das tradicións culturais orais, cara a elementos de consentimento, de participación e de co-deseño dos pobos e comunidades protagonistas. En definitiva, da construción dunha vida en común.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.
Economía
Capitalismo Reinterpretando a Adam Smith: propiedad, economía, libertad y bien común
Reinterpretación su pensamiento, analizando cómo su visión de la propiedad y la economía, centrada en la seguridad y el bienestar individual, podría adaptarse a las necesidades actuales desde enfoque ético y colectivo.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.