ASalta
Antía Pousa: “Din que tes que confinarte por seguridade, pero para moitas a inseguridade está dentro do fogar”

Nun ano no que se criminalizaron máis que nunca as protestas feministas, falamos con Antía Pousa Pérez, activista que acompaña a mulleres vítimas de violencias, agora agravadas aínda máis pola pandemia.
Antía Pousa integrante da cooperativa Xeracción
Antía Pousa, integrante da cooperativa Xeracción Sara Garchi
9 mar 2021 19:22

Antía ten 38 anos, é piscis e naceu coa primavera. Quizais por iso lle gusta identificarse con cores fortes e alegres, como ela. “Sempre me vexo florecendo, incluso os momentos malos me valen para voltar florecer, sempre a mellor”. Como o toxo galego, é exemplo de resiliencia ante as violencias deste sistema capitalista e patriarcal, e tamén un referente no feminismo galego pola súa sororidade e compromiso coas mulleres, e cun movemento en continuo crecemento e transformación.

Atravesada polo cooperativismo, en 2017 montou Xeracción en Ourense xunto a varias compañeiras: unha cooperativa que baixo unha perspectiva feminista, pretende promover unha sociedade empoderada a través da participación cidadá. Non comparte o concepto actual da figura da traballadora social, por iso prefire identificarse como “facilitadora de procesos”, achegando unha perspectiva máis holística que leva a todos os planos da súa vida: como muller traballadora, nai e activista.

En que consiste o teu traballo en Xeracción? 
Traballo fundamentalmente con mulleres, con mulleres en xeral, porque cando se fala de mulleres en situación de vulnerabilidade, digo: bueno, e que muller non o está? Entre elas, traballo coas mulleres do módulo de Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e tamén acompañando a mulleres e crianzas que sufren violencias machistas, tratando de facilitar calquer momento nos espazos que poidan resultar hostís, como pode ser un xuízo, coa avogada ou o que faga falla.

“A covid foi a excusa para suspender comunicacións presenciais e “vis a vis”, medidas que empeoran a saúde das presas e das súas familias, e se están dando situacións complicadas”.

Como afectou a pandemia ás mulleres coas que traballas?
Penso que todas as crises fan que quebre a pata que xa de por si é máis vulnerable. As mulleres en prisión xa estaban en situación de hipervulnerabilidade porque o sistema penitenciario está deseñado por e para homes, os espazos destinados a mulleres reclusas son precarizados e inseguros, teñen unha menor oferta formativa que reduce as súas oportunidades de reinserción laboral. Ademáis o 80% das mulleres que entran na cadea son nais ás que separan das crianzas á idade de 3 anos. A covid foi a excusa para suspender comunicacións presenciais e “vis a vis”, medidas que empeoran a saúde das presas e das súas familias, e sei que se están dando situacións complicadas.

En cuestión da violencia machista durante a pandemia xa non digamos. Dinche que tes que confinarte na casa por seguridade. Pero é que para moitas, a inseguridade está dentro do fogar. E ante iso, que solucións poñemos? No caso de moitos servizos dirixidos a mulleres de Ourense, estiveron sen atender presencialmente durante meses. As chamadas son insuficientes porque as mulleres que sofren ou sufriron violencia machista viven un illamento social que xa de por si é un factor de risco; o que fai que seguramente volvan enganchar co seu agresor ou buscar un perfil semellante para non sentirse tan soas. Ademais, moitas veces as vítimas conviven co seu propio agresor e non teñen un espazo seguro onde falar. Cando teñen un acompañamento presencial, teñen un tempo e espazo para airearse, empoderarse e volver relacionarse, máis aló da propia sesión terapéutica. 

Doutra banda, nos servizos sociais, onde sabemos que a maioría de usuarias son mulleres que se están facendo cargo de todo o sustento familiar, estanlles dando cita para dentro de 5 o 6 meses… isto volta ser violencia institucional.

“Choro coas mulleres e demostro quen son eu tamén… esa é a miña forma de traballar”.

