A oposición a Altri e á mina de Touro tomará A Illa de Arousa este domingo

A Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non convocan unha manifestación por terra e mar para esixir o fin definitivo dos dous proxectos industriais. A saída será o día 14 de xuño ás 12h na praia do Vao.
Manifestación Altri Ence Pontevedra 1 de junio
Manifestación en Pontevedra contra as celulosas de Altri e Ence. Alba Cambeiro
12 jun 2026 16:05

Varias plataformas convocaron para este domingo, 14 de xuño, unha manifestación en A Illa de Arousa contra os proxectos de Altri e a mina de Touro-O Pino. A Ulloa Viva, A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non presentaron a mobilización nunha rolda de prensa celebrada a bordo do bateeiro Carallada, no porto de Xufre, para defender o río Ulla e a ría de Arousa. A marcha arrincará ás doce do mediodía desde a praia de O Vao e percorrerá o territorio por terra e por mar ata rematar no porto, onde confluirá cunha flota de embarcacións chegadas desde as zonas norte e sur da ría.

Os presidentes de Ulloa Viva e da PDRA, Juan Pedro Sánchez e Xaquín Rubido, xunto coa portavoz de Mina de Touro-O Pino Non, Che Cancelo, advertiron de que nin as empresas —Altri e Cobre San Rafael— nin a Xunta teñen intención de renunciar á tramitación destes proxectos.

As tres plataformas deixaron claro que a única resposta que aceptarán é a denegación definitiva dos proxectos

Rubido denunciou a situación que cualificou de “agónica” para a ría, acusou ao goberno galego de promover proxectos contaminantes e cifrou as perdas económicas do sector entre 2021 e 2025 en 59 millóns de euros. Os convenios ofertados pola Consellería do Mar, engadiu, non son máis ca “unha esmola propagandística” para disimular a inacción da Xunta.

Pola súa banda, Cancelo alertou dunha ofensiva que describiu como “agresiva e autoritaria” por parte do goberno galego en favor das empresas promotoras e en contra dos intereses da cidadanía. As tres plataformas deixaron claro que a única resposta que aceptarán é a denegación definitiva dos proxectos.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...