Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
Os máis de 1.500 socios e socias da Plataforma Ulloa Viva decidiron o pasado sábado en votación a súa nova directiva, escollendo a candidatura máis rupturista co legado anterior e próxima ao nacionalismo institucional, liderada por Juan Pedro Sánchez Morcillo, Ana Otero Gómez e Serxio Núñez Martínez. A súa vitoria sitúa ao colectivo nun novo momento estratéxico, máis aberto a incorporar a grandes organizacións sociais e sindicais galegas e tamén a ampliar a base de socias e socios por toda Galiza e non centrada nas zonas afectadas.
No proceso, que se celebrou o pasado día cinco de xullo, concorreron dúas listas diferenciadas máis nas formas que, a priori, no obxectivo, que seguirá sendo frear este macroproxecto industrial. Así o explicaron a esta redacción cadanseus representantes nunha reportaxe publicada hai apenas uns días. Por unha banda, concorreu unha candidatura continuísta coa estratexia do primeiro grupo motor, co asemblearismo e a sociocracia como base, fiadas con posicións ecofeministas e horizontes alternativos enmarcados na economía social e solidaria; e, polo outro, unha alternativa que considera fundamental incorporar á plataforma a persoas de toda Galiza máis alá dos territorios afectados, que é menos reticente a achegarse ás organizacións sociais vinculadas ao nacionalismo institucional e que está organizada a través da democracia representativa. Esta última, resultou a gañadora.
O punto clave agora é a estratexia xudicial
O fundamental agora é a orientación da estratexia xudicial que se levará a cabo desde a plataforma contra o proxecto amparado polo Goberno de Alfonso Rueda, a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia. Ambas candidaturas están de acordo no esencial e aspiran a traballar xuntas.
Entre as principais accións xurídicas previstas pola Plataforma Ulloa Viva atópase a impugnación de, canto menos, tres actos administrativos clave: a captación de augas, a Autorización Ambiental Integrada (AAI) e a declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).
En consecuencia, interporanse todos os recursos administrativos e xudiciais que procedan. Isto inclúe un recurso de alzada contra a AAI, así como recursos contencioso-administrativos e demandas xudiciais ante os tribunais competentes: o xulgado correspondente no caso da captación de augas, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza respecto á AAI e o PIE. Ademais, dentro destes procesos xudiciais solicitaranse medidas cautelares para paralizar as concesións, autorizacións e proxectos en cuestión, e elaboraranse informes periciais técnicos que respalden as impugnacións.
Así mesmo, se chegasen a concederse subvencións públicas, xa sexa mediante fondos de descarbonización ou como axudas directas vinculadas a proxectos de interese comunitario, tamén se recorrerán legalmente.
Por último, no caso de que o procedemento da AAI non prospere e os fondos recadados pola campaña legal non sexan necesarios, a Plataforma comprométese a abrir un proceso participativo entre os seus socios para decidir colectivamente a que iniciativas do territorio se destinarán ditos recursos.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!