Como levas todas estas inxustizas a nivel máis persoal?
Eu sei que este traballo non o vou poder manter demasiado tempo porque non concibo esto que nos dicían na carreira de non implicarse. Choro coas mulleres e demostro quen son eu tamén, esa é a miña forma de traballar. Non sei si é boa ou mala, pero vou seguir facendo isto porque me permite chegar a elas non dende una posición xerarquizada profesional-usuaria, senón de persoa a persoa, empatizando de muller a muller, sabendo que esas violencias que lle atravesan a ela, a mín me están mancando e indignando. 

Cada vez que acompaño a unha muller a un xulgado, noto como deixo tempo da miña vida detrás desas paredes porque o nivel de indignación é ilimitado. Entón pódense dar dúas circunstancias: que eu inconscientemente acabe xenerando como un escudo, eu penso que non existe ou unha ferramenta de autodefensa para que non me manque tanto, e entón no momento que eu chegue a percibir iso téñome que apartar, porque non quero traballar baixo esas premisas. Ou, que eu siga con este nivel de sufrimento e entón teña que descansar. Por agora, teño a sorte de que si teño moitísima capacidade de depurar; vivo nunha aldea, co meu  fillo e cos meus  animais, rodeada dunha contorna de natureza marabillosa.


Antía Pousa 1
Antía Pousa nun momento da entrevista. Sara Garchi

Podo dar a idea de que son loitadora e guerreira, pero encántame mostrar que ser guerreira non é ser forte como se nada me afectase, ao contrario. Encántame sentirme super vulnerable. Amosar esa vulnerabilidade e saber que sempre hai alguén para arrouparme, entón non se perpetua esa angustia nunca, e creo que iso si que me fai forte, o saber que non teño que estar sempre en pé de guerra. 

Como viviches a organización deste 8M en Ourense e en que momento está agora o movemento feminista galego?
A realidade é que na Marcha Mundial de Mulleres en Ourense non somos moitas e temos vidas complicadas, chegamos ata onde chegamos. Aínda que cada ano se van sumando mulleres, para outras chega un momento que non sei si é por frustración, pérdese a implicación... porque estar a loitar contra corrente. É desgastante. E xa non é só a importancia dos autocoidados, senon tamén facer destes movementos algo que non sexa tan reducido. Se somos máis, temos a capacidade de non estar sempre no foco as mesmas. Se eu sei, que se eu non fago isto, queda sen facer, síntome na obriga moral de facelo, e entón voume a saturar antes. Si que señalaría que a implicación das persoas no movemento vai axudar a que se poida manter.

Penso que dende 2018 que se creou Galegas8M, a potencia aglutinadora que ten de confluír movementos feministas tan diversos e de ter uns mínimos a defender é brutal. É verdade que agora mesmo estanse dando unhas novas realidades que a Galiza tardaron tempo en chegar, e que agora esta aprobación da Lei Trans, puxo enriba da mesa. Está florecendo algo que aquí non existía. Na última asemblea que tivemos de Galegas8M en Ourense, unha muller que antes non participara, queríase posicionar en contra dunha posible Lei de Autodeterminación. A min resultoume marabilloso que houbera unaminidade en que xa non había debate: partíamos da base de que a vida das persoas non se debate. Soamente debater isto está faltando ao respeto as miñas compañeiras trans… Na miña opinión, eses movementos non se poderían autodenominar feministas. 

“A única opción de combater e afastar os discursos de odio fascistas e tránsfobos é creando espazos seguros para as mulleres, e que se poidan  ir ampliando”.

Como cres que se poden combater estes discursos de odio desde os feminismos?
Para min a única opción de combater e afastar os discursos de odio fascistas e tránsfobos é creando espazos seguros para as mulleres, e que se poidan ir ampliando. No feminismo, penso que a forma de ampliar a súa capacidade de acción sempre é que sexamos máis, pero máis porque veñan unirse. Por iso, actividades como os cafés feministas en Ourense tratan de xerar distintos espazos que poden ser máis de información, máis de compartir ou máis de lecer, e ir espallando o noso argumento para que as mulleres que participen nun ou noutro, se sintan cómodas e decidan sumarse. 

Eu sempre falo de sumar. Eu non diría: “eu quero eliminar estas persoas”. Se me centro no punto negro, estou deixando de ver todo o branco. Se do que trato é de ampliar a mirada e ver a inmensidade branca, probablemente nin repare nese puntiño negro que está ahí, e que probablemente non o poida limpar. Na vida, trato na de facer iso, nunca centrarme no negativo e en como quitar iso, senon tratar de ampliar o positivo.


Antía Pousa 2
Antía Pousa, creadora de Xeracción Sara Garchi
Como afectou a pandemia á construción destes espazos de seguridade?
Está sendo moi complexo e eu penso que esta é unha das grandes cuestións: que nin se nos facilita o poder crear ni manter, e é algo que aínda despois de que todo esto pase vai ser moi dificil de recuperar. Porque o que se está quebrando son xustamente os piares da sociedade como comunidade. Estannos criminalizando polo feito de manter estes espazos. 

E para min o concepto de saúde non é so dar negativo nunha PCR, e están quedando moitas polo camiño. Porque a nivel psicoemocional moitas están quedando moi tocadas, e a base social que temos como persoas non a estamos cubrindo e iso vai ter consecuencias a curto, medio e longo prazo… Nós tratamos de mantelo a través do virtual pero non todas as mulleres, por exemplo do rural, teñen a posibilidade. E ademais desta fenda virtual, poden ser invadidas máis facilmente ao estar todo mesturado no fogar, por exemplo as mulleres que comparten espazo co seu agresor.

En que se centrou o movemento feminista galego este ano?
Para o 8 de marzo, desde Galegas8M, xa o ano pasado, acordouse poñer o foco nos coidados, e este ano pensamos que non podía ser doutra maneira. Entón retomamos o lema do ano pasado “SEN COIDADOS NON HAI VIDA” seguido de: “Mulleres, precarizadas e fartas”. Está claro que este ano é diferente e tivemos que estar atentas. Por iso fixemos unha manifestación en columnas de mulleres que partiu da parte de atrás da Subdelegación, percorreu vías amplas mantendo as distancias, e rematou na entrada do CHUO de Ourense como punto simbólico para reivindicar os coidados e os sectores feminizados e precarizados.

Sabemos que, sempre, pero especialmente este ano, houbo mulleres que non puideron participar  presencialmente, ou porque tiñan que estar ao coidado dalgunha persoa, ou porque eran persoas de risco e tiñan medo de estar na rúa en contacto con máis xente. Entón si que se pretendía poder visibilizar, mesmo desde as casas sacando a túa roupa de traballo ou mandil ao balcón, dicindo “non estou aí pero estou”. E de feito, gran parte do manifesto apelou a estas mulleres que non estiveron aí polo que sexa.

Por que cres que se deu a criminalización das protestas feministas este 8 de marzo?
Deberíamos reflexionar sobre isto, e o certo é que en aras da seguridade, ao longo da historia tentóusenos limitar coa manipulación e o medo. Facendo unha análise real, nun espazo aberto, ao aire libre, con distancia de seguridade e con máscaras, o risco, por suposto non existe a palabra nulo neste caso, pero é mínimo. Cando ademais nos momentos máis crueis, recentemente nesta terceira onda, as crianzas estiveron a ir á escola, estando 25 crianzas en aulas pechadas. Xa non digamos en comedores escolares, ou transportes públicos. No metro por exemplo, como vimos noutras cidades, que van e veñen hacinadas ao traballo.

Temos que ser un pouco conscientes de que o discurso da seguridade non dá para que nos fagan sentir irresponsables polo feito de chamar á mobilización. E isto ten moito máis que ver con que o sistema se ve cuestionado polo feminismo. Non polo feminismo das institución que simplemente consta de palabras, de actos e celebracións. Se non o feminismo que reivindica, que esixe, que quere mudalo todo, que quere transformalo todo para habitar un mundo máis xusto, máis igualitario e máis lindo de vivir. Ten moito máis que ver con iso que coa seguridade. 

“Máis do 41,5% das mulleres asalariadas en Galiza cobraban un salario inferior ao SMI no 2019”.

E por que o movemento feminista debería seguir saíndo ás rúas?
Desde a Marcha Mundial das Mulleres estamos a sacar unha campaña agora mesmo na que todos os días sae unha publicación con porcentaxes absolutamente espeluznantes. A de hoxe fala de que máis do 41,5% das mulleres asalariadas en Galiza cobraban un salario inferior ao SMI no 2019. No 2020, o 77% do emprego destruído foi feminino. Cando ademais sabemos que moitas veces son as mulleres sobre as que recae toda a carga económica do sustento familiar.

Explicar, xa antes da pandemia, porque as mulleres saímos ás rúas, debería ser innecesario… pero xa despois da pandemia, e de ver como os sectores que sustentaron a vida durante a pandemia eran sectores feminizados, e polotanto precarizados, en condicións laborais, en salario, en valor social... e a marxe de todos eses traballos asalariados, todas esas cargas e sobrecargas que as mulleres tivemos que soster por enriba das que xa tiñamos, con razón da pandemia. 

Sobran os motivos para seguir saíndo ás rúas. Non reclamo a ninguén que non considere acertado saír á rúa, nin antes nin despois da pandemia, non estamos aquí para cuestionarnos. Pero si para esixir respecto ás que si que saímos. Non manipular ou pervertir un dereito fundamental como o dereito á manifestación, tratando de facernos culpables de ser irresponsables, cando xustamente levamos moitos anos reivindicando o contrario: coidarnos.

ASalta
Construír un xornalismo no que collamos todas
ASalta pretende ser un espazo de traballo seguro, no que as mulleres que creamos contido poidamos debatir, aprender e apoiarnos mutuamente.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

ASalta
Fotogalería 11 mulleres, 11 historias
Mulleres diferentes contan en primeira persoa por que o feminismo é importante todos os días do ano.
ASalta
“Coñecer o ciclo é importante para ser máis comprensivas”
A menstruación continúa a ser un tabú e, en moitos países, afecta de xeito grave a que as nenas poidan acceder a unha educación de calidade.
Opinión
Opinión Non sempre ter moitas luces é sinónimo de intelixencia
Que impacto ecolóxico e social produce a iluminación do Nadal de Vigo? A cidade sofre máis aló da masificación, o caos de tráfico, as molestias á veciñanza, o malgasto ou os recortes en orzamentos de emerxencia social.
Ocupación israelí
Ocupación israelí El Congreso de EE UU vota la “ley más peligrosa para las libertades” desde la Patriot Act
En Gaza, Cisjordania y Líbano, nuevos ataques israelíes dejan más de un centenar de muertos. En Washington, el Congreso vota una ley que permite quitar fondos a ONG, universidades y colectivos sin pruebas ni un proceso transparente.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
Unión Europea
Unión Europea La ultraderecha europea, ante la victoria de Trump
El triunfo de Donald Trump da alas a todas las formaciones ultraderechistas de Europa y del resto del mundo, que han visto cómo el millonario republicano ha conseguido volver a ganar las elecciones sin moderar un ápice su discurso.
Más noticias
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Pontevedra
Ecoloxismo Unha investigación revela alta contaminación por nitratos en augas superficiais da comarca do Deza
Os resultados da análise de Ecoloxistas en Acción, con máis de 80 puntos de mostraxe, reflicten concentracións xeneralizadas e moi altas de NO3. Só o 19% das augas superficiais analizadas están “fóra de toda sospeita”.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el CAED de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el Estado español.
Comunidad de Madrid
Violencias machistas Huelga en la red de atención a la violencia de género de la Comunidad y Ayuntamiento de Madrid el próximo 25N
Las trabajadoras de ambas redes se unen para reivindicar mejoras laborales y de atención a las mujeres víctimas en un paro de 24 horas. “Te sientes impotentes porque no puedes ayudar como deberías”, explican.

Recomendadas

Galego
Dereitos lingüísticos Miles de persoas desbordan a praza da Quintana para mudar o rumbo da lingua galega
A Plataforma Queremos Galego, que convocou esta mobilización, sinala unha nova data para outro acto protesta: o vindeiro 23 de febreiro na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
València
Exclusiva El Gobierno de València contrata 12,9 millones en obras de la dana a una constructora investigada por pagos al cuñado de Barberá
La Generalitat Valenciana ha hecho el encargo a Ocide, una empresa cuya matriz está siendo investigada en el caso Azud por pagos “de naturaleza ilícita” al abogado José María Corbín a cambio de contratos adjudicados por el Ayuntamiento de València